Este xoves decidiremos a nosa formula para presentarnos ás eleccións municipais.
A Comisión Executiva de Somos Ribadumia ven de convocar unha xuntanza extraordinaria para este próximo xoves 13 de setembro, no centro social de Barrantes a partir das 20:30 horas.
Os obxectivos desta xuntanza son, por un lado, definir o xeito no que a plataforma se presentará ás próximas eleccións municipais, ben en solitario ben reunidos con outras forzas, en cuxo caso haberá que definir de que xeito e en que condicións.
Por outra banda, tamén se definirá a formula para a escolla de candidato ou candidata, e se darán os primeiros pasos para ir traballando o proxecto político co que presentarse as eleccións, así como outras cuestión de cara a organización da campaña electoral.
Este encontro, como todos os demais será aberto á cidadanía, á que convidamos a participar nun proceso que nos levará a presentar, un proxecto de futuro para Ribadumia baseado na necesidades da nosa veciñanza e na experiencia de goberno.