O orzamento certifica a traizón de David Castro a Somos Ribadumia e a Asociación pro-escola de música.

  • O orzamento levaba bloqueado dende xaneiro debido á negativa de David Castro e de IR de aceptar incluír as propostas de Somos Ribadumia.
  • De 11 propostas solamente 1 entrou finalmente no orzamento, e por obrigacións contables, non por vontade política.
  • Somos Ribadumia reducimos a proposta a que solo se aumentaran as partidas para entidades sociais, culturais deportivas, un total de 13.000€, pero IR negouse en redondo.
  • A escola de música municipal foi ninguneada e desprezada durante o pleno.

Durante a celebración do pasado pleno asistimos a un espectáculo político lamentable, protagonizado pola agrupación que ostenta o goberno.

No debate orzamentario, realizado con oito meses de retraso, logo de que David Castro decidira retiralo da orde do día do pleno do 31 de xaneiro por negarse a aceptar as nosas propostas, vivimos un momento que Enrique Oubiña definiu como “un Deja vu que me levou de volta aos peores momentos con Salomé Peña na alcaldía, cando impoñia os seus orzamentos, e de nada valia argumentar as nosas propostas  ou mesmo que  nos derá a razón”.

  A cuestión ven arrastrada dende que IR logo de propoñer a través dun escrito pragado de erros matemáticos, como condición para incluír as partidas que dende Somos Ribadumia solicitabamos, que aceptaramos eliminar do orzamentos os custes políticos, incluídas as liberacións, e que llo aceptaramos – advertindo do demagóxica e ridículo que resultaba a esas alturas da lexislatura- se negou en redondo a levar os orzamentos a pleno, deixándoos colgados á espera das eleccións, provocando con iso, entre outras cousas,  que as entidades sociais, culturais e deportivas estiveran ata este mes sen saber que axuda municipal ían percibir. Achegamos documentos:

  • proposta inicial de SR, (28 de xaneiro):

captura proposta SR orzamento

 

  • contraproposta de IR (asinada o 29 de xaneiro, pero entregada a SR o 14 de febreiro):

captura resposta IR

Captura proposta IR c

 

  • proposta final de Somos Ribadumia (rebaixando a inicial e aceptando a proposta de IR, anque era un desproposito político):

Captura propsota final SR

Captura proposta fina SR 1.png

 

Esta maneira de actuar certifica a traizón de David Castro, que non tiña tantos reparos cando nos precisaba para poder ser alcalde.

   No debate o noso concelleiro, dando mostras da lealdade política que David Castro non ten, reduciu a nosa proposta, deixando de lado a maioría das cuestión en favor do proposto por IR, pedindo unicamente que se subiran as axudas a entidades culturais sociais e deportivas, en total 8.000€, debido a que nos últimos anos o número de entidades aumentou, especialmente as sociais. Ademais, Oubiña explicou “ hai 10 anos en Ribadumia non había unha sola muller xogando ao fútbol. Hoxe en día a situación é a oposta e mesmo temos un equipo en liga Nacional, e o deporte feminino esta moi asentado no concello en todos os clubs deportivos, un cambio moi positivo que supón un gran avance para a nosa sociedade e as axudas municipais tamén o teñen que reflectir, porque ese avance leva parellos uns enormes custes económicos para os clubs deportivos”.

   Por outra banda tamén mantivemos a proposta de mellorar a partida para a escola de música en 5.000€, co obxectivo de dar acollida á necesaria modificación do convenio coa escola de música. Tal como explicou Oubiña “temos un acordo unánime para modificar ese convenio dende xuño do 2018, e nin a concelleira responsable naquel momento, nin David Castro moveron un dedo. Nos si que o fixemos, e no rexistro do concello consta unha proposta coordinada coa Asociación pro-escola de música, razoable e razoada, que solo precisa pasar polo pleno para a aprobación. Pero David Castro non quere modificar ese convenio. O que David Castro quere é matar a escola de música.

   Dáse a circunstancia de que no orzamento aparece unha partida que non se vai empregar debido a que o arquitecto contratado na pasada lexislatura para axudar a actualizar o departamento técnico xa non está, polo que era posible, ata o momento da votación no pleno,  orzamentariamente modificar o documento é que estes 13.000€ foran movidos para as partidas propostas. David Castro negouse en redondo e aprobou o orzamento en solitario, solo cos votos favorables do seu equipo.

   Para Oubiña “ completamos o retorno aos tempos do PP: non se conta coa oposición para a redacción do documento máis importante do ano, e unha vez máis os argumentos do goberno son escusas de mal pagador. Pero o peor de todo, algo que nin Salomé facía con tanto descaro, é o desprezo manifesto cara entidades como a escola de música, que tamén o é cara a democracia e cara os acordos plenarios. Gracias a unha maioría absoluta volvemos estar nunha ditadura municipal. “

 

Comunicado referente á creación e funcionamento do grupo mixto no pleno municipal de Ribadumia

Á vista do comunicado emitido pola agrupación Socialista de Ribadumia, dende Somos Ribadumia vémonos na obriga de realizar unha serie de aclaracións:

  • Nin Enrique Oubiña nin Somos Ribadumia bloquearon ningunha moción do PSOE. Limitámonos a solicitar á secretaría municipal información sobre como debe funcionar o grupo mixto no pleno municipal, tal como se mostra no documento adxunto.Sin título
  • O PSOE puido, ante a dúbida, presentar a moción como grupo mixto – que é o grupo do que gracias a eles e ao PP formamos parte no pleno municipal – pois dende Somos Ribadumia non temos nada en contra nin pretendemos bloquear nada, menos en temas importantes como o funcionamento da Sanidade pública, pero Pepe Lede considerou que se no encabezado do documento non poñía PSOE, non tiña validez, polo que cabe preguntarse se o que está acontecendo realmente é que o grupo socialista quere capitalizar unha loita que é de todos e todas as ribadumienses.
  • Foi o PSOE quen no pleno celebrado do pasado xullo, onde se debateu a conformación dos grupos municipais, se aliñou co PP insistindo en que había que conformar o grupo mixto, unha cuestión que Enrique Oubiña propoñía adiar debido a que non está claro, de feito existen informes contraditorios, que sexa obrigatorio formar grupos municipais mixtos. Neste sentido non entendemos que o PSOE logo de apoiar a creación do grupo mixto non queira adaptarse á situación resultante.
  • Poñer en dúbida a posición de Somos Ribadumia con respecto á cuestión da Sanidade pública, tendo en conta que participamos en todas as mobilizacións e campañas na súa defensa, dentro e fora do concello, e que mesmo temos realizado campañas propias no concello, así como levar a defensa do centro de saúde ao Parlamento a través de En Marea, resulta ridículo e pouco respectuoso coa verdade. Neste sentido debemos añadir que as declaracións de Pepe Lede referíndose a que o noso voceiro “non tivera ganas de estar xunto cos veciños diante do centro de saúde reclamando os nosos dereitos” nos parecen bastante inapropiadas, dado que o concelleiro socialista coñece as obrigas laborais de Enrique Oubiña e tamén sabe que había membros de Somos Ribadumia na manifestación, inda que non levaran pegatina de partido, nin fixeran por destacar entre o público

 

  • Somos Ribadumia presentou en xullo do 2018 unha moción similar á que neste verán presentou o Psoe. Dita moción estivo bloqueada por IR, que se negaba a pedir dimisións, e polo propio PSOE, ata o pasado mes de xaneiro. Polo que o PSOE debería medir as súas verbas antes de falar de bloqueos.

   Polo que respecta ao grupo mixto, dende Somos Ribadumia defendemos que os partidos que sacan representación logo dos procesos electorais, aínda que sexa dun único concelleirx, teñan plena  representación na mesa do pleno municipal, e non estean subordinados a un grupo mixto, onde ademais de diluírse as siglas identificativas dos diferentes partidos, poden coincidir representantes de forzas políticas de idearios opostos coas complicacións que iso conleva para o correcto desenvolvemento da labor política. Non temos clara a obrigatoriedade da creación do grupo mixto, por ese motivo solicitamos revisar os informes existentes, nin temos claro cal debe ser o seu funcionamento, motivo polo cal solicitamos da secretaría municipal un informe xurídico que nos aclare a situación.

   Por último,  Somos Ribadumia temos moi claro que o noso inimigo político non é o PSOE, máis ben todo o contrario, e de feito mantemos con esa formación unha máis que correcta relación e as nosas portas están abertas para colaborar nos obxectivos políticos comúns. De feito, sabemos que os nosos camiños van parellos e pola nosa parte levamos anos realizando  intentos de artellar formulas de traballo conxunto, chegando a propor nos últimos procesos electorais municipais a coalición de ambas forzas.

   E por ese motivo, feitas estas aclaracións damos por pechada a cuestión en espera do que ditaminen os informes pertinentes.

 

Denunciamos a mala imaxe das fontes, lavadoiros e outros bens patrimoniais do concello.

 “Ribadumia non solo é a ruta da pedra e da auga”. Por ese motivo en días pasados  dende Somos Ribadumia percorremos o noso concello comprobando o estado dos diferentes bens patrimoniais que temos repartidos por todas as parroquias. E encontrámonos un panorama moi desigual.

   Hai que resaltar que dentro dos limites do noso concello encóntranse do redor dun cento de fontes, lavadoiros, muíños, e outros bens cun importante valor etnográfico e patrimonial, moitos dos cales ademais seguen a ser usados hoxe en día, en particular as fontes.

IMG_20190809_173318    O estado de mantemento no que encontramos todos estes bens foi moi dispar. Así como os que se localizan preto de zonas de moito transito ou dos lugares onde no verán teñen lugar as verbenas das diferentes parroquias, se encontran algo mellor coidadas,  en canto nos aloxamos un chisco e transitamos polo rural do concello,  topámonos con fontes, lavadoiros e muíños totalmente desatendidos, coa herba tapándoo todo.

IMG_20190809_174746   Esta situación, súmase á denunciada días atrás de falta de mantemento nas zonas máis turísticas, e non deixa de ser a confirmación do dito con anterioridade: co cambio de goberno e a falta de Somos Ribadumia e de Enrique Oubiña na xestión municipal,  deixou de haber organización e mando nas cuadrillas de traballo.

   Para Enrique Oubiña “tendo en conta os importantes investimentos feitos no mandato anterior en maquinaria e medios que sumaron máis de 100.000€, e o mais de 50.000€ dedicados a recuperación de varios lavadoiros e fontes, non é admisible que o noso concello teña esta imaxe de desatención, nin que os veciños das parroquias teñan que abrirse paso polo medio dunha silveira para poder coller auga dunha fonte mentres no centro de Barrantes temos dous barrendeiros por cada cabicha.”

   Onte pola mañá presentamos un escrito no Concello solicitando que se remedie esta situación canto antes. Unha situación que para Enrique Oubiña “é un paso mais nesa volta circular que o goberno parece estar dando cara os tempos do PP,  aos que o noso alcalde parece terlle morriña, cando solo se limpaban os espazos públicos os días de festa ou cando había eleccións.”

 

Somos Ribadumia leva a situación do centro de saúde ao Parlamento a través de En Marea. 

Este pasado mércores Paula Verao presentou no Parlamento Galego unha batería de preguntas e unha proposición non de lei en referencia á desastrosa e inadmisible situación do centro de saúde de Ribadumia, que quedou limitado a unha única facultativa, situación repetida a de anos anteriores  o agravante de que desta vez a facultativa que colleu vacacións xa non se vai incorporar ao causar baixa por xubilación.

IMG-20170706-WA0004

Paula Verao visitou varias veces Ribadumia para interesarse por diferentes problemas, levando ao Parlamento cuestións como o retraso na consecución dos graos de discapacidade ou os problemas do centro de saúde.

Con estas medidas, posibles gracias ao grupo de Luís Villares, buscamos o obxectivo de que esta situación se debata no Parlamento e forzar ao PP a tomar medidas que corrixán a situación.

Dende Somos Ribadumia estamos á espera de que nos reciba a xerencia do EOXI, que parece ter máis preferencia polos responsables do Partido Popular que polos de outras forzas políticas, pero mentres tanto imos a seguir traballando a través de todas as vías para lograr que o noso concello teña o servizo de atención sanitaria que merece, pois, tal e como apuntaba esta maña Enrique Oubiña, ” nos, a diferencia de David Castro e dos de Independientes por Ribadumia, non nos imos agachar detrás da escusa da falta de competencias, e imos a plantar cara politicamente, con máis razón vendo que quen goberna solo se move, e con cautela, cando ve un deputado no horizonte co que facerse unha foto”.

Aproveitamos para insistir en animar a toda a veciñanza a participar en todas as iniciativas que se tomen na defensa dos seus dereitos, e neste caso tamén na importancia de presentar reclamacións escritas no centro de saúde, para que as problemáticas existentes consten correctamente.