Somos Ribadumia e a agrupación local PSdeG-PSOE reunímonos coa presidenta da Mancomunidade do Salnés.

  •  Tratáronse varias cuestións , dende temas relacionados co saneamento, ata cuestións medioambientais e de loita contra a violencia de xénero.

wp-1583571320828.jpg  Na tarde deste pasado xoves o voceiro de Somos Ribadumia e o secretario xeral da agrupación local do PSdeG mantiveron unha xuntanza coa presidenta da mancomunidade, Marta Giráldez.

   Unha xuntanza que Enrique Oubiña e Javier Mougan consideraron “do máis interesante”, na que tiveron oportunidade de plantexar diversas cuestións que a presidenta comprometeu que ao longo do mandato se irán analizando para buscar solucións que poidan aplicarse de xeito mancomunado, dende diversas problemáticas de carácter medioambiental ou de servizos como o saneamento ou a auga, ata cuestións como a loita contra o paro ou a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

  Ademais das cuestións propias da mancomunidade, ao ser Meis un concello veciño de Ribadumia, con moito espazo compartido, ou atractivos turísticos como a ruta da pedra e da auga que transcorre por ambos concellos, puxeronse enriba da mesa impresións e ideas sobre as que ir traballando no futuro.

   Dende ambas formacións agradecemos á presidenta a súa boa vontade de diálogo e interese por darlle un impulso a Mancomunidade do Salnés, un ente que cada día é máis necesario e dende o que se poden poñer en marcha medidas e proxectos interesantes para o noso concello.

Comisión Executiva de Somos Ribadumia.
Agrupación local do PSdeG de Ribadumia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s