Levamos ante a Valedora do Pobo o bloqueo á información ao que nos somete David Castro.

  • Dende o inicio de lexislatura presentáronse 13 escritos pedindo información diversa, e ningún deles recibiu resposta.
  • O bloqueo de IR á información municipal é unha situación inadmisible en democracia.
  • Pedimos amparo á Valedora do Pobo, e non desbotamos outras medidas legais.

 “A David Castro coller as vellas costumes da dereita levóulle media hora, o tempo que durou o pleno de investidura”. Así se refería esta mañá Enrique Oubiña á situación que vivimos no concello dende o inicio de lexislatura, co acceso á información municipal completamente bloqueado dende alcaldía.

  IMG_20200228_124221Somos Ribadumia temos como principio ético o correcto funcionamento político  e o respecto polas demais forzas. Uns aspectos nos que xa na lexislatura pasada demos exemplo, como poden corroborar dende o PP, cuxo único muro informativo que encontraron foi o de IR, pois pola nosa banda Enrique Oubiña non lles negou nunca nin acceso a información nin os datos que Salomé Peña lle requiría, chegando a abrirlle a porta él mesmo dunha instalación municipal para que puidera comprobar en persoa o estado dunhas obras, ou a acompañala na consulta de diversa documentación e resolver calquera dúbida.

A situación actual do noso concello nada ten que ver con aquela imaxe de transparencia, democracia, respecto  e de sentido da ética política. E un exemplo claro está na política de comunicación do goberno co resto de forzas, ou cando menos con Somos Ribadumia.  Dende o inicio de lexislatura  ata o día de hoxe  presentamos 13 escritos  pedindo o acceso ou que se nos trasladara diferente información. En todos os casos fálase de información de carácter público. Pois ben “o goberno local exerce un bloqueo informativo completo, ao non contestar a nin un solo dos escritos que lle presentamos, impedíndonos o acceso á información municipal. Algo extremadamente grave en democracia, e que pode ter consecuencias legais”.

    A lei protexe o dereito á información dos grupos políticos, pois para poder desenvolver o noso traballo correctamente, temos que ter acceso a toda a información sobre como se está desenvolvendo o goberno local. Ademais a transparencia no goberno, máis aló do legalmente establecido,  é unha esixencia da propia cidadanía, que dende o 15M mudou a súa  visión da política e non acepta eses comportamentos oscurantistas.

   Ante esta situación, logo de ter paciencia e agardar moito máis do legalmente establecido, non nos queda máis remedio que optar por outras medidas. A  primeira delas, e agardamos que sexa a última, acudir á Valedora do Pobo, e pedir o seu amparo ante esta situación. En concreto pedindo que interceda para que se nos facilite a información que solicitamos en 9 dos 13 escritos municipais (aqui)  que levamos presentados, os que xa excederon os prazos legais de resposta. Pero, tal como explica Oubiña, “ a paciencia ten os seus límites. De aquí en adiante non deixaremos pasar un só día do prazo legal para obter a información que requiramos,  e se temos que buscar outros camiños non o imos dubidar un segundo”.

   Parécenos evidente que IR non quere que teñamos acceso a determinada información, porque non queren que a veciñanza se entere de certas cuestións, como por exemplo quen veu ao xantar do tinto  por conta do concello, xestións discutibles ou a realidade do seu  inmobilismo ante determinadas situacións, como os problemas co centro de saúde. Pero para Oubiña “David Castro ten que asumir que hoxe en día certos comportamentos non son admisibles, incluidas estas faltas de respecto institucional reiteradas, e por moito que teña maioría absoluta. Debe gobernar como considere, pero non de costas  á cidadanía nin ao resto de forzas políticas, que temos unha función que cumprir ”.

   En calquera caso, dende Somos  Ribadumia debemos lamentar este tipo de comportamentos e facemos un chamamento a David Castro para que recupere o sentido común e deixe de poñernos paus nas rodas no noso traballo. Chegaremos todos máis lonxe dende a colaboración mutua, e será moito máis positivo para o noso concello.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s