Lamentamos e condenamos os ataques á vida persoal do noso voceiro por parte de Independientes por Ribadumia

  • Os ataques á vida persoal de Enrique Oubiña parécenos totalmente fóra de lugar nunha formación política.
  • Pedimos unha rectificación pública, e medidas contra a persoa responsable das redes sociais de IR.

A pasada fin de semana varios medios de prensa recollían un artigo de opinión do noso voceiro Enrique Oubiña, tamén publicado na súa web persoal, onde opinaba sobre que as accións políticas por parte do goberno de David Castro parecen indicar que o alcalde e a súa formación teñen máis interese en que Ribadumia baixe dos 5.000 habitantes que non no contrario.

  A resposta do Independientes por Ribadumia chegou na noite deste domingo a través das súas redes sociais, en concreto da súa páxina de Facebook, cunha publicación onde se abandona por completo o argumentario político para pasar ao ataque de carácter persoal, algo que consideramos totalmente inaceptable.

  Para Fernando Ruiz, secretario da nosa formación “usar as redes dunha forza política, neste caso IR, para facer valoracións sobre s vida privada doutra persoas, sexa o noso voceiro ou outra calquera, demostra unha falta de educación e de respecto cara as persoas que non podemos permitir nin aceptar”. 

   Por ese motivo, dende a Comisión Executiva de Somos Ribadumia queremos “ facer un chamamento a David Castro para que rectifique publicamente as declaracións feitas polo seu partido – que á vista do seu silencio debemos considerar que él comparte – e que tome medidas para que se súa formación deixe de lado está liña de descalificacións e volva á senda do debate das propostas políticas, onde sabemos que podemos ter diferencias , pero tamén que podemos chegar a acordos”.

   Pola nosa banda temos claro que non imos entrar no xogo do ataque persoal, e inda menos da grosería e da falta de respecto, e imos a seguir traballando para, a través do noso traballo politico, facer de Ribadumia un lugar mellor.

wp-1582713092480.png

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s