Category: Sen clasificar
ENRIQUE OUBIÑA RECLAMA UN DEBATE PUBLICO DE TODAS AS CANDIDATURAS PARA CONTRASTAR OS DIFERENTES PROXECTOS
SOMOS RIBADUMIA, organiza actos en diferentes parroquias para presentar o programa electoral e a candidatura.
Un dos principios fundamentais que inspiran a SOMOS RIBADUMIA e a necesidade de impulsar a participación dos veciños e veciñas na política activamente e para iso é fundamental que se coñezan todas as opcións que se presentan, que obxectivos e propostas perseguen e a quen representan.

En días pasados unha canle de tv privada emitiu un debate pre-electoral moi descafeinado, a onde NON foron convidadas todas as forzas que se presentan as próximas eleccións, se non solo unha parte delas, polo que os veciños que ollaron o programa non puideron ter unha visión contrastada de todos os distintos proxectos que se plantexan para Ribadumia.
En SOMOS RIBADUMIA creemos na PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA e por iso nos presentamos con esas siglas. Somos unha candidatura cidadán, construída unicamente pensando en Ribadumia. Realizamos un traballo previo moi intenso para elaborar o noso Programa electoral e código ético, e por iso queremos dalo a coñecer, e non temos ningún medo en contrastalo coas demais opcións que se presentan ás próximas eleccións municipais; por iso RECLAMAMOS A CELEBRACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO DE TODAS AS CANDIDATURAS. Non poñemos ningunha condición previa, aceptamos o lugar, día e hora que as demais queiran e co formato que se queira, nos o que reclamamos e que se cumpra o dereito dos veciños a coñecer todas as propostas.
O que si queremos deixar claro e que por respecto a democracia e pluralidade NUNCA ACUDIREMOS A ACTOS OU DEBATES ONDE NON ESTEAN CONVIDADOS TODAS AS CANDIDATURAS. En SOMOS RIBADUMIA creemos profundamente na democracia e no respecto a pluralidade política, e o “que non queremos para a nosa candidatura non o aceptamos para as demais”; de ahí que non aceptaremos vetos ou exclusións “interesadas” por parte de medios de comunicación ou outras organizacións políticas que se din moi abertas e democráticas pero logo aceptan regras de xogo onde se exclúe tacitamente a outras partes.
ACTOS DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA NAS PARROQUIAS.
Dentro desta iniciativa para dar a coñecer o noso programa electoral, o candidato de SOMOS RIBADUMIA a alcaldía, Enrique Oubiña ten convocado actos públicos en diferentes lugares do Concello co obxectivo de presentar tanto o Programa electoral como a candidatura.
Os actos están convocados nos seguintes lugares e datas
- CASA DA CULTURA DA PIOLLA:
- Xoves, 23 de Abril as 20.30 H .
- LOCAL PÚBLICO ANEXO AO PREESCOLAR DE SISÁN:
- Martes, 28 de Abril as 30 H .
- CASA DA CULTURA DE LOIS:
- Xoves, 30 de Abril as 20.30 H.
- CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA:
- Luns, 4 de maio, as 20.30 Horas.
Aprobada a nosa lista electoral.
Na xuntanza levada a cabo o pasado xoves, entre outros temas debatemos cos nosos veciños e veciñas unha proposta de persoas para conformar a lista electoral . Ó remate dese debate, aprobouse por unanimidade a lista cás dezasete persoas que van representar a plataforma Somos Ribadumia e o seu programa electoral, primeiro na loita por gañar a alcaldía e despois, ben sexa dende o goberno, ou ben dende a oposición, no traballo municipal diario.
Esta lista, onde a media de idade anda nos 30 anos, está conformada por persoas de diferentes condicións, e ten a característica de que moitas desas persoas estaban ata o de agora fora da actividade política, o que lle da un aire fresco en canto ás ideas e ás maneiras de levar a cabo o traballo político, algo que sen dúbida moita xente está agardando. Pero o que mais une a todos estes homes e mulleres e a firme idea de que chegou o momento de provocar un cambio no xeito en que este concello está gobernado, e de que xa é hora de deixar de apoiar a intereses particulares e partidistas e de preocuparse, non con promesas vacias se non con medidas concretas, por axudar a solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.
En resumo, podese dicir que a lista electoral de Somos Ribadumia é unha lista consensuada cos veciños e veciñas, sen inxerencias nin imposicións de ninguen, que une a persoas de diferentes ámbitos da vida, algunhas con experiencia política, e outras moitas sen ela, pero uns e outras con ganas de cambiar as cousas.
Cabe recordar ademais, que os homes e mulleres que conforman esta lista asumen o compromiso de cumprir o código ético aprobado recentemente, un compromiso claramente diferenciador de outros partidos, mais ambiguos en canto os comportamentos dos seus concelleiros e concelleiras.
A lista completa é a seguinte:
1.- José Enrique Oubiña Lago.
2.- Fernando Ruiz Padín.
3.- María Eva Peña Lorenzo.
4.- Ramón Nuñez Castro.
5.- Ana Belén Torres Alonso.
6.- José Luis Abal Casas.
7.- Hector Muñiz Alba.
8.- Jennifer Ruiz Padín.
9.- María Lucia Noya Dominguez.
10.- Ana Agustí Lopez.
11.- Agustín Martinez Vieites.
12.- Rebeca Padín Garcia.
13.- Ramón Mouriño Alfonso.
14.- José Manuel Serén Garcia.
15.- Marta Rey Gomez.
16.- Ricardo Fontán Deza.
17.- María Teresa Padín Pazos.
Aprobado o programa electoral.
Na última xuntanza de Somos Ribadumia, debatemos e aprobamos o noso programa electoral. O obxectivo dese programa é poñer enriba da mesa propostas que axuden a solucionar os problemas que afectan ós nosos veciños e veciñas. Tratase pois dun documento, xa definitivo e o que podedes acceder picando aquí , con trinta e sete propostas centradas en solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Ribadumia, poñendo moito enfase na loita contra o paro e na defensa da dignidade das persoas.
Cabe destacar que todas as propostas son realizables e realistas, pois cada cada unha delas foi estudada e evaluada logo dunha analise previa da situación económica e social do concello, que nos garantira que estabamos aprobando unicamente medidas necesarias e viables. Non acharedes así pois neste documento medidas electoralistas nin que atendan a intereses partidistas ou personalistas, somentes medidas en defensa dos intereses da maioria social de Ribadumia.
Hai que recordar ademais, que as persoas que formen parte da lista de Somos Ribadumia, asumirán un código ético que lles obriga a levar a cabo todo o recollido no noso programa electoral.
Aprobado o código ético
O pasado domingo, mentres o presidente da deputación presumía dunha pousada que todos sabemos que solo vai traer gastos para as xentes de Ribadumia, en Barrantes un numeroso grupo de veciños e veciñas tomaba decisións importantes para o futuro do noso concello. Unha desas decisións foi a aprobación dun código ético ó que podedes acceder picando aqui.
¿E por qué un código ético?
Pois por qué xa está ben de ter concelleiros que solo están para cobrar pola asistencia a plenos. Xa esta ben de concelleiros que se limitan a levantar a man cando lle mandan sen preocuparse se votan por cousas correctas ou non. Por que xa esta ben de concelleiros que solo pensan en enriquecerse e beneficiar ás empresas dos amigos e familiares, usando a súa posición e os cartos que son de todos. Por que xa está ben de concelleiros que non se preocupan polos seus veciños mais que para irlles pedir o voto cada catro anos.
E por qué tampouco nos valía solo con dicir isto, xa que as palabras lévaas o vento, decidimos poñelo por escrito, e someter as persoas que vaian na lista de Somos Ribadumia unhas condicións mínimas de actuación e de transparencia que son esixentes, pero imprescindibles se queremos mudar o xeito de levar este concello.

