Aprobado o programa electoral.
Na última xuntanza de Somos Ribadumia, debatemos e aprobamos o noso programa electoral. O obxectivo dese programa é poñer enriba da mesa propostas que axuden a solucionar os problemas que afectan ós nosos veciños e veciñas. Tratase pois dun documento, xa definitivo e o que podedes acceder picando aquí , con trinta e sete propostas centradas en solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Ribadumia, poñendo moito enfase na loita contra o paro e na defensa da dignidade das persoas.
Cabe destacar que todas as propostas son realizables e realistas, pois cada cada unha delas foi estudada e evaluada logo dunha analise previa da situación económica e social do concello, que nos garantira que estabamos aprobando unicamente medidas necesarias e viables. Non acharedes así pois neste documento medidas electoralistas nin que atendan a intereses partidistas ou personalistas, somentes medidas en defensa dos intereses da maioria social de Ribadumia.
Hai que recordar ademais, que as persoas que formen parte da lista de Somos Ribadumia, asumirán un código ético que lles obriga a levar a cabo todo o recollido no noso programa electoral.