Aprobada a nosa lista electoral.
Na xuntanza levada a cabo o pasado xoves, entre outros temas debatemos cos nosos veciños e veciñas unha proposta de persoas para conformar a lista electoral . Ó remate dese debate, aprobouse por unanimidade a lista cás dezasete persoas que van representar a plataforma Somos Ribadumia e o seu programa electoral, primeiro na loita por gañar a alcaldía e despois, ben sexa dende o goberno, ou ben dende a oposición, no traballo municipal diario.
Esta lista, onde a media de idade anda nos 30 anos, está conformada por persoas de diferentes condicións, e ten a característica de que moitas desas persoas estaban ata o de agora fora da actividade política, o que lle da un aire fresco en canto ás ideas e ás maneiras de levar a cabo o traballo político, algo que sen dúbida moita xente está agardando. Pero o que mais une a todos estes homes e mulleres e a firme idea de que chegou o momento de provocar un cambio no xeito en que este concello está gobernado, e de que xa é hora de deixar de apoiar a intereses particulares e partidistas e de preocuparse, non con promesas vacias se non con medidas concretas, por axudar a solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.
En resumo, podese dicir que a lista electoral de Somos Ribadumia é unha lista consensuada cos veciños e veciñas, sen inxerencias nin imposicións de ninguen, que une a persoas de diferentes ámbitos da vida, algunhas con experiencia política, e outras moitas sen ela, pero uns e outras con ganas de cambiar as cousas.
Cabe recordar ademais, que os homes e mulleres que conforman esta lista asumen o compromiso de cumprir o código ético aprobado recentemente, un compromiso claramente diferenciador de outros partidos, mais ambiguos en canto os comportamentos dos seus concelleiros e concelleiras.
A lista completa é a seguinte:
1.- José Enrique Oubiña Lago.
2.- Fernando Ruiz Padín.
3.- María Eva Peña Lorenzo.
4.- Ramón Nuñez Castro.
5.- Ana Belén Torres Alonso.
6.- José Luis Abal Casas.
7.- Hector Muñiz Alba.
8.- Jennifer Ruiz Padín.
9.- María Lucia Noya Dominguez.
10.- Ana Agustí Lopez.
11.- Agustín Martinez Vieites.
12.- Rebeca Padín Garcia.
13.- Ramón Mouriño Alfonso.
14.- José Manuel Serén Garcia.
15.- Marta Rey Gomez.
16.- Ricardo Fontán Deza.
17.- María Teresa Padín Pazos.