ENRIQUE OUBIÑA RECLAMA UN DEBATE PUBLICO DE TODAS AS CANDIDATURAS PARA CONTRASTAR OS DIFERENTES PROXECTOS

SOMOS RIBADUMIA, organiza actos en diferentes parroquias para presentar o programa electoral e a candidatura.

Un dos principios fundamentais que inspiran a SOMOS RIBADUMIA e a necesidade de impulsar a participación dos veciños e veciñas na política activamente e para iso é fundamental que se coñezan todas as opcións que se presentan, que obxectivos e propostas perseguen e a quen representan.

En días pasados unha cale privada emitiu un debate pr-electoral, a onde non foron convidadas todas as forzas que se presentan as próximas eleccións, polo que os telespectadores non puderon ter unha visión de todos  os distintos proxectos.

En días pasados unha canle de tv privada emitiu un debate pre-electoral moi descafeinado, a onde NON foron convidadas todas as forzas que se presentan as próximas eleccións, se non solo unha parte delas, polo que os veciños que ollaron o programa non puideron ter unha visión contrastada de todos os distintos proxectos que se plantexan para Ribadumia.

En SOMOS RIBADUMIA creemos na PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA e por iso nos presentamos con esas siglas. Somos unha candidatura cidadán, construída unicamente pensando en Ribadumia. Realizamos un traballo previo moi intenso para elaborar o noso Programa electoral e código ético, e por iso queremos dalo a coñecer, e non temos ningún medo en contrastalo coas demais opcións que se presentan ás próximas eleccións municipais; por iso  RECLAMAMOS A CELEBRACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO DE TODAS AS CANDIDATURAS. Non poñemos ningunha condición previa, aceptamos  o  lugar, día e hora que as demais queiran e co formato que se queira, nos o que reclamamos e que se cumpra o dereito dos veciños a coñecer todas as propostas.

 O que si queremos deixar claro e que por respecto a democracia e pluralidade NUNCA ACUDIREMOS A ACTOS OU DEBATES ONDE NON ESTEAN CONVIDADOS TODAS AS CANDIDATURAS. En SOMOS RIBADUMIA creemos profundamente na democracia e no respecto a pluralidade política, e o “que non queremos para a nosa candidatura non o aceptamos para as demais”; de ahí que non aceptaremos vetos ou exclusións “interesadas” por parte de medios de comunicación ou outras organizacións políticas que se din moi abertas e democráticas pero logo aceptan regras de xogo onde se exclúe tacitamente a outras partes.

 

ACTOS DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA NAS PARROQUIAS.

foto boletinDentro desta iniciativa para dar a coñecer o noso programa electoral, o candidato de SOMOS RIBADUMIA a alcaldía, Enrique Oubiña ten convocado actos públicos en diferentes lugares do Concello co obxectivo de presentar tanto o Programa electoral como a candidatura.

Os actos están convocados nos seguintes lugares e datas

  • CASA DA CULTURA DA PIOLLA:
  • Xoves, 23 de Abril as 20.30 H .
  • LOCAL PÚBLICO ANEXO AO PREESCOLAR DE SISÁN:
  • Martes, 28 de Abril as 30 H .
  • CASA DA CULTURA DE LOIS:
  • Xoves, 30 de Abril as 20.30 H.
  • CASA DE CULTURA DE RIBADUMIA:
  • Luns, 4 de maio, as 20.30 Horas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s