Category: Sen clasificar

As nosas contas: claras e transparentes

En Somos Ribadumia predicamos co exemplo, e cando falamos de transparencia comezamos por nos mesmos.

Nos non estamos financiados por ningún partido, nin por ningún ente escuro; nos estamos financiados única e exclusivamente por veciños e veciñas que colaboran con nos voluntariamente. Parte do recadado  entrou como prestamo a Somos Ribadumia, polo que logo das eleccións será devolto coas aportacións que o estado e o concello nos fagan en función do noso resultado.

Este é o noso estado contable a día de hoxe, con 1.505€.  Estes cartos  e os que recademos de aquí o día 22, destinaranse a sufragar  ós gastos da campaña electoral, unha campaña que estamos desenrolando a base de imaxinación, tentando gastar o mínimo necesario para ter algo de presencia e centrada especialmente na comunicación cos veciños, e en facer chegar o noso proxecto, para que o día 24 teñades todos claro porque Somos ribadumia é o grupo que debe gobernar Ribadumia e por qué.

15/04/2015  Aportacion INICIAL 150,00 € 150,00 €
23/04/2015 Aportación Nº121 50,00 € 200,00 €
23/04/2015 Aportación Nº122 50,00 € 250,00 €
25/04/2015 Aportación Nº123 100,00 € 350,00 €
25/04/2015 Aportación Nº123 PRÉSTAMO       100,00 € 450,00 €
30/04/2015 GASTO PINCHO -230,00 € 220,00 €
30/04/2015 RECAUDACION PINCHO 360,00 € 580,00 €
30/04/2015 Aportación Nº124 20,00 € 600,00 €
30/04/2015 Aportación Nº125 40,00 € 640,00 €
12/05/2015 Aportación Nº101 30,00 € 670,00 €
12/05/2015 Aportación Nº102 100,00 € 770,00 €
12/05/2015 Aportación Nº103 PRÉSTAMO       200,00 € 970,00 €
12/05/2015 Aportación Nº104 PRÉSTAMO       150,00 € 1.120,00 €
12/05/2015 Aportación Nº105 PRÉSTAMO       150,00 € 1.270,00 €
12/05/2015 Aportación Nº106 50,00 € 1.320,00 €
12/05/2015 Aportación Nº107 PRÉSTAMO        100,00 € 1.420,00 €
12/05/2015 Aportación Nº108 60,00 € 1.480,00 €
12/05/2015 Aportación Nº109 25,00 € 1.505,00 €

SOMOS RIBADUMIA PRIORIZA A LOITA CONTRA O PARO.

O apoio ás novas empresas e o autoemprego, con axuda a través dunha caixa de financiamento e con exencións nos impostos, eixe fundamental na loita contra o paro.
banca-eticaRecentemente, Somos Ribadumia aprobou nunha xuntanza veciñal, as que serán as medidas que porán en marcha se gobernan logo das eleccións do día 24. Un documento que condensa en 37 propostas concretas unha nova maneira de facer política municipal, poñendo por diante os intereses e problemas dos nosos veciños e veciñas.
No ámbito da loita contra o paro, logo dunha profunda análise da situación local, onde o paro supera as 500 persoas, e ronda 25%, cun PP que solo ten ollos para obras faraónicas que ademais de innecesarias non resolven ningún dos problemas dos nosos veciños e veciñas, fíxose evidente a necesidade de tomar medidas concretas e urxentes que axuden a loitar contra esta situación, buscando axudar os emprendedores e mellorar a formación.

Logo de analizar detidamente a evolución orzamentaria e os resultados contables dos últimos anos, chegouse a conclusión de que exercendo un axeitado control sobre os gastos correntes do noso concello, e facendo os precisos axustes na xestión municipal , especialmente no que respecta a creación de empresas, e no seu aspecto impositivo era posible tomar unha serie de medidas, entre as que destacan:
1. Establecemento dunha caixa de financiamento local para apoiar proxectos empresariais viables de emprendedores de Ribadumia. Primando as axudas de financiación a aqueles proxectos empresariais que xeren emprego.
2. Aprobar a posibilidade de aprazar e acollerse a un período de carencia dun ano e de bonificacións nas Licenzas de apertura e Taxas municipais para aqueles comercios e negocios de nova apertura no Concello de Ribadumia. Porque Ribadumia necesita que se establezan novas empresas eu xeren emprego e aporten servizos os nosos veciños e veciñas.

3. Impulsar a creación dunha cooperativa social, para recoller e tratar a biomasa vexetal (restos de poda, forestais, etc.) e transformala en produtos comerciais (pellets, abonos, compostaxe, ….), unha proposta moi completa, porque permitiríanos crear postos de traballo impulsando o cooperativismo, pero tamén estariamos axudando a manter os montes limpos, a mellorar a xestión dos residuos organicos das plantacións, tanto das parras como dos invernadoiros, coa evidente mellora ambiental , e unha importante redución do risco de incendios.

4. Recuperación das parcelas do polígono industrial de Cabanelas sen actividade para poñelas a disposición de empresas en réxime de concesión a cambio da creación de empregos
5. Creación dun Viveiro de empresas para apoiar a emprendedores que queiran abrir novos negocios.
6. Apoio ó autoemprego na agricultura e viticultura; porque en Ribadumia a porcentaxe de terras de cultivo é moi alta, e polo tanto hai un nicho de posibilidades que explotar. Por iso centrarémonos no asesoramento nos trámites para aquelas persoas que queiran darse de alta, en informar sobre axudas económicas e na programación de cursos e obradoiros específicos.

7. Potenciar o mercado municipal de Abastos impulsando a realización de mercadiños e exposición de produtos da zona. Unha correcta xestión e impulso da, case abandonada polo pp, praza de abstos, permitira que o nosos comercio se mova, que as vendas aumenten e en xeral que a económia local mellore. E nesta liña Somos Ribadumia impulsara a creación de incentivos para fomentar o consumo no comercio e a hostalería local, con axudas, e descontos no acceso a instalacións e actividades do Concello (piscina, auditorio, …).

8. Promoción do turismo aproveitando o sector do viño; a recuperación dos cursos fluviais e o patrimonio arqueolóxico e natural do Concello (Castro de Besomaño – Ruta dos pazos, …). Programar rutas guiadas polo Concello, creando oferta laboral arredor do ocio e o turismo.

Con estas e outras medidas que Somos Ribadumia aprobou, sen demasiado esforzo económico na maioría dos casos , poderemos manter unhas liñas activas de loita contra o paro, algo moi necesario neste concello, e que o PP leva anos deixando completamente de lado

Ainda estas a tempo de votar por correo

correoO prazo para solicitar o voto por correo remata o día 14.

Ata ese día , estas a tempo de achegarte a unha oficina de correos para poder exercer o teu dereito a votar, e participar na escolla das persoas que van sacar adiante o teu concello durante os próximos catro anos. Tes toda a información picando no seguinte enlace:

http://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-1363186876522/sidioma=es_ES?utm_source=VOX&utm_campaign=a08c97000b-voto+por+correo&utm_medium=email&utm_term=0_e5d3143555-a08c97000b-134884693

Dende Somos Ribadumia, queremos animarte a que votes inda  que non vaias a estar no noso concello ese día, pois o voto é a única maneira de participar na escolla dos nosos representantes … e polo tanto, a única maneira de cambiar o xeito en como se esta levando o noso concello, e de poñer de unha vez por todas as persoas por enriba dos intereses particulares e partidistas duns poucos, e ir a votar o día 24,  ou votar por correo se é preciso, e empurrar coa papeletea de Somos Ribadumia (Participación Democrática Directa) ese cambio necesario.