Category: Sen clasificar

O EQUIPO DE GOBERNO DE RIBADUMIA DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO E IRREGULARIDADES DETECTADAS EN VARIAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS.

   No pleno que tivo lugar o pasado 5 de novembro deuse conta a toda Corporación municipal de varios  expedientes que mostraban sen lugar a dúbidas a situación de deixadez, abandono e irregularidade na que se encontraban algunhas instalacións municipais cando o PP foi desaloxado do goberno logo das eleccións municipais.

  Estes expedienes están acreditados por informes realizados por tecnicos profesionais, e non dan lugar a interpretacións.

Agora queremos  informar publicamente dos mesmos, para que os veciños de Ribadumia saiban o que hai, animándoos a que se acheguen polas oficinas municipais para comprobar esta información se o consideran oportuno:

os expedientes son os seguintes:

A reparación dos parques infantís por falta de mantemento valorada en 32.000 €. (preme aqui)

O Centro de interpretación da natureza de Cabanelas absolutamente infrautilizado e nun lamentable estado de conservación.(preme aqui)

O tanatorio municipal, en situación irregular.(preme aqui)

 A rede WIFI, sen adaptar á lexislación vixente en materia de radiofrecuencia. (preme aqui)

Os dominios do Concello rexistrados a nome persoal da anterior alcaldesa, Salomé Peña.(preme aqui)

O río de Xián no Coruto, en estado de abandono logo de ser derrubado polo camión do lixo.(preme aqui)

Con todo, este equipo de goberno está traballando con total compromiso e responsabilidade para solventar todas estas situacións, tentando que o prexuicio para os veciños sexa o mínimo posible.

O equipo de goberno de Ribadumia  segue a traballar na mellora das axudas a entidades e clubs.

No Pleno do 14 de xullo, o equipo de goberno aprobou, coa abstención do PP, o reparto “provisional” de axudas a entidades e clubs para o ano 2015.

PLENO MUNICIPAL   Este reparto tiña carácter provisional debido a que as actuais bases de adxudicación  eran ineficaces á hora de facer unha valoración obxectiva do labor das entidades. Aínda así, a pesar desta provisionalidade, a aquelas asociacións que xa entregaron a documentación xustificativa xa se lles vai ingresar o 100% da axuda concedida a partir do vindeiro 23 de novembro. Pero ademais, o equipo de goberno comprometeuse a facer unha revisión do traballo das entidades e clubs para, naqueles casos onde se apreciase un aumento de actividades con relación ó ano 2014, mellorar o apoio económico, sempre dentro das marxes das diferentes partidas económicas.

axudas

Xa no seu día, denunciamos a demagoxía do PP, que primeiro gobernou con total deixadez, e agora critica as decisións do equipo de goberno, pero é incapaz de realizar ningunha proposta concreta.

 

Para poder realizar esta valoración, ademais de manter diversas xuntanzas coas diferentes entidades e clubs, solicitóuselles expresamente que presentasen a xustificación das súas actividades e gastos. Con todo, o prazo para que estas entidades presenten esta documentación está suxeito ás bases actuais de adxudicación aprobadas polo Partido Popular, polo que ata o 31 de xaneiro de 2016 non se poderá facer efectiva a revisión definitiva das subvencións a entidades e clubs.

É moi importante insistir en que este equipo de goberno está realizando un intenso labor de interactuación coas diferentes entidades que realizan actividades no noso concello, e que están frutificando nunha mellor relación e colaboración con todas elas.