O EQUIPO DE GOBERNO DE RIBADUMIA DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO E IRREGULARIDADES DETECTADAS EN VARIAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS.
No pleno que tivo lugar o pasado 5 de novembro deuse conta a toda Corporación municipal de varios expedientes que mostraban sen lugar a dúbidas a situación de deixadez, abandono e irregularidade na que se encontraban algunhas instalacións municipais cando o PP foi desaloxado do goberno logo das eleccións municipais.
Estes expedienes están acreditados por informes realizados por tecnicos profesionais, e non dan lugar a interpretacións.
Agora queremos informar publicamente dos mesmos, para que os veciños de Ribadumia saiban o que hai, animándoos a que se acheguen polas oficinas municipais para comprobar esta información se o consideran oportuno:
os expedientes son os seguintes:
A reparación dos parques infantís por falta de mantemento valorada en 32.000 €. (preme aqui)
O tanatorio municipal, en situación irregular.(preme aqui)
A rede WIFI, sen adaptar á lexislación vixente en materia de radiofrecuencia. (preme aqui)
Os dominios do Concello rexistrados a nome persoal da anterior alcaldesa, Salomé Peña.(preme aqui)
Con todo, este equipo de goberno está traballando con total compromiso e responsabilidade para solventar todas estas situacións, tentando que o prexuicio para os veciños sexa o mínimo posible.