Category: Sen clasificar

Somos Ribadumia acusa a Salomé Peña de pretender favorecer economicamente ós seus concelleiros.

descarga (3)

Salomé peña e o PP levan dende o inicio da lexislatura buscando o xeito de que os seus concelleiros estean todos presentes, e cobrando, nas comisións informativas.

En días pasados, o PP local de Ribadumia centrouse en acusar a IR de pagar soldos encubertos a  SR e o Psoe, argumentando que no pleno de organización se debería ter creado un grupo mixto, que reunira a SR e Psoe.  Salomé Peña pretende esgrimir un argumentario económico para xustificar a súa petición de que se cree un grupo mixto, pero esquece dar as cifras e dicir que o que pretende en realidade é que se cambie o organigrama das comisións para favorecer os seus concelleiros economicamente.

Por este motivo, dende o grupo de Somos Ribadumia queremos aportar algúns datos:

  • As comisións informativas creadas garanten a participación de todos os grupos que conseguiron representación nas pasadas eleccións. Pola contra, a proposta do PP de crear un grupo mixto, algo que eles mesmos descartaron na pasada lexislatura cando o concelleiro Oubiña abandonou o BNG, coartaría esa representación democrática ó obrigar a dous partidos a repartirse a representación nas comisións, ou sexa, que non todos os partidos políticos estarían en todas as comisións nin en todas as áreas de traballo..
  • A proposta do PP con respecto as comisións, tal como expuxo no pleno de organización e reiterou en varias ocasións, solucionaría o problema da representatividade, pero pasaría por reducir as comisións das oito actuais a catro, e metendo nelas a todos os concelleiros de todos os grupos (13 contra os 7 que hai actualmente : 3 do PP, 2 de IR, 1 de SR e 1 de Psoe), unha barbaridade innecesaria que tal como xa explicou Enrique Oubiña no  seu momento “non ten sentido porque as comisións non son plenos, e o único que hai que garantir é que estean representados todos os partidos, non todos os concelleiros como pretende a señora Peña, e facer algo así  ademais suporía un aumento no custo económico en mais de catro mil euros ó ano”.  
  • Hai que recordarlle ó PP que Enrique Oubiña non cobra pola asistencia a comisións nin plenos, se non que unicamente cobra a súa asignación como liberado, polo que acusalo de cobrar salarios encubertos ademais de ser unha falsidade non ten sentido. 
  • A asignación económica que o concello concede ós grupos políticos e que hai que remarcar que non se da ós concelleiros se non os partidos  ten dúas partes: unha fixa de 30€/mes, e outra que se asigna por cada concelleiro electo, de 30€/mes. Estas cantidades non as aprobou o actual equipo de goberno,  foron aprobadas polo PP cando aprobou os orzamentos deste 2015, e significa que o PP recibe do concello 210€/mes, IR 180€/mes, e SR e Psoe 60€/mes. Enrique Oubiña preguntase “onde está o pago de favores, se o único que se fixo foi manter a formula e as cantidades que o PP aprobou nos orzamentos”.
  • A creación do grupo mixto suporía un enorme recorte no funcionamento democrático do concello, pero so 30€ menos de gasto ó mes. Somos Ribadumia consideramos que a defensa da democracia no concello, dentro dos marxes lóxicos da viabilidade económica, debe estar por riba dos intereses económicos.
  • convén remarcar que a decisión de non formar grupo mixto, unha situación que se da en varios concellos de Galicia e en moitos no resto do estado,  está amparada en informes de secretaría, e que ante a insistencia do PP  se fixo unha serie de consultas a diferentes ámbitos, coa intencións de ter as garantías legais que permitan este organigrama de goberno, e que de non ser así, tomaranse as medidas pertinentes.

Dende Somos Ribadumia queremos denunciar as manobras do PP, orientadas a buscar o xeito de que todos os seus concelleiros reciban das arcas municipais a mesma cantidade de euros, que rondarían de cumplirse as expectativas dos populares  os 1000€ por concelleiro e ano, cando agora algúns concelleiros reciben menos da metade desa cantidade,  unha postura fora de toda ética política, que nos mostra a un Partido Popular mais centrado en encher a carteira dos seus  que en facer traballo político.

O equipo de goberno acusa a Salome Peña de mentir e realizar críticas infundadas

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia, ante as recentes declaración feitas por Salomé Peña sobre os 100 días de goberno, considera que as súas críticas son infundadas e faltas de toda veracidade.

En primeiro lugar, hai que recordarlle ó PP que cando este equipo de goberno empezou o seu labor, fíxoo cuns orzamentos xa aprobados e a medio executar, con partidas xa esgotadas e outras cun enorme déficit (investimento en Deportes, cun saldo negativo de 24.000€, por exemplo). En segundo lugar, atopámonos cunha total ausencia de documentación: tal e como a propia Sra. Peña recoñeceu en Pleno,  “os caixóns estaban totalmente baleiros” e foron os traballadores municipais os que nos puxeron ó día da situación real do Concello.

11402755_773107062809686_4387967843813624772_o

Unha semana antes de abrir a piscina o PP inda non acometera as tarefas de mantemento da piscina, nin se ocupara da contratación do persoal.

tanatorio-municipal-de-ribadumia_img257927t0

Tamén era grave a situación do tanatorio, que grazas a deixadez do PP a piques estivo de ter que ser pechado temporalmente. Algo que en dúbida tería acontecido se o novo equipo de goberno non entrara no concello, e se puxera mans a obra para solventar estes problemas

A pesar destas limitacións presupostarias, este equipo de goberno tivo que facer fronte ó arranxo dunha serie de urxencias como o estado deficiente da piscina municipal, sen ningún tipo de mantemento, a unha semana da súa apertura e, igualmente, o importante arranxo do tanatorio que estivo a piques de provocar o seu pechamento provisional.  En verbas do propio alcalde “Cando se fan as obras hai que facelas con garantías e. Estes desperfectos xa se viñan arrastrando e a Sra. Peña, non fixo nada por arranxalos”.

A día de hoxe, tal como explica o concelleiro de obras, Enrique Oubiña todas as obras realizadas desde a chegada do novo equipo de goberno foron levadas a cabo dentro dos prazos e respectando todos os trámites legalmente esixidos. Así mesmo, podemos destacar que se realizou unha clara aposta polas empresas locais e e se conseguiu un importante aforro económico na realización daquelas obras que non tiñan presuposto pechado, nalgún caso con melloras do 20% sobre o orzamentado.”

Outra das urxencias ás que o novo equipo de goberno tivo que prestar atención, foi a atender as necesidades das entidades culturais, deportivas e sociais, ás que o PP deixara de lado, levando a un pleno urxente a aprobación das axudas para estas entidades e clubs. Cando o PP fala de corta-pega na adxudicación desas axudas esquece dicir que o que en realidade se fixo foi unha aprobación parcial, poñendo como punto de partida as cantidades entregadas o ano anterior. Esta aprobación parcial foi  motivada pola mala elaboración das bases de adxudicación, que non permitía unha valoración “real” das entidades, e todas esas axudas se van revisar antes de final de ano, co obxectivo de aproximar, dentro das posibilidades económicas do concello,  as axudas concedidas a realidade das entidades e clubs, ó mesmo tempo que se esta traballando nunha nova base de adxudicación que, esta vez si, sirva para poder evaluar e apoiar ás entidades e clubs xustamente .

descarga (3)

A señora Peña acusa o actual equipo de goberno de falta de transparencia, cando a realidade é que dende que se produciu o cambio de goberno os veciños teñen mais acceso a información municipal e a oposción ten mais representación na vida municipal, ten acceso a toda a documentación que solicita e non sufre os bloqueos nos plenos os que o propio PP sometía ós outros partidos.

Respecto das acusacións á falta de transparencia, hai que recalcar que Salomé Peña minte nas súas afirmacións. Desde o Pleno de constitución deste novo equipo de goberno xa se fixeron públicos os soldos tanto do Alcalde coma do concelleiro liberado; é máis, Salomé Peña xa dispón dunha copia das nóminas dos mesmos, tal e como consta no Concello. O resto dos membros do equipo de goberno perciben exactamente as mesmas asignacións cós concelleiros do Partido Popular, tal e como se establece no pleno de constitución do 22 de xuño: asistencia a plenos e comisión.

Por outra parte, queremos facer constar que é a primeira vez na historia do Concello de Ribadumia que se inclúe a membros da oposición na mesa de contratación (ou, cando menos, que nos conste). Ademais, este equipo de goberno, para fomentar a transparencia e a democratización,  eliminou o limite as  intervencións de todos os grupos políticos,  para que expoñan os seus plantexamentos,  e favorecendo que todos os concelleiros e concelleiras se poidan expresar libremente. En definitiva, máis democracia e maior participación nos plenos, tamén coa recuperación da xunta de portavoces como exemplo de participación da oposición no desenrolo político municipal.

Tamén é falso que non se leven a pleno as mocións do PP. A única moción presentada polo PP ata o de agora, referente ó monte do castro, está á espera dunha información primordial que nos permita saber cal é  situación real do xacemento arqueoloxico. E hai que recordarlle a señora Peña, ,  que deste tema foi perfectamente informada na xunta de portavoces previa ó último pleno, onde por certo non obxetou nada. Resulta curiosa esta acusación de quen en lexislaturas anteriores si se negou a levar mocións a pleno e si retrasou a propósito e sen xustificación a presentación da maioría das mocións da oposición .

Con respecto a acusación de non ter realizado ata o momento ningún pleno ordinario e de non entregar a documentación con tempo abondo, hai que recordarlle o PP de novo que os plenos ata o de agora viñeron marcados pola necesidade de cumprir uns prazos, que non supuxeron nin aumento nin redución no número de plenos, pois solo se trasladou a data dos xa previstos en calendario, nin supuxo un menoscabo na democracia nin no funcionamento, pois incluíuse en ambos o punto de rogos e preguntas e a aprobación das actas anteriores.  O que non fixo nin vai facer  este goberno é convocar plenos innecesarios que solo servirían para tirar cos cartos dos nosos veciños e veciñas. E con respecto a entrega de documentación, xa se lle explicou o PP no pasado pleno, que a documentación se estaba entregando con tempo suficiente. De feito, para este pleno, a conta xeral do 2014, foi entregada a oposición para o seu estudo con mais dun mes de antelación.

Na atención pública tamén se constata unha importante mellora con respecto ó equipo de goberno anterior. A día de hoxe a comunicación a través das redes mellorou enormemente, transmitindose diariamente  moita información útil;  as actas dos plenos son públicas, e subense a nube para que calquera veciño poida acceder a elas.  Ademais de todo isto, este concello mellorou a xestión e organización de diversos eventos, aforrando custos e mellorando na súa calidade, como se puido comprobar na festa do pan ou na xuntanza dos maiores, ambos exemplos de xestión,  organización, e de integración veciñal. Tamén se mellorou na oferta e na xestión municipal doutros servizos que se ofrecen no concello,como as actividades deportivas, centralizando os cobros das actividades organizadas para unha mellor xestión e control do gasto.

A Sra. Peña e o seu equipo saben que, o igual que calquera veciño e veciña,  teñen á súa disposición nas oficinas municipais toda a documentación que consideren oportuno solicitar, e que este equipo de goberno, a diferenza do que no seu día dirixiu a señora Peña, non nega documentación. Calquera veciño ou veciña deste concello que queira ter máis información sobre estes 100 días de goberno só ten que pasar polas oficinas municipais para informalos detalladamente ou, tamén, nas reunións que se van organizar por todas as parroquias onde o equipo de goberno estará á súa disposición para darlles toda a información necesaria, tal e como é a nosa obriga.

En resumo, pódese dicir que Salomé Peña, ademais de mentir nas súas afirmacións e de pretender esixir agora todo o que ela se negou a facer en todos os seus anos á fronte do Concello de Ribadumia, é totalmente incapaz de elaborar unha crítica construtiva. E temos que recordarlle que ela non deixou ningún “legado” en Ribadumia: O ÚNICO LEGADO ó que Salome Peña  se refire É PROPIEDADE DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE RIBADUMIA, pagado cos seus impostos, e levado a cabo nalgúns casos con moita controversia.

Este equipo de goberno entende que a Política é fundamental, é algo serio e responsable, e necesita de partidos políticos e representantes políticos serios e responsables. É unha pena que nestes momentos o Partido Popular de Ribadumia e os seus representantes, con Salomé Peña liderando o equipo, non estean á altura das circunstancias. A Sra. Peña o que non parece asumir é que está na oposición.

Pleno do 30/9/2015. Falta total de ética e dignidade políticas de Salomé Peña e do PP local

No pleno do pasado mercores entre outros asuntos aprobouse a acta do pleno anterior, que podedes consultar clicando no seguinte enlace:

http://es.scribd.com/doc/283318842/ACTA-DE-PLENO-14-07-15

Ademais deste asunto, e de dar conta dos  Informes trimestrais sobre cumprimento de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais coas administracións públicas do primeiro e segundo trimestre deste ano, aprobouse o resultado da conta xeral do 2014, e os festivos locais do ano próximo, que unha vez mais serán o luns de pascua e o venres do Tinto.

Xa no punto de rogos e preguntas que o equipo de goberno decidiu incluir,  a pesares de non ser necesario por tratarse dun pleno extraordinario, para favorecer a democracia no ámbito local, dende a silla de Somos Ribadumia, o concelleiro Enrique Oubiña preguntoulle a Salomé Peña “en que momento dun proceso xudicial considera o seu grupo que se debería pedir a dimisión de concelleiros imputados, no momento da imputación, cando haxa xuicio ou xa cando estean no carcere”. Hai que recordar que no PP de Ribadumia actualmente hai dous concelleiros imputados, Rafael Louzan, ausente dos plenos dende o inicio da lexislatura, e Luis Serantes, man dereita da señora Peña no grupo municipal.

5533facd4d-_mg_9016

Rafael Louzán e Luis Serantes (na foto detras de Salome Peña), están imputados na Operación Patos, que investiga ilegalidades relacionadas entre outrs cousas coa adxudicación de varios campos de futbol

Pois ben, a resposta da señora Peña foi que non ia respostar a esa pregunta, co cal se demostra que para o PP non existen a dignidade nin a ética na política, e que así como nun momento dado pediron a dimisión de Enrique Oubiña por expresarse publicamente en contra da corrupción na política e de quen a defende e pedirlle o PP o mesmo, agora que dous dos seus se ven  inmersos en procedementos xudiciais, ademais por temas relacionados coa política (Operación Patos) calan e fan como que non acontece nada.

Dende Somos Ribadumia estamos francamente peocupados pola imaxe do noso concello, con políticos como Rafael Louzan que non aparecen nos plenos a defender os veciños dende a súa visión de partido, pero saen na pensa case a diario relacionados con casos de corrupción política.  E agardamos que a agrupación local do PP saia do seu mutismo e tome cartas no asunto.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/09/19/policia-intervino-telefonos-discos-duros-6-politicos-10-funcionarios/0003_201509G19P3994.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2015/09/26/juez-comparte-criterio-fiscalia-acepta/1320517.html

“Mollate polos ríos”. ADEGA, Colectivo Ecoloxista do Salnés e o concello de Ribadumia xuntos na defensa dos nosos ríos.

IMG_20150927_121637 (1) Na maña de onte tivo lugar nas ribeiras do Umia unha nova edición da limpeza simultanea de ríos que dende ADEGA organizan cada ano dentro do seu Proxecto Rios, coa colaboración de diferentes colectivos e entidades, como o Colectivo Ecoloxista do Salnés . Este ano o Concello de Ribadumia, dende a concellalía de medio ambiente, decidiu dar un paso adiante e apoiar activamente esta actividade, moi importante para concienciar da necesidade de coidar os nosos ríos e de loitar contra a súa degradación ambiental.

Foi unha maña de botas de goma, luvas e bolsa de lixo, onde se recolleron todo tipo de residuos, dende botellas a restos plásticos de toda índole, asi como pilas e outros refugallos metalicos, que foron logo depositados no punto limpo do concello. Dende o Colectivo Ecoloxista resaltaron como dato positivo a reducción de lixo con respecto a outros anos, o cal fai pensar que pouco a pouco o sentido do civismo vaise impoñendo na nosa sociedade. Mais preocupante é a presenza de especies invasoras, como a Egeria Densa que actualmente ocupa gran parte do cauce do Umia entre Caldas e Cabanelas, que provocan fortes cambios nos ciclos vitais, e que unha vez introducidas resultan moi difíciles de erradicar. Neste sentido dende o Colectivo Ecoloxista insisten na importancia da prevención, non introducindo exemplares foraneos nos medios locais, e tamen na importancia de prestar moita atención os acuarios domésticos, evitando que peixes ou restos de prantas  vaian a parar os nosos ríos.

Para o noso concelleiro Enrique Oubiña, que participou activamente na actividade “estes actos, anque non parezan moita cousa, son de vital importancia para por de relevancia a importancia de protexer os nosos cauces fluviais, que son fonte de vida e nucleo do noso ecosistema” . 

IMG-20150927-WA0007