Asemblea Organizativa de Somos Ribadumia: un paso mais no crecemento da nosa plataforma.
Tal e como dixemos dende a primeira asemblea, Somos Ribadumia naceu para quedar.
Por ese motivo faise necesario elaborar unha serie de documentos organizativos que recollan os principios de funcionamento, ideoloxía, programa, código ético, estruturación organizativa, e unha carta financieira.
Con este fin, puxemos en marcha un proceso aberto que lles permita os nosos veciños participar activamente na elaboración e aprobación deses documentos, básicos para mellorar a nosa organización interna, anque sempre mantendo os principios de transparecencia, participación aberta e horizontalidade, cos que nacemos.
Para participar neste proceso temos habilitado un espazo que explica como podedes aportar o voso granciño de area. Podedes premer na casulla da vosa dereita “Asemblea Organizativa” ou no seguinte enlace:
https://somosribadumia.wordpress.com/asemblea-organizativa-2/