Category: Sen clasificar
Uns apuntes sobre as obras de remodelación do ximnasio
Fai uns días tivemos coñecemento de que o PP, sen dirixirse de xeito oficial ó goberno municipal pero usando á prensa e ás redes sociais como altofalante, fixo unhas declaracións ó respecto da obra do ximnasio de barrantes, criticando que inda non estean realizadas, etc, etc. Dende o equipo de goberno xa se emitiu o correspondente comunicado deixandolle claro a Salomé Peña e o seu partido cal é situación, e grazas a quen a día de hoxe a obra inda está en procedemento e non rematada como a todos nos gustaría, pero queremos dende aquí clarificar un pouco mais se cabe este asunto.
Contra o que o PP pretende facernos ver, unha obra non se aproba en pleno e inmediatamente se pon en marcha. Polo menos se traballamos acorde a lei. Hai uns procedementos de actuación e uns requerimentos legais que cumprir, e para a obra que nos ocupa o camiño seguido foi o seguinte:
– 7 de Maio: Aprobación polo Pleno de proxecto e prego de condicións para a contratación da obra. (a obra neste punto inda estaba sen adxudicar, ou sexa, non estaba decidido que empresa ia realizar a obra, nin siquera se abrira o plazo para que as empresas pesentaran propostas).
– 21 de maio: Publicación no BOP e no perfil do contratista do prego de cláusulas e apertura do prazo para presentación de proposicións. (a obra segue sen adxudicar, neste punto é a partires do cal as empresas presentan as súas propostas)
– 6 de xuño: finalización do período de presentación de plicas.
– 10 de xuño: Apertura dos sobres A e B das plicas (ó terceiro día hábil segundo o prego de cláusulas aprobado polo PP)
– 12 de xuño: apertura dos sobres C das plicas (unha vez emitido o informe técnico) e emisión do informe técnico do sobre C.
– A nova corporación constituiuse o día 13 de xuño e o 22 de xuño tivo lugar o pleno organizativo.– O pleno organizativo era necesario para poder definir as áras de traballo, entre as que se inclue a comisión de goberno (que é a que aproba as licenzas de obra, os pagos de facturas, etc) , as comisións informativas, os responsables das diferenetes áreas, etc.
– 14 de xullo: Proposta de adxudicación da obra polo pleno. (Aqui, e non antes, é onde se aproba a adxudicación da obra a empresaa que según informes técnicos presente a mellor proposta)
– 17 de xullo (so tres días despois, e logo de realizar o pertinente informe): Notificación ó adxudicatario para que presentara a fianza e demáis documentos sinalados nos pregos de cláusulas.
– 23 de xullo: Data de presentación da fianza e demais documentos.
– 3 de agosto: Data de adxudicación e de notificación da adxudicación .
– 4 de agosto: Data do contrato.
Segundo o prego de cláusulas (que foron redactadas e aprobadas polo anterior equipo de goberno, ou sexa, polo PP) despois da sinatura do contrato haberá que realizar a acta de replanteo de comprobación, para o que hai un prazo dun mes.A partires da sinatura de dita acta de replanteo, o contratista terá un prazo DUN MES E MEDIO para a realización da obra.
Isto colócanos no día de hoxe dentro do prazo que ten a empresa adxudicataria para realizar a obra.
Por outra banda, queda caro que esta obra foi unha manobra electoralista do PP, feita de socato e sen ningún tipo de previsión ou idea clara do que se quería conseguir con ela, salvo un puñado de votos, o cal nos leva a actual situación, cunha obra sen levar a cabo cando sería desexable, unicamente por non calcular ben no seu momento os prazos legais do proceso, algo que si se tería feito se a obra estivese planexada con tempo. Que agora o PP pretenda facernos creer que había posibilidade de acelerar os tramites, fainos albiscar que quizais o anterior goberno do PP tiña un xeito de traballar que non ia moi acorde coa lei, o cal, de ser así, sería lamentable.
Dende o equipo de goberno, en todo caso, informouse puntualmente á dirección do colexio e á ANPA de todo o procedemento seguido, e de que cal era a situación.
Para o concelleiro de obras, Enrique Oubiña, “chama a atención o “aparente” descoñecemento que ten o PP do funcionamento destes asuntos, anque supoñemos que o que en realidade acontece é que a señora Peña e o seu equipo, ante a falta de alternativas ou ideas que propór, se dedican a facer demagoxia de baratillo, a contaminar á veciñanza con críticas sen sentido nin base, e a intentar desestabilizar ó equipo de goberno. Eu agardo que pronto se lles pase a pataleta que arrastran dende o 24 de maio e poidamos ver a un PP que propón en positivo, e que exerce a oposición dun xeito constructivo “.
ASAMBLEA DE SOMOS RIBADUMIA ACORDA CENTRAR A SÚA ACTIVIDADE NO NIVEL MUNICIPAL.
Por este motivo, acordou non participar como grupo en ningunha das iniciativas que se estan a propoñer para as próximas eleicións xerais.
Nas próximas semanas traballaran na creación dunha estructura organizativa que permita dar apoio a labor no Concello, mantendo os principios de participación aberta e transparencia.
A semana pasada tivo lugar unha Asemblea de SOMOS RIBADUMIA celebrada, como de costume, de xeito aberto aos veciños e contando cunha importante asistencia.
A xuntanza estaba convocada para tratar sobre tres temas: A actividade no Concello, o posicionamento con respecto as próximas eleicións xerais e que facer a nivel organizativo con SOMOS RIBADUMIA.
No primieiro apartado, por parte de Enrique Oubiña, concelleiro de SOMOS RIBADUMIA e membro do goberno municipal, deuse cumprida información sobre a labor do equipo de goberno do Concello de Ribadumia: Enrique explicou a súa labor e responsabilidades no Concello, os proxectos que se están levando a cabo e as dificultades coas que se atoparon pola herdanza do anterior goberno do Partido Popular. Tamén respostou as preguntas de varios asistentes sobre cuestións municipais.
Con respecto as eleicións xerais, a Asemblea analizou a situación política actual e a información que se fixo chegar a SOMOS RIBADUMIA por parte das diferentes iniciativas que se están a levar a cabo en Galicia de cara a conformar unha marea galega ou candidatura cidadán para presentarse as próximas eleicións xerais.
Despois dun debate a asemblea acordou que SOMOS RIBADUMIA non participará, nin apoiara, como grupo organizado, ningunha destas iniciativas, aínda que se respetará que haixa colaboradores de SOMOS RIBADUMIA que o queiran facer a título individual, pero non en representación da candidatura local.
O argumento principal que levou a tomar esta decisión e a conciencia de que SOMOS RIBADUMIA naceu como unha candidatura a nivel local de representación veciñal, e polo tanto, o lóxico e que TODAS AS NOSAS ACCIÓNS DEBEN CIRCUNSCRIBIRSE A ESE ÁMBITO.
Tívose en conta ademáis a oportunidade que nos outorgaron os veciños de Ribadumia, ao permitirnos formar parte do goberno local, con toda a actividade e responsabilidade que eso implica, e a, de momento, pouca estructura organizativa da que se ten dotado SOMOS RIBADUMIA, e polo que os asistentes elexiron a opción de centrarse no proxecto municipal, que non deixa de ser a nosa principal motivación. Tamén se opinou que esta non ten porque ser unha decisión “para sempre” – definitiva. SOMOS RIBADUMIA non cerra a porta ao que poida pasar no futuro, si se dan as circunstancias que permitan o apoio ou coordinación con outras iniciativas similares a outros niveles, simplemente acordamos que “agora non é o momento”.
TRABALLAR NA DOTACIÓN DUNHA ESTRUCTURA ORGANIZATIVA:
Xa no último punto, abordouse a necesidade de continuar avanzando na creación dunha mínima estructura organizativa, que permita, por un lado, colaborar e apoiar o traballo do groberno local do Concello de Ribadumia, do que formamos parte; e tamén manter a actividade de SOMOS RIBADUMIA como grupo organizado, continuando coas asembleas abertas e o traballo informativo que se viña realizando antes das eleicións municipais de maio.
Deste xeito elexiuse un grupo de traballo, que formulará unha proposta organizativa concreta a debatir e aprobar nunha próxima xuntanza. Trataríase da creación dun grupo de traballo cunhas responsabilidades que permitan levar a cabo o día a día de SOMOS RIBADUMIA: atender os aspectos organizativos, de comunicación, redes sociais, formación, secretaria, ….
Xa o deciamos antes das municipais, SOMOS RIBADUMIA nace da iniciativa dos veciños de Ribadumia, e veu para quedarse. A nosa intención e traballar para que cada día máis e máis persoas contacten coas nosas propostas e facernos merecedores do seu apoio. Convidamos a todos os veciños de Ribadumia a informarse e formar parte de SOMOS RIBADUMIA.
Xuntanza de Somos Ribadumia
Este venres Somos Ribadumia realizará unha nova asemblea. Nela farase un breve repaso o traballo municipal, e tratarase polo miudo a posición de Somos Ribadumia de cara as próximas eleccións xerais.
A día de hoxe o noso grupo non se posicionou neste tema, pero dende fai semanas hai movementos de mareas, plataformas similares a Somos Ribadumia e mesmo partidos políticos, que falan de crear un grupo que se presente no ambito autonómico, que permita que Galicia teña no parlamento español representación que non dependa do resto do estado, e asi defender con liberdade os dereitos dos galegos dentro da macedonia que é o estado español.
Neste sentido, é moi importante que todos os veciños e veciñas que apoiades este proxecto, acudades a semblea deste venres, poidamos falar da nosa posición ante todo este movemento, e decidamos entre todos se queremos formar parte dunha posible candidatura galega, nese caso en que condicións, ou se queremos manternos ó marxe.
por ise motivo, estades todas e todos convidados Xuntanza que tera lugar o
venres 4 de setembro, as 20:30h , no centro social de Sisan
Éxito organizativo da xuntanza dos nosos maiores
Este pasado sábado tivo lugar a “XXII Xuntanza dos nosos maiores”. O evento, organizado pola concellería de Asuntos sociais, baixo a responsabilidade do concelleiro Enrique Oubiña, é unha xornada de convivio especialmente pensada para os nosos veciños de mais idade, que este ano tivo un moi bo resultado gracias a perfecta organización que dende Asuntos Sociais se levou a cabo.
Tal como explica Enrique Oubiña, ” os nosos maiores son moi importantes na vida municipal e piares fundamentais das unidades familiares, e ademais en epocas dificiles como as actuais demostran sempre ser capaces de facer grandes esforzos, algo do que os mais novos e os políticos debemos aprender, e do mesmo xeito que dende o concello se organizan actividades para os nenos, que son o futuro do concello e do país, debemos organizar eventos como este para os mais maiores, que servan un pouco de agradecemento pola súa labor na sociedade”.
Para este día, o equipo de Asuntos Sociais preparou unha xornada moi completa, que incluia dende oficios relixiosos ata xogos e baile, pasando polo xantar de confraternidade, composto por platos tan tradicionais como o polbo ou a carne ó caldeiro. Unha xornada por certo que se prolongou dende a unha tarde ata mais alo das nove da noite. O tempo atmosferico , que xogou á contra do evento, obrigou a cambiar a carballeira de Ribadumia polo centro social de barrantes, pero o estar xa previsto pola organización non supuxo maior problema, e os asistentes puderon desfrutar da xornada alleos os chaparróns que cairon. podedes ver o resultado no pequeno albúm fotografico que o concello colgou na súa páxina do facebook, picando directamente no seguinte enlace :
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.809686122485113.1073741833.100594020060997&type=3
Dende Somos Ribadumia queremos agradecer a Elena e Santi, traballadores sociais, o esforzo feito para que esta xornada resultara o éxito que resultou, con case douscentos participantes, e tamén o traballo feito polas persoas, traballadores municipais, entidades e empresas que fixeron posible que todo saise tan ben.
Pero como explica Oubiña, “os nosos maiores non son, tal como pensan algúns políticos, unhas personiñas anódinas as que darlles empanada un par de veces ó ano e logo a papeleta co voto o día das eleccións, se non todo o contrario, son persoas cos seus problemas e os seus dereitos, e actos como o do sábado son necesarios pero insignificantes en comparación ó traballo que dende o concello se debe facer en favor deste colectivo”. Conscientes disto, dende asuntos sociais, co apoio do resto de equipo de goberno, estase a traballar na mellora dos servizos que se lle ofrecen ós maiores, melloras que pouco a pouco se iran introducindo, e que buscarán facilitar a vida a este colectivo, cun especial fincape na defensa dos seus dereitos e da súa dignidade como persoas.

