Category: Sen clasificar

Boa acollida da web municipal

webO equipo de goberno aportou estes días datos sobre o alcance da nova web e plataforma, e do comportamento das páxinas municipais nas redes sociais.

Así, destacase que en apenas dous meses de funcionamento  a web ribadumia.org  recibiu  preto  de 3.000 visitas.

 Dende o concello  remarcan  a porcentaxe de novas visitas á web, que vai en incremento; a día de hoxe un 75% son novas conexións, o que significa que esta ferramenta está tendo unha boa integración, e  moita xente  está a coñecer a páxina oficial do concello e a beneficiarse da información que alí se recolle.

  Hai que decir  que en dito portal está o apartado de transparencia onde os veciños que o desexen poden ver entre outras cousas as declaracións de bens dos diferentes membros da corporación local, e  acceder a outros documentos como  as actas dos plenos aprobadas ata o momento, ou o modelo de instancia para presentar no concello. O obxectivo é axilizar os procedementos para os veciños e que teñan á súa disposición a maior información posible. Do mesmo xeito  teñen dispoñible a información máis relevante e actualizada do  Concello, sobre actualidade ou cursos, ou a axenda cultural, por exemplo.

 Moi boa acollida da plataforma e da app.

   En canto a datos da plataforma e app, omeuconcello.ribadumia.org , son xa preto de 9000 as visitas recibidas, con varios minutos de navegación en cada unha delas, unha mostra clara do alto interese que esta xerando esta plataforma.

Dende o equipo de goberno animan  a todo o que o desexe a rexistrarse como usuario para sacar non só o máximo proveito da páxina web, se non tamén da plataforma do Concello que ademais de maior información, ofrece un servizo de alerta cando hai unha entrada nova en algún dos apartados de tal xeito que os veciños poden estar informados de todo o que acontece ou se publica de xeito inmediato.

Dito rexistro é áxil e fácil e totalmente gratuíto, así como totalmente seguro, xa que un aspecto fundamental nesta xestión e inversión foi a importancia de que a web, a plataforma e a app fosen totalmente seguras.

Importante aumento do seguimento a traves do facebook.

   Xunto a isto, destaca especialmente a presenza en redes sociais do Concello de Ribadumia, como por exemplo Facebook, onde os fans da páxina se incrementaron nun 30% nos últimos meses, e cuxas publicacións alcanzan as  13.000 persoas semanais, dato o que hai que unir o incremento das interaccións coas publicacións nun 27% , o que indica o alto interese que suscita o que se comparte neste portal, e que moitas persoas siguen a vida do concello a traves desta rede social.

   A destacar tamén que dos 3.300 seguidores da páxina do Concello de Ribadumia en Facebook ,  preto de 500 son veciños locais, e case outros tantos seguen esta páxina dende Cambados e dende Pontevedra, o cal fala dun alcance tamén moi importante mais alo do propio Concello.

13502995_970865023033888_6911081928466360420_o

Presentación da web e da plataforma dixital

  Para Enrique Oubiña,  “todos estes datos demostran varias cousas: a primeira que ese cliché tan gastado de que a vida municipal non interesa é falso, a segunda é que era necesario afondar no uso de todas estas ferramentas e mellorar a través delas a comunicación cos nosos veciños e veciñas. A terceira é que cando neste equipo de goberno decidimos apostar por estas canles de  comunicación, que ademais son un exercicio de transparencia municipal, estivemos moi acertados. fai un ano, cando nos chegamos ó goberno,  os veciños e veciñas que estaban interesados nalgunha cuestión, nalgunha liña de axuda que pudera saír, etc, tiñan que andar moi atentos, pasarse polo concello cada certo tempo, preguntar… Agora, con ler as mensaxes que chegan ó movil e o ordenador, ou seguindo ó concello nalgunha das redes sociais, xa se recibe moita información, e en tempo real ademais. Inda queda camiño por andar, e evidentemente estas ferramentas, que son complementarias ós cauces tradicionais de comunicación (bandos, comunicados, prensa, etc)  non chegan o 100% da veciñanza nin aportan todo o que dende Somos Ribadumia e dende o equipo de goberno cremos que poden chegar a aportar, pero estamos avanzando a grandes pasos, e para nos iso é unha satisfacción”.

Avances na xestión dos servizos contratados polo concello.

   O equipo de goberno do Concello de Ribadumia leva dende a súa chegada o goberno analizando os diferentes  servizos que o concello ten, para poder buscar solucións que melloren a xestión, ou contratandoa naqueles casos onde non existia pero era necesaria,  e reducir na medida do posible os elevados custos os que hai que facer fronte por estas cuestións.

   Neste sentido leváronse a cabo diferentes actuacións para mellorar o rendemento e diminución de custos fixos. O primeiro caso foi a  contratación da instalación de alarmas, mantemento das mesmas e seguimento. Antes do 2016 o servizo estaba xestionado por dúas empresas distintas, e  supuñan, ademais dun custo fixo anual de preto de 7.000 €, ter as labouras de xestión duplicadas. O cambio levado a cabo polo equipo de goberno supón centrar todo o servizo nunha única empresa encargada da instalación e mantemento. Dito cambio conleva  unha redución do custo económico  pasados os 4 primeiros anos que alcanzará o 60 %, co que en 2 anos tense recuperado a inversión.

Servizo de Control de Pragas.

   Unha das primeiras carencias de servizos que se detectaron foi a falta dun contrato para o servizo DDD ( Desinfección, desratización e desinsectación) o que supuña que en caso de aparecer algún tipo de praga se tiña que comezar a xestión de cero en cada ocasión cos retrasos e custos añadidos que isto supón na resolución do problema.

   Para evitar os inconvenientes que dita falta de prevención supuña, levouse a cabo a contratación dun servizo DDD,  que supón un custo anual aproximado de 2.600 €, e que en caso de ser preciso asegura que o Concello poida ter unha resposta rápida e sen custes adicionais. Deste xeito elimínase a incertidume e por tanto gastos adicionais innecesarios. Ademais, gracias a este contrato haberá un seguimento nas diferentes instalacións do Concello, así como actuacións sen custe algún no exterior das mesmas.

   Outros servizos tamen tiveron cambios, con  melloras tanto en custe como en xestión, por exemplo a telefonía e a xestión da calidade da auga. Para mellorar a xestión da telefonía e de internet levouse a cabo a contratación dunha empresa que realiza esta labor e que supuxo un aforro nas tarifas contratadas que se aproxima os 3.000 € anuais ademais de análises periódicos para buscar sempre melloras e maiores reducións.

  En canto ás analíticas de auga que se realizan en diferentes áreas e puntos do Concello, levouse a cabo un cambio na empresa  que realiza ditos estudos,  na liña de  redución de custes,  para  ampliar as análises realizadas, xa que a partir de agora realízanse tamén estudos de lexionela en zonas de uso de auga quente, por exemplo nas zonas de vestiarios.

  O equipo de goberno segue traballando na analise dos diferentes servizos que o Concello ten ou precisa ter, con dous obxectivos principais, primeiro  mellorar o seu funcionamento, e segundo  reducir no posible os custes destes servizos, que cada ano supoñen miles de euros, e dende Somos Ribadumia parabenizamos os concelleiros e concelleiras, pois  consideramos que neste eido, onde habia unha evidente deixadez por parte do goberno anterior, están facendo unha moi boa labor.

Preto de 200 asistentes a “XXIII Xuntanza dos Nosos Maiores”

 

  IMG-20160822-WA0017 O pasado domingo día 21 de agosto tivo lugar na carballeirade Ribadumia a XXIII Xuntanza dos nosos maiores.

  a xornada transcorreu como ven sendo habitual, este ano con mellor acompañamento por parte do tempo, o cal permitiu disfrutar do xantar e da tarde baixo a sombra da carballeira, e pasalo ben coas actividades preparadas dende o departamento responsabilidade de Enrique Oubiña, que contaron coa colaboración, ademais dos empregados municipais,  da empresa de axuda no fogar, Achega.

IMG-20160822-WA0007Ademais de ditas actividades tivose un recoñecemento para dous dos nosos maiores, neste caso o do avó recaeu en D. Ramiro Vázquez Pintos de 95 anos de idade e a avoa foi Dna. Peregrina Señoráns Piñeiro de 92 anos.

 O concelleiro Oubiña destacou  ó final da xornada  que ” como sempre os empregados municipais fixeron un excelente traballo organizando este evento, que se veu recompensado por unha boa participación por parte dos veciños, que ademais de asistir estiveron moi activos e fixeron que a xornada transcorrese nun moi bo ambiente. A uns e a outros hai que agradecerlle a súa participación”.

 

 

O pleno municipal aprobará esta tarde as axudas a entidades e clubs.

Esta tarde terá lugar, a partir das 21.00 horas, un pleno municipal extraordinario onde entre outros asuntos, vanse  aprobar as axudas a entidades e clubs.

 03032016 Estas axudas son parte fundamental do funcionamento do concello, e este ano presentan como principal  novidade a aplicación das novas bases aprobadas polo actual equipo de goberno, e un incremento sustancial nas cuantias aprobadas. O total das axudas será de 17.000€ para entidades culturais, 28.900€ para clubs deportivos, e 3.400€ máis para entidades sociais. todo isto suma un total e 49.300€ a distribuir, que supón o 85% das partidas dispoñibles nas diferentes áreas, quedando o 15% restante, ata completar o total dos 59.000€ previsto no orzamento, para cuestións excepcionais que puderan xurdir, ou se por aumento das actividades dalgunha entidade se vira necesario facer unha revisión das axudas concedidas.

No que respecta as entidades, vanse aprobar axudas para 22, todas as que fixeron a solicitude, e dous deportistas individuais; un aumento importante pois no 2015 so 13 entidades recibiron axudas municipais. Ademais, o aumentar a proporción da parte que se emprega das partidas ata o 85%, como resultado temos que todas as entidades, sempre e cando cumpran os requisitos que se lles esixe, van ver aumentado o apoio con respecto ó ano 2015, que xa foi maior que no 2014.

Hai que resaltar que este ano, gracias as novas bases aprobadas coa oposición do PP, o abanico de entidades beneficiadas increméntase, especialmente no eido social, onde agora poden optar a percibir apoio do concello entidades como Esperanza Salnés, que coas bases anteriores ficaban forá do reparto. Para Enrique Oubiña ” non podía ser que hubera unhas bases de adxudicación a entidades sociais que foran tan excluintes. Corriximos ese erro e agora calquera entidade social que realice traballo con veciños e veciñas de Ribadumia pode optar a ter apoio do concello.”. Tamen entrará no reparto de axudas o naútico O Muiño, que o PP tiña vetado coas anteriores bases, algo que o actual tenente de alcalde Enrique Oubiña denunciou nos anos de oposición “porque era unha inxustiza enorme e incomprensible, máis nun club cos éxitos e o traballo que atesoura o naútico,  e que leva a imaxe de Ribadumia por todo o mundo”. 

Como novidade tamen se propoñen dous apoios a deportistas de xeito individual, unha opción que xa figuraba nas bases anteriores, pero que pola formulación era difícil de aplicar.

Para Oubiña, “en resumo as novas bases demostran o que levamos algúns anos decindo, e o que defendemos dende Somos Ribadumia, coincidindo ademais cos criterios dos  nosos socios de goberno: é posible ter unhas bases que sexan xustas e equitativas, e que posibiliten unha valoración obxectiva, deixando ós políticos fora do proceso de valoración. Ademais o medo, alentado polo PP, a  que as novas bases perxudicaran ás entidades demostrouse absurdo, pois, tal como nos aseguramos, ó ter un proceso totalmente medible e obxectivo non queda marxe para que ningunha entidade sexa tratada mellor ou peor que as outras.”