O equipo de goberno segue traballando en corrixir a falta de regulación municipal

 No pasado pleno do día 4 de maio, aprobouse a regulación para as sinais indicadoras de empresas. Unha norma que sorprendentemente (ou xa non, logo do que se levan encontrado no Concello dende a súa entrada en Xuño do 2015) non existia e deixaba en branco unha parte do uso dos espazos públicos.

IMG_20170504_092200 - copia

Nos últimos anos, a acumulación de sinais provocou unha importante saturación algúns puntos, que o carecer de regulación acaban dando unha mala imaxe. 

No correr dos últimos anos, especialmente antes da crise,  o número de sinais indicadores de empresas no noso concello aumentou sensiblemente, especialmente no centro urbán de Barrantes e nos cruces próximos as zonas con máis actividade . Tal e como explicou durante o pleno Enrique Oubiña, “este crecemento no número de sinais resultou bastante caótico en canto a estética, pois o non ter unha norma que marcase unas cuestión básicas tales como a  superficie máxima das placas, coloracións, o número máximo de sinais en cada soporte, as características dese soporte, etc, cada empresa colocaba a sinal que consideraba.”

Algunha das consecuencias desta falta de ordenamento deu como resultado unha saturación evidente nalgúns puntos, ou que se usasen soportes pouco adecuados para a colocación de sinais, e mesmo algún sinal colocado en lugares que obstaculizan a visibilidade dos condutores e transeúntes. En resumo, Explicanos Oubiña “a deixadez neste tema do equipo de goberno anterior provocou un caos sinaléctico,  con puntos de tanta saturación que as sinais perden o seu efecto, cando non estorban a visibilidade e provocan problemas. Isto por non falar de cuestións de seguridade, pero supoño que a señora Peña eses temas non lle preocupaban demasiado.” 

Ademáis disto, carecíase de taxa “especifica” por ocupación de vía pública con sinais indicadores, taxa que si existe para outros conceptos, como as terrazas. Hai que aclarar  que en contra do que afirma o PP, efectivamente existía unha taxa xenérica por ocupación de espazo público aprobada pola propia señora Peña, pero non era nada clara, e resultaba de difícil aplicación. 

En resumo, con esta ordenanza o que se pretende é solucionar varios problemas como:

  • A mellora estética do concello
  • Proporcionar un reglamento que iguale as condicións para todas as empresas, así como as responsabilidades destas empresas e do propio Concello.
  • Establecer a correspondente taxa polo uso de espazo público, que sexa razonable, e que sexa equiparable o resto de taxas existentes por este concepto, como as de terrazas.

Deste xeito, establécense tres tipos de soporte para sinais, que serán o baixo (ata 1,20 metros), o soporte alto (ata 2,60 mt) e o tótem. Tamén existirán tres medidas para as placas, e regularase o color, que será cor violeta púrpura.

Con respecto a taxa, Enrique Oubiña explica que “O PP minte descaradamente. O prezo por colocar unha sinal é de 100€ para as empresas de Ribadumia, e inclue o soporte da sinal, que colocará e manterá o Concello, e a taxa do primeiro ano. A taxa anual posterior está para as empresas locais en 50€, un prezo moi razoable se se compara con outros concello que chegan a cobrar ata 400€ por estes conceptos. 

Para enrique Oubiña,  “unha vez publicada esta norma, e logo do proceso de adecuación, disporemos dun Concello mellor ordenado, e cunha mellor estética no que concerne as  rúas e os cruces de camiños. Esta mellora, únida os esforzo que estamos facendo en canto o mantemento dos nosos espazos públicos beneficia especialmente os nosos veciños e veciñas, que cada vez esixen máis ter un Concello ordeado e limpo que dea gusto ver, pero tamén aos visitantes de fora, que falarán de Ribadumia según a impresión que dela se leven.”

Con respecto as críticas volcadas polo PP , para Enrique Oubiña “o PP xoga o seu, que é facer demagoxia con calquera cuestión e a mentir. Os espazos públicos pertencelles a todos os veciños e veciñas, e a obriga do goberno é telos regulados. Ademais esta taxa unicamente afectará a aquelas empresas que desexen por un cartel sinalador, e ten un prezo moi razoable. A  subida do 100% que o PP nos meteu no recibo do lixo en plena crise afectou a todos os veciños, e a eles non lles pareceu inadecuada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s