Aprobado o orzamento 2017, que inclue entre as súas inversións o aumento do apoio a servizos sociais, ás entidades sen ánimo de lucro, e a “legalización da maior parte do alumeado electrico”.
- Aumentase o gasto social e o apoio a entidades sen ánimo de lucro, e contense o gasto corrente.
- Incluese unha partida de 70.000€ para solucionar a situación de ilegalidade na que o PP mantiña a maior parte do alumeado eléctrico.
- En obras, destaca a ampliación do centro de Servizos Sociais, para acoller un novo almacen de alimentos e roupa, e mellorar a xestión deste servizo, ademais de diversas obras de saneamento.
No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, foi aprobado o orzamento do municipio para o ano 2017 que ascende a case 3,5 millóns de euros.
Logo dunha exposición moi didactica apoiada no proxector, onde a concelleira de contas, Pilar Martinez, explicou á oposición e á veciñaza presente o máis salientable do orzamento, aportaronse varias conclusións.
Orzamento garantista, prudente, transparente e real, que axusta os gastos e inversións o 100% dos ingresos, mantendo así a posición e política de non endebedamento do municipio.
Deste xeito os ingresos son estimados, como en calquera presuposto, en función dos exercicios anteriores, e segundo a contabilidade destes. Neste caso, para o 2017 tivéronse de referencia ou base as ordenanzas en vigor, os padróns fiscais e liquidacións do exercicio anterior, tendo como criterio fundamental sempre a prudencia.
Tamén se reflexa xa a previsión de transferencias do estado, esto é a participación de Ribadumia nos tributos do Estado, ou os ingresos polo Plan Provincial 2017.
En canto os gastos destacan as inversións e incrementos de inmobilizado. Deste xeito, vanse levar a cabo diferentes obras de saneamento en diferentes puntos do municipio como son O Freixo ou Sisán. Obras que elevan o seu custo a outras anteriores, debido a dificultade das mesmas, xa que son conexións complicadas pola orografia do terreo, pero que é preciso levar a cabo para dar servizo a veciños ata o de agora sen él.
Sube tamén o que hai que pagar a Sogama, algo que se debe a subida do custo por tonelada de lixo que marca a administración autonómica.
Consta neste orzamento, unha partida no alumeado, que ascende a uns 7.0000 €, para legalizar instalacións eléctricas que ata o de agora eran facturados a tanto alzado, de cara a incluilos nas melloras de eficiencia enerxéticas que son unha das prioridades deste equipo de goberno.
Por outra banda a partida adicada a servizos sociais sube dos 310.000,00 €, un incremento importante con respecto a anos anteriores.
Destacar así a diminución do pago a Mancomunidade, o prescindir o servizo da retroescavadora, e adquirir unha en propiedade.
E destacar o aumento na partida adicada a entidades e institucións sen ánimo de lucro en 7000 €.
Estos orzamentos, buscan manter os servizos que os veciños de Ribadumia disfrutan ata o de agora e mellorar a xestión dos fondos públicos.
Este orzamento estará na páxina web co concello dispoñible para consulta dos veciños nos próximos días.
O final do pleno, Enrique Oubiña, que durante o debate dos orzamentos afeou ó PP a súa falta de propostas e enmendas ó documento, e total incapacidade para defender a súa postura con argumentos sólidos, mostrouse entristecido “pola actitude do PP. Este documento é o máis importante do ano, e mentres o PP se dedicou o insulto velado e a falta de respecto, incapaz de realizar ningunha enmenda ou proposta, nos mostramos as inversións en diferentes áreas que imos realizar, mellorando a calidade dos servizos e no funcionamento do concello, e avanzando na consecución de varios obxectivos, como a mellora en servizos sociais ou rematar a rede de saneamento”.
E ante a critica do PP por unha baixada na partida de emerxencia social foi taxante “Salome Peña xoga a confundir os veciños. Unha cousa son as inversións en servizos sociais, e as medidas que pouco a pouco imos implantando para mellorar a calidade do servizo, e que no seu conxunto aumentaron, e outra a partida dedicada a situacións de emerxencia social. Esa partida baixa efectivametne no orzamento ata a cantidade que foi precisa para atender a ese tipo de emerxencias durante o ano 2016, e no equipo de goberno alegramonos diso e vemolo como algo positivo. Eu agardo que a sigamos baixando en anos sucesivos, porque significará que ese tipo de actuacións son menos necesarias. Tamén hai que deixar claro que a partida non esta pechada, e se por desgracia hubera que aumentala, fariase sen problema ningún, pero traballamos cada día para que iso non aconteza. Recomendolle a señora Peña que a próxima vez que vaia a visitar o centro de servizos sociais, ademais de admirar a cor branca das paredes, se interese polo que alí estamos facendo, e tampouco estaria de máis, dado que en catorce anos de alcaldesa non tivo tempo, se informase sobre como funciona o procedemento de axuda de emerxencia social.”