Ribadumia homenaxeará os veciños que traballen en prol do Galego.

  • A institucionalización deste acto aprobouse no pasado pleno, sen o apoio da oposición.
  • O acto terá lugar todos os anos no Día das Letras Galegas.
  • Estableceuse unha formula transparente para a elección da persoa ou entidade para cada edición.
Captura de pantalla 2016-09-03 15.24.42

Captura da camara que graba os plenos municipais, e que se poden ver na canle de youtube do Concello.

Tal como explicou durante o pleno municipal do pasado xoves Mar Rey, concelleira de Cultura, ata este ano, o Concello de Ribadumia non organizou de forma directa ningún acto institucional relacionado co Día das Letras Galegas. O equipo de goberno de Ribadumia considera, sen embargo, que a defensa da nosa lingua e, por extensión, de toda a nosa cultura non pode quedar á marxe nin do funcionamento diario do Concello como institución municipal pública, nin dos actos institucionais que teñen lugar no concello ó longo do ano.

Ademais do xa dito sobre o traballo na administración local , onde hai que deixar constancia de que o uso do galego está perfectamente integrado e normalizado a todos os niveis, e da necesidade de organizar actos onde se poña de relevancia a importancia do noso idioma, o equipo de goberno considera que non podemos deixar na marxe da historia a todos eses veciños e veciñas, ou a diferentes entidades, que ó longo dos anos realizaron un traballo de posta en valor ou conservación da nosa lingua. Por este motivo, considerando  que debe haber un acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas e que este acto ten que ter como eixo o recoñecemento a estas persoas ou entidades, o equipo de goberno presentou no pasado pleno unha moción co obxectivo de institucionalizar e asentar as bases para a organización deste acto. En concreto adoptouse o seguinte acordo:

  • Establecer un acto de homenaxe, denominado “RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”, que sirva para homenaxear de xeito anual a veciños ou veciñas que, pola súa traxectoria vital, merezan ser recoñecidos como defensores da nosa lingua.
  • Establecer as BASES que, de xeito transparente, enmarquen a celebración deste acto, así como a fórmula de elección da persoa, persoas ou entidades que cada ano serán recoñecidas.

   As bases aprobadas establecen entre outras cousas a responsabilidade do goberno da organización do acto, as súas características e a formula de elección da persoa ou colectivo á que en cada edición se lle renderá homenaxe.

   Hai que salientar que a formula permite que unha persoa ou colectivo, dos que se deberá dar proba do seu traballo en prol da lingua galega,  sexan propostas por:

  1. equipo de goberno do Concello de Ribadumia.
  2. a petición conxunta de catro concelleiros.
  3. unha petición razoada e xustificada dun organismo oficial, entidade ou asociación legalmente constituída, que se presente avalada pola sinatura de 100 veciños.
  4. unha petición subscrita por un número de veciños que represente, cando menos, o 3% da poboación do Concello de Ribadumia no momento de presentaren a proposta.

 

   As propostas deberán realizarse no primeiro trimestre de cada ano. Logo o equipo de Cultura analizará todas as propostas para  que aquelas que cumpran os requisitos pasen a Comisión Informativa de Cultura, onde están representados todos partidos,  para a elección final.

 Tal como explicou Enrique Oubiña, dende o equipo de goberno estamos  establecendo bases de funcionamento transparentes para os actos institucionais, como xa se fixo tamén co “acto de homenaxe as mulleres traballadoras de Ribadumia”, o cal permite  eliminar a politización  deste tipo de actos. E iso  debe ser o que lle molesta ó PP que, incapaz de apoiar unha moción deste tipo a pesares de que se incluiron as súas dúas propostas,  de que gracias a esta norma van poder participar do proceso de elección cada ano, e de que o primeiro que dixerón foi que actos deste tipo eran moi necesarios, saiunos co peregrino, por non decir ridículo,  argumento de que …atención… o titulo, “Moción do equipo de goberno para a institucionalización dos actos municipais do Día das Letras Galegas e da GALA-HOMENAXE RIBADUMIENSES EN PROL DO GALEGO”,  non lles parecia coherente(!), que ven a ser como decir que non lles gustaba a cor da tinta coa que estaba escrita. 

O primeiro homenaxeado; Dositeo Valiñas.

   Para a primeira “Gala-Homenaxe Ribadumienses en prol do Galego” que terá lugar o 17 de Maio, as 20:horas, no Auditorio de Ribadumia, non daba tempo físico para realizar a elección da persoa ou colectivo seguindo as bases aprobadas o pasado xoves, polo que o equipo de goberno optou por elixir para este recoñecemento a unha persoa que xerara consenso. Dositeu Valiñas, párroco de Ribadumia e Leiro, foi un precursor das liturxias en galego, nun momento histórico onde o uso da nosa lingua non estaba ben visto, e dende un ámbito, o relixioso, que nesa época tiña unha gran influencia social, máis especialmente se cabe en Galicia. A súa traxectoria como defensor da nosa lingua é innegable, e por ese motivo o equipo de goberno acordou que debería ser el quen tivera a honra de recibir este primeiro recoñecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s