Category: Sen clasificar

Poñemos en marcha un proceso aberto para elixir á persoa que será candidata nas próximas eleccións municipais.

 Na xuntanza celebrada onte co obxectivo de definir os primeiros pasos de cara as eleccións municipais tomáronse varios acordos. Un deles foi a concreción  dun  proceso que se abre a partir de hoxe co obxectivo de nomear a persoa que será cabeza de lista e candidata a alcaldía de Ribadumia nas próxima seleccións.

   Este proceso consta de dúas partes diferenciadas, a presentación de candidaturas e a elección de candidata ou candidato. Para a presentación de candidaturas abriuse un prazo, ata o 30 de outubro, para que aquelas persoas que o desexen poidan candidatarse. Para elo, solo teñen que cubrir un formulario elaborado a tal efecto, que se pode descargar da páxina web, ou solicitalo expresamente aos membros da Comisión Executiva. A convocatoria é aberta e con poucos requisitos, soamente os legais esixidos para poder presentarse nunha eleccións e aceptar  as condicións establecidas nos Documentos Organizativos e Fundacionais, que recollen uns principios éticos e democráticos.

    Unha vez transcorrido o prazo procederase a elección de candidata/o. Salvo no caso de que soamente houbera unha candidatura, que pasaría a quedar proclamada de xeito automático, o seguinte paso será abrir un prazo de tres semanas para que as persoas que se presenten poidan dirixirse a base de Somos Ribadumia e pedir o apoio á súa candidatura, logo das cales se convocará unha asemblea extraordinaria, onde se decidirá seguindo as canles establecidas estatutariamente, ben por consenso, ou de non ser posible por votación.

    O obxectivo é que o proceso estea rematado a finais de novembro. As bases do proceso estarán colgadas a partir de hoxe para a súa consulta, nesta web. Tamén se habilitaron dous teléfonos de contacto , 696 696 730  e 605 782 167.

  Sinatura do convenio de colaboración con En Marea.

Por outra banda, outra das cuestións aprobadas na asemblea foi a sinatura do convenio de colaboración de Somos Ribadumia, que coa súa legalización estes días  como forza política sae do paraugas de Participación Democrática Directa de Galicia e colle plena autonomía legal, con En Marea de cara ás eleccións municipais. Dito acordo, colaborativo, non de integración,  non supón ningunha merma na independencia de Somos Ribadumia, que vai manter o seu carácter local, transversal e independente co que naceu e refrendado nos seus documentos e en varias asembleas, pero vai facilitar o desenvolvemento, especialmente na parte burocrática,  da campaña electoral.

 

Marquesiñas limpas e máis e mellores taboleiros de información.

   Nos últimos días estase  procedendo o limpado das máis de 20 marquesiñas situadas ó longo de todo o municipio, co obxectivo de mellorar a  imaxe destas e da contorna na que se sitúan,  retirando a cartelería e lavando as cristaleiras e bancos. Ademais disto, na modificación de crédito aprobada en pleno o pasado xoves incluiase unha partida para proceder a substitución de varias das marquesiñas máis antigas, que no seu día se realizaron en chapa ondulada, e que co paso dos anos van presentando problemas como goteiras ou partes oxidadas, e xa é momento de renovalas.

   Estase procedendo tamén a colocacións en cada marquesiña dun aviso de prohibido fixar cartéis para evitar a mala imaxe que xera a súa acumulación.

IMG_20180912_143548_486

   Enrique Oubiña, responsable da área de urbanismo  recordábanos estes días  que cando chegamos  ó goberno, máis da metade das marquesiñas presentaban cristais danados, así como outros defectos froito do desgaste, e do total abandono no que o PP tiña estes espazos, que non debemos esquecer que son usados maiormente por nenos e nenas, e solucionar todos eses defectos supuxo unha  inversión de case 5.000€. Coa prohibición de pegar carteis nas marquesiñas aforraremos en traballos de limpeza, pero sobre todo, e o máis importante ,  melloraremos a súa imaxe, e por extensión a imaxe do noso concello.”

 

Máis e mellores tableiros de anuncios.

   Por outra banda nas últimas semanas tamén se procedeu ó cambio dalgúns dos máis de 50 tabolerios de anuncios que temos no concello, debido ó seu deterioro, e a colocación de varios máis, dando resposta así a distintas demandas veciñais. Ante a limitada durabilidade dos taboleiros de madeira, optouse por mudar de modelo, mantendo a  estética pero cambiando o material do que están feitos,  que pasa a ser de aluminio,  máis resistente ó clima, e de mantemento máis sinxelo. O resto de taboleiros, iranse substituindo polo novo modelo según se vaian deteriorando.

Este xoves decidiremos a nosa formula para presentarnos ás eleccións municipais.

 A Comisión Executiva de Somos Ribadumia ven de convocar unha xuntanza extraordinaria para este próximo xoves 13 de setembro, no centro social de Barrantes  a partir das 20:30 horas.

  Os obxectivos desta xuntanza son, por un lado,  definir o xeito no que a plataforma se presentará ás próximas eleccións municipais, ben en solitario ben reunidos con outras forzas, en cuxo caso haberá que definir de que xeito e en que condicións.

   Por outra banda, tamén se definirá a formula para a escolla de candidato ou candidata, e se darán os primeiros pasos para ir traballando o proxecto político co que presentarse as eleccións, así como outras cuestión de cara a  organización da campaña electoral.

   Este encontro, como todos os demais será aberto á cidadanía, á que convidamos a participar nun proceso que nos levará a presentar, un proxecto de futuro para Ribadumia baseado na necesidades da nosa veciñanza e na experiencia de goberno.

cartel

Aprobado o fraccionamento de tributos e un plan personalizado de pagos dos impostos municipais

  •  a nova ordenanza xeral de recadación, así como o calendario fiscal de 2019, presentan importantes novidades que buscan facilitar aos veciños e veciñas o pagamento dos tributos municipais.

   O Equipo de Goberno presentaba durante a última Sesión Ordinaria do Pleno Municipal unha proposta que permitirá o fraccionamento de tributos e un plan personalizado de pagos dos impostos municipais, ampliando así as posibilidades de veciños e veciñas para realizar os correspondentes abonos máis alá da norma xeral en vigor.

Pleno Ribadumia

   No primeiro caso, todo aquel que o desexe terá a posibilidade de fraccionar calquera dos impostos recadados polo Concello en dous prazos, sempre que se cumpran as seguintes condicións: o importe do recibo debe ser igual ou superior a 120€; os pagamentos teñen que ser domiciliados e o servizo solicitado polo titular da conta; non poden estar incluídos nun plan de pago personalizado, ter sancións pendentes co Consistorio ou estar en período executivo. Así mesmo, desempregados sen prestación, beneficiarios de pensións non contributivas ou contributivas ou de viuvez por baixo do salario mínimo interprofesional e perceptores de axudas de emerxencia social como o RISGA ou semellantes, poderán realizar o ingreso ata en catro prazos. En calquera dos casos, non se cargarán intereses.

   En canto ao plan personalizado de pago, recollerá todos os tributos municipais a excepción do de auga e poderá ser solicitado por calquera veciño ou veciña que non se adhira ao fraccionamento, que non teña débedas co Concello e que teña o pagamento domiciliado. Neste caso, realizarase una suma de tódalas taxas do exercicio fiscal anterior, que poderá ser dividida en de dous a seis prazos, pagando sempre o primeiro recibo o 1 de marzo e o último o 1 de outubro. Ademais, poderá solicitarse e suspenderse en calquera momento, sempre que se atope en período de pago voluntario. Non obstante, a súa entrada en vigor terá lugar no exercicio fiscal seguinte ao do momento de pedilo se esta solicitude se realiza con posterioridade ao 31 de xaneiro.

   Con estas propostas, tal como explicaba Oubiña á saída do pleno, “damoslle unha importante volta ó servizo de recadación, mellorando e moito as restriccións que os nosos veciños  veciñas tiñan cando a xestión a levaba o ORAL. Ademais modificamos o calendario para adecualo á realidade da nosa veciñanza, evitando que os prazos de pagamento coincidan coas epocas de máis carga económica, como o inicio do colexio ou o nadal.”