Category: Sen clasificar
Ribadumia e A Illa suman forzas na defensa do servizo de pediatría
Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa conxunta dos Concellos de Ribadumia, e A Illa, que contou ademais coa presenza dunha das facultativas do centro de saúde, para anunciar medidas de protesta ante a situación inadmisible que está pasando a consulta de pediatria dos dous concellos, que dende fai anos comparten un único facultativo, que causou baixa fai mes e medio sen que o SERGAS fora quen ata o de agora de aportar unha solución permanente.
O desbaraxuste co pediatra, que obriga as nais e pais do noso concello a desprazarse a Cambados e, en moitos casos, a dirixirse directamente a urxencias para poder conseguir unha atención minimamente adecuada, sumase á situación xa delicada que atravesa o noso centro de saude, pois dende o verán non se cubren as baixas ou vacacións dos facultativos, provocando cando estas circunstancias se dan que a facultativa que queda sature a súa consulta, con evidentes e longos atrasos nas citas, ademais de ter que deixar o centro desaúde sen atención cando xorde unha urxencia. EN palabras da propia facultativa “vamos capeando, e de momento non pasou nada, que a situación é dificil”.
Na rolda de prensa tamén estivo presente un grupo de nais e pais que compartiron cos cargos públicos presentes a situación a que se enfrontan cos seus nenos, con cuestións inaprazables como os calendarios de vacinas, que non se sabe como se van resolver.
A intención dos dous gobernos e poñer en marcha unha recollida de sinaturas para que a nosa veciñanza poida sumarse a unha protesta colectiva que pretenden presentar ante o conselleiro de sanidade, o que lle van solicitar conxuntamente unha reunión para falar destes temas.
As veciñas e veciños que queiran aportar a súa sinatura e sumarse así a estas protestas, terán nos próximos días as follas para asinar nos centros de saúde dos dous concellos, farmacias e instalacións municipais.
Tal como expoñia Enrique Oubiña ,“imos facer toda a forza que sexa necesaria, e agardo que o Conselleiro se digne a reunirse con nos e nos ofreza algo máis que as escusas que leva meses ofrecendo ante a grave situación da sanidade galega. Pero en Somos Ribadumia non somos ilusos, nin temos demasiada confianza, pois toda esta situación, que non é nova, e que se esta repetindo en centos de centros de saúde en toda Galicia, obedece a unha instrución superior e a unha liña política orientada a desarticular a sanidade pública”.
Por ese motivo, dende Somos Ribadumia animamos a toda a veciñanza a participar de todas as iniciativas que se tomen en defensa da nosa sanidade e en concreto do correcto funcionamento do noso centro de saúde. A movilización cidadá é clave para conseguir que o PP mude o rumbo de actuación.
Pola nosa banda, estamos dispostos a chegar onde sexa preciso e esixir as responsabilidade políticas que sexan necesarias, como levamos demostrando tempo. No seu momento xa trasladamos ós nosos socios de goberno unha moción elaborada en conxunto con outras mareas da comarca esixindo solucións e responsbilidades, que en breve irá a pleno, e participamos en diferentes actos de denuncia e protesta, o último fai unhas semanas en Cambados, e imos a seguir nesa liña, para o que contamos ademais co apoio do grupo parlamentar de En Marea.
Novas medidas para facilitar o pago das taxas municipais.
O goberno municipal do que Somos Ribadumia forma parte está facendo chegar nestes días a todas as casas do municipio un díptico informativo sobre o Plan de pagos personalizado creado para darlles facilidades aos veciños á hora de cumprir coas súas obrigas tributarias.
As solicitudes do Plan de pagos personalizados poderá facerse entre o 1 e o 31 de xaneiro e a adhesión a el é voluntaria.
Dito plan, tal como se explica no diptico, permite unificar recibos municipais de vehículos, lixo, IBI urbana e rústica así como ó IAE nun solo recibo e fraccionar o seu pago entre 2 e 6 cotas, e ademais este fraccionamento está exento de intereses. Así pois, as persoas que se adhiran a este plan realizaran os pagos entre os meses de marzo e outubro, vía cargo bancario, un xeito máis comodo que aforra desprazamentos e molestias.
No folleto informativo, ademais de explicar o procedemento para acollerse a este plan, os prazos, etc, inclúese tamén o calendario fiscal para o 2019, coas datas de cobro de cada un dos recibos, unha información que ás persoas que non queiran adherirse o plan de pagos tamén pode resultarlle de utilidade.
Quen o prefira, ou precise calquera aclaración, pode dirixirse á oficina de recadación municipal, aberta na casa consistorial a raíz da remunicipalización do cobro de impostos, unha medida que ademais de xerar un importante aforro con respecto a xestión externa, permite unha atención moito páis cercana as nosas veciñas e vecños.
Para Enrique Oubiña “Dende o goberno municipal podíamos aportar melloras á xestión dos impostos municipais, facilitando os trámites e as formulas de pago para que resultara o menos lesiva posible, e ademais evitando sobrecargar de recibos o último trimestre do ano, que é cando as familias xeralmente fan fronte a maiores cargas económicas, polo inicio do curso escolar e o Nadal. Podiamos facelo e fixemolo, o cal demostra que os gobernos municipais, a pesares das nosas limitacións e do que algúns políticos con máis ansias de poder que de traballar digan, inda temos marxe para axudar ás familias .”
9.000 € para renovar o equipamento audiovisual do auditorio
O equipo de goberno informou de que nestes días procedeuse á renovación de parte do equipamento no Auditorio de Ribadumia, mellorando os elementos que corresponden coa proxección audiovisual.
O equipo instalado consta de un proxector complementado cunha lente de media distancia e un novo soporte. Estes equipos, que van supor unha importante mellora na calidade das proxeccións, complementase cun ciclorama (pantalla en formato cinematográfico de 12×8 metros) que aumenta o formato actual ata ocupar toda a superficie dispoñible na traseira do escenario, co cal o auditorio achegase ó formato dunha sá de cine. Este era un paso necesario pois unha das actividades que máis aceptación ten da programación habitual é precisamente a proxección de cine familiar.
Para esta adquisición o Concello de Ribadumia investiu arredor de 9.000 €. Actuación que se suma á liña das melloras continuas que se realizan dende o equipo de goberno, como as recentes melloras na biblioteca municipal, co obxectivo de ofrecer a mellor calidade de servizo nas instalacións municipais, xa non só para a programación de espectáculos, se non para cursos formativos ou xornadas que se levan a cabo o longo do ano, tanto por parte do concello como das diferentes asociacións.
Enrique Oubiña considera que “con esta liña de actuacións estamos seguindo un obxectivo fundamental que é tamén unha necesidade: manter e actualizar as instalacións municipais.”
Dende Somos Ribadumia lamentamos que as actitudes políticas estean bloqueando o funcionamento da mesa mancomunada contra a violencia de xénero.
No mediodía de onte, o concelleiro de Servizos Sociais comunicábanos que viña de recibir aviso a través do CIM de que a xuntanza prevista para este martes da mesa mancomunada contra violencia de xénero foi suspendida debido a que varias das partes convocadas finalmente no ían estar presentes. Logo de comprobar que detrás destas ausencias hai un movemento político, queremos facer as seguintes declaracións:

xuntanza anterior da mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero
- Dende Somos Ribadumia non solo mostramos publicamente a nosa repulsa ante a actitude de Gonzalo Durán e as súas lamentables declaracións, que van máis alo do comentado sobre a presidenta da Deputación, se non que xa no seu momento, concretamente nun comunicado emitido o 8 de outubro, pedimos que tanto o seo da mancomunidade do Salnés como o propio PP , tomaran medidas para que esa persoa fora apartada do seu cargo de presidente da mancomunidade, e pedimos a súa dimisión como alcalde. Neste sentido entendemos e compartimos o malestar do Psoe por ter que compartir espazos con determinadas persoas, como Gonzalo Durán, que representan o oposto á loita contra a violencia de xénero.
- O que non podemos compartir é que ese malestar leve a bloquear dende o ámbito político o funcionamento das ferramentas chamadas precisamente a mellorar os mecanismos contra a violencia machista e o apoio ás vítimas.
- Cabe recordar que a mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero é unha mesa de carácter técnico, non político, inda que as institucións ,por motivos obvios, deben estar representadas. Por outra banda, hai que destacar a súa función, pois ademais de ser unha iniciativa pioneira no estado, supón un importante punto de encontro entre moitas entidades e administracións, que vai permitir a toma de medidas coordinadas e o establecemento de mecanismos de axuda moi necesarios para as vítimas de violencia.
- Dende Somos Ribadumia somos conscientes do esforzo necesario para poder conseguir unha mesa deste tipo, debido a dificultade de coordinar a tantas institucións e representantes. Pola nosa banda lamentamos esta situación e pedimos desculpas ó persoal do CIM, que están a facer un traballo encomiable, e a todos os colectivos convocados por este problema, que non deixa de ser unha cuestión puntual, e en especial ás entidades de apoio ás vítimas como ESMAR, que confiaban en que esta mesa conseguira melloras nos mecanismos de actuación e que nos consta que contaban ademais con conseguir o apoio de todas as partes na súa loita para conseguir un punto de encontro familiar, aproveitando neste caso a presenza da consellería de igualdade da Xunta de Galicia.
- Dende Somos Ribadumia, pola parte que nos toca, imos a seguir traballando para que a mesa se convoque canto antes, pois ten unha importante labor por diante, e que nela estean presentes todas as partes, pois entendemos como vital que esta loita se desenvolva dende todas as frontes, e dun xeito coordinado.
