Dende Somos Ribadumia lamentamos que as actitudes políticas estean bloqueando o funcionamento da mesa mancomunada contra a violencia de xénero.

No mediodía de onte, o concelleiro de Servizos Sociais comunicábanos que  viña de recibir aviso a través do CIM de que a xuntanza prevista para este martes da mesa mancomunada contra violencia de xénero foi suspendida debido a que varias das partes convocadas finalmente no ían estar presentes. Logo de comprobar que detrás destas ausencias hai un movemento político, queremos facer as seguintes declaracións:

pres-mesa-local1

xuntanza anterior da mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero

  • Dende Somos Ribadumia non solo mostramos publicamente a nosa repulsa ante a actitude de Gonzalo Durán e as súas lamentables declaracións, que van máis alo do comentado sobre a presidenta da Deputación, se non que xa no seu momento, concretamente nun comunicado emitido o 8 de outubro, pedimos que tanto o seo da mancomunidade do Salnés como o propio PP , tomaran medidas para que esa persoa fora apartada do seu cargo de presidente da mancomunidade, e pedimos a súa dimisión como alcalde. Neste sentido entendemos e compartimos o malestar do Psoe por ter que compartir espazos con determinadas persoas, como Gonzalo Durán, que representan o oposto á loita contra a violencia de xénero.
  • O que non podemos compartir é que ese malestar leve a bloquear  dende o ámbito político o funcionamento das ferramentas chamadas precisamente a mellorar os mecanismos contra a violencia machista e o apoio ás vítimas.
  • Cabe recordar que a mesa mancomunada de coordinación contra a violencia de xénero é unha mesa de carácter técnico, non político, inda que as institucións ,por motivos obvios, deben estar representadas. Por outra banda, hai que destacar a súa función, pois  ademais de ser unha iniciativa pioneira no estado,  supón un importante punto de encontro entre moitas entidades e administracións,  que vai permitir a toma de medidas coordinadas e o establecemento de mecanismos de axuda moi necesarios para as vítimas de violencia.
  • Dende Somos Ribadumia somos conscientes do esforzo necesario para poder conseguir unha mesa deste tipo, debido a dificultade de coordinar a tantas institucións e representantes. Pola nosa banda lamentamos esta situación e pedimos desculpas ó persoal do CIM, que están a facer un traballo encomiable, e  a todos os colectivos convocados por este problema, que non deixa de ser unha cuestión puntual, e en especial ás entidades de apoio ás vítimas como ESMAR,  que confiaban en que esta mesa conseguira melloras nos mecanismos de actuación e que nos consta que contaban ademais con conseguir o apoio de todas as partes na súa loita para conseguir un punto de encontro familiar, aproveitando neste caso a presenza da consellería de igualdade da Xunta de Galicia.
  • Dende Somos Ribadumia, pola parte que nos toca, imos a seguir traballando para que a mesa se convoque canto antes, pois ten unha importante labor por diante, e que nela estean presentes todas as partes, pois entendemos como  vital que esta loita se desenvolva dende todas as frontes, e dun xeito coordinado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s