Unha contundente resolución do Defensor del Pueblo deixa en evidencia a David Castro .

  • O informe de resolución asinado por Ángel Gabilondo, deixa claro sen lugar a dúbidas que David Castro impide o acceso ao rexistro a Enrique Oubiña sen xustificación algunha, e que non cumpre a lexislación ao respecto.
  • O Concello de Ribadumia e David Castro figurarán no informe anual do Defensor del Pueblo polas súas prácticas antidemocráticas e de atentado contra os dereitos de Enrique Oubiña.
  • David Castro, unha vez máis, créese por enriba do ben, do mal, e dos funcionamentos democráticos.

Logo de dous anos dando escusas e largas, David Castro rematou coa paciencia do Defensor del Pueblo, que nunha última resolución (podes leela completa aquí) relativa a unha queixa que iniciamos dende Somos Ribadumia en novembro de 2020, motivada polo bloqueo de acceso ao rexistro ao que o actual alcalde somete a Enrique Oubiña, deixa claro e sen lugar a interpretacións que David Castro está actuando de maneira interesada e sen xustificación posible.

    Ao longo destes dous anos, David Castro puxo todo tipo de escusas, dende o moi socorrido covid-19, ata problemas informáticos e de falta de recursos, chegando a mentir dicindo que se nos había dado resposta positiva e se nos ía permitir acceder ao rexistro, ata que finalmente, en marzo deste ano, o Defensor del Pueblo recomendoulle que para cumplir a lexislación vixente, lle permitira a Enrique Oubiña o acceso as entradas e saídas do rexistro municipal que como a calquera concelleiro e concelleira lle corresponde democrática e legalmente.  David Castro ignorou tal recomendación, e deixou de responder durante meses  aos requirimentos do Defensor del Pueblo. Non so iso, ademais en varios plenos municipais chegou a declarar que non ía permitir ese acceso a Enrique Oubiña baixo ningún concepto.  Finalmente, ante a insistencia do Defensor del Pueblo, en un burdo intento de seguir gañando tempo, David Castro volveu responder con escusas usadas anteriormente, que desta volta non lle serviron.

    Esta pasada semana, o Defensor del Pueblo enviou comunicación ao Concello de Ribadumia e a Enrique Oubiña, onde nunha última resolución di cousas como estas que expoñemos de maneira literal:

“… el citado consistorio se muestra renuente a aceptar la Sugerencia formulada hace más de ocho meses y así retrasa sin justificación una posible actuación conforme a la misma”.

“…una presunta falta de medios personales no puedeservir de justificación total para no dar cumplimiento a la Sugerencia formulada, máxime cuando ese ayuntamiento ha podido adoptar medidas para garantizar el cumplimiento de la Sugerencia desde el mes de marzo pasado, fecha desde la que conoce la Resolución emitida”.

“… teniendo en cuenta que el libro registro de entradas y salidas está informatizado y que los datos que contiene, por lo general, pueden ser cedidos a usted (en referencia a Enrique Oubiña) como edil al no tener la consideración de datos de categoría especial, su puesta su a disposición no deja de ser un trabajo ordinario de ejecución rápida, que no justifica la necesidad de ampliar efectivos”.

“…no parece razonable demorar sine die, con dicha justificación, la entrega de un listado del registro que no contiene más datos que la identificación del interesado, del órgano administrativo remitente y de la persona u órgano administrativo al que se envía, así como una referencia al contenido del documento que se registra.”

“… dado que esta institución entiende que de la respuesta aportadano se deducen elementos que desvirtúen los términos de la queja ni que alteren el fundamento de la Sugerencia formulada y que no ha sido posible una resolución de ese consistorio adecuada a la propuesta formulada por el Defensor del Pueblo, de conformidad con el artículo 30 de la Ley Orgánica 3/1981 se incluirá este asunto en el informe anual a las Cortes Generales y se dan por finalizadas las actuaciones.”

Gracias a David Castro este concello e o seu goberno van figurar de xeito moi negativo no informe deste 2022 que se presentará no seu momento ante o senado, deixándonos en vergoña e dando a imaxe, ademais real e xustificada documentalmente, dun Concello antidemocrático onde o alcalde actúa como un cacique dos anos sesenta e pon todo tipo de trabas aos concelleiros da oposición para cumprir coa súa labor de servizo público.

   Para a nosa formación, esta non deixa de ser outra mostra do lamentable goberno de Ribadumia, un goberno dictatorial e completamente fora da realidade, con actuacións fora de toda lei, dirixido por un David Castro que non so converteu o Concello nun caos administrativo e de xestión a todos os niveis, senón que,   como vimos estes días, xa nin sequera é capaz de controlar ao seu propio equipo.

One comment

  1. Pingback: O xulgado obriga a David Castro a darlle a Enrique Oubiña acceso ao rexistro municipal. | Somos Ribadumia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s