Ribadumia ten o alumeado de nadal máis cutre polo prezo máis alto.

  • Un ano máis, o goberno local contrata un alumeado de nadal desfasado de toda moda, escaso e caro.
  • Mentres o resto de concellos da comarca gastan entre 2 € e 3’7 € por habitante no alumeado de nadal, Ribadumia gasta máis de 4 €.
  • O alumeado de Ribadumia custa 22.000 €, o mesmo que o do grove, 2.000 € máis que Vilanova, e  5.000 € máis que Meaño ou Meis.

  A decoración de nadal, e en concreto o alumeado, é un elemento fundamental nestas datas, que sirve para dar dinamismo á vida dentro do concello, xeran ilusión nos nenos e nenas e anima o comercio local, algo moi importante nestes tempos de compras a través das grandes plataformas. Sen mirarse no espello de Vigo, que xoga noutra liga, a realidade é que todos os concellos da comarca levan anos apostando por unhas decoracións de nadal de última xeración, que vaian acordes aos tempos, sexan bonitas, e alegren a vida nos centros urbanos e nas parroquias, e todo isto sen disparar o custe económico.

  Todos menos un. Porque Ribadumia, un ano máis, volveu apostar por unha decoración desfasada, cutre, escasa e con moitos problemas eléctricos. E por se fora pouco, sae moito máis cara que a de calquera concello veciño.

   Tal como explica Oubiña, “non se trata de que as persoas que entren en Ribadumia se encontren un recibimento como o que encontramos ao chegar a Cambados, pero tampouco que esteamos no extremo contrario e ao chegar a Ribadumia topemos unha figura dun papa-noel aforcado coas luces medio fundidas, ou a dunhas cadeas cun pedrolo colgado, que tanto valen para o nadal como para unha verbena de verán. E o mesmo sirve para os grandes espazos públicos. Outros anos aínda se colocaba na praza do concello algunha figura grande, baixo a que facerse fotos ou que dera xogo a cativada, pero este ano non pasamos dun pau cunha estrela na punta e unhas tiras de luces de resistencia discutible. E das parroquias mellor nin falar, no canto de alegrar os núcleos, e dar algo de vida ao resto, o goberno local optou por colocar luces repartidas sen xeito nen dereito, e con fundidos recorrentes, das luces e moitas veces provocando o apagado do alumeado público, dando unha imaxe peor que se non puxera ningunha. En xeral, a imaxe do alumeado de Ribadumia – xa dende fai tempo – é a de que nos colocan o refugallo que o resto non quere”.

  Dende Somos Ribadumia poderiamos entender certo recato a hora de contratar a iluminación se falaramos dunha cuestión de orzamento económico, nun concello con problemas e coas partidas moi limitadas. Pero non é o caso. Non o é porque o Concello pode economicamente facer fronte a unha iluminación en liña coas dos concellos da contorna, de feito ten consignada no orzamento unha partida suficiente. E esa é outra cuestión que nós queremos por de relevancia: o custe do alumeado de nadal. Porque ademais de ter o alumeado máis cutre, resulta que Ribadumia é o Concello que mais caras paga as luces, 22.000€ contra 18.000 que por exemplo vai pagar Meis, un concello que case cos mesmos habitantes, cuadriplica a Ribadumia en superficie e núcleos de poboación. En xeral, Ribadumia gasta máis por habitante que calquera dos concellos da contorna, sendo o único concello cun custe por habitante superior aos 4€, mentres que o resto de Concellos da comarca se move entre 2€ de O Grove e os 3,7€ de Meis. Segundo os datos ofrecidos polos propios concellos, que David Castro oculta interesadamente, sen contar Vilagarcía e Cambados, os dous concellos máis grandes da contorna, Ribadumia vai gastar o mesmo que o Grove (11.000 habitantes),  2.000 euros máis que Vilanova (10.300 habitantes), e ao redor de  5.000 € mais que os concellos similares en poboación, Meis, Meaño e a Illa.

 En resumo, unha pésima xestión dos recursos públicos, que deixan ao noso concello no vagón de cola navideño. Neste aspecto  temos constancia de que o comercio e a hostelería locais tampouco están moi contentos, nin co alumeado, nin en xeral coa campaña navideña do Concello, sen actividades de lecer, pois unicamente mantén vellas propostas, con recursos económicos irrisorios,  sen aportar nada relevante  e que nin sequera se molesta en dispor unha ambientación dos espazos públicos  algo acorde aos tempos. O resultado disto, para desgusto de comerciantes e hostaleiros, é que se benefician concellos veciños que si apostan por atraer xente, ou cando menos por evitar que veciñanza local fuxa aos concellos veciños.

 Para Oubiña “a campaña de nadal de Ribadumia non deixa de ser outro exemplo da nula implicación do goberno local con Ribadumia e co comercio local, e da incapacidade de David Castro e do seu equipo para xestionar o Concelllo. Por certo, a concelleira supostamente  responsable da cuestión do nadal, leva sete anos e medio  con ese cargo e oito nadais, e ademais leva toda esta lexislatura liberada e cobrando salario público. Cobrando para que? preguntase hoxe a veciñanza, e eu tamén mo pregunto”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s