Miguel Castro, concelleiro do goberno local, ameaza abertamente a Enrique Oubiña nunha cafetería de Barrantes.

  • O concelleiro de Independientes achegouse a Oubiña e ameazouno con “sacarlle os dentes”.
  • Lamentable actuación que non podemos aceptar.
  • Esiximos a dimisión inmediata dese concelleiro, e que o alcalde e o goberno condenen estes feitos.

Estar tomando un café tranquilamente nun bar, e que un concelleiro doutro partido se achegue a ti e te ameace con sacarche os dentes sen máis explicación. Isto foi o que tivo que vivir o noso voceiro esta mesma mañá, uns feitos polos cales Enrique Oubiña xa cursou a correspondente denuncia ante a Garda Civil, e os cales dende Somos Ribadumia queremos denunciar e por suposto pedir responsabilidades políticas .

   Non aceptamos a violencia. Non aceptamos que en democracia se faga uso da violencia, en ningún caso, nin violencia física nin violencia verbal, nin doutro tipo. Non aceptamos que unha persoa ameace a outra polo simple feito de pensar distinto. Non aceptamos que unha persoa ameace a outra polo simple feito de participar na vida política do seu  concello. E dende logo non aceptamos que quen ameace sexa un cargo público, elixido democraticamente. Este tipo de actitudes non poden producirse nunca, pero menos dende o ámbito político. E só sirven para incitar ao uso da violencia  e crear división entre a veciñanza.

   Un concelleiro non pode comportarse dese xeito. Por ese motivo esiximos a dimisión inmediata de Miguel Castro, e de non dimitir, que David Castro o cese dos seus cargos e o expulse do goberno local. E por suposto, agardamos que David Castro e o resto do seu equipo condenen estes actos de maneira categórica.

  Aínda que  non somos moi optimistas. Hai que recordar que esta non é a primeira vez que dende IR se ataca desta maneira ao noso voceiro. En xuño do 2021, dous individuos, un deles irmán dunha concelleira de IR, logo de que a Garda Civil os desaloxara dunha festa que estaba tendo lugar en horario restrinxido pola pandemia na casa do propio alcalde, proferiron ameazas de todo tipo contra Enrique Oubiña diante da súa vivenda, nun episodio lamentable ante o cal David Castro non só evitou calquera tipo de condena, senón que nun pleno forzado pola oposición, chegou a xustificar estes feitos.

  Pola nosa banda non imos entrar nese tipo de dinámicas, pero tampouco imos nin amedrentarnos, nin ficar calados.

 Porque se isto é o que fan cun cargo electo e a unha persoa como Enrique Oubiña, non queremos pensar o que poden facer con outros veciños e veciñas nosas que vivan unha, situación de máis debilidade.  Dende logo, ante a violencia, nós decimos democracia, e seguiremos ao carón da nosa veciñanza, por iso que dende aquí advertimos aos Independientes de que esas actitudes con nós non van a ningures. E facemos un chamamento público á nosa veciñanza para que non se deixen levar por esas actitudes. Somos veciños e veciñas uns dos outros, e non avanzaremos como sociedade se permitimos que as diferencias políticas nos leven a este tipo de enfrontamentos.

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s