Iniciamos o proceso de elección da persoa que será cabeza de lista nas próximas eleccións.
- Igual que sempre, o proceso de elección de candidato será aberto a cidadanía.
- O prazo de presentación de candidaturas rematará o 15 de novembro.
Seguindo o ditado da Asemblea de Somos Ribadumia, a Comisión Executiva iniciou o proceso de elección de cabeza de lista de cara ás eleccións municipais de 2023.
O proceso é aberto, é permite que calquera persoa poida presentarse coas únicas condicións de aceptar os principios políticos e éticos da nosa formación. O proceso é sinxelo, e estará colgado na nosa web durante o prazo de inscrición, que vai do 15 de outubro ao 15 de novembro. Aceptando os requisitos o único que se require e cubrir a corresponde inscrición e trasladarlla á nosa Comisión Executiva, que designou un Comité de Garantías para guiar o proceso.
Dende Somos Ribadumia insistimos na nosa formula de traballo aberta, baseada en principios de democracia e de transparencia, permitindo á cidadanía participar dos nosos procesos de toma de decisións. Unha formula que é a contraria doutros partidos, que ocultan á cidadanía quen son as persoas que os manexan, ou que andan moito máis preocupados polas loitas internas de poder e por garantirse unha cadeira con salario público que por resolver os problemas da cidadanía.
Somos Ribadumia somos o que comprometemos ser cando nacemos en marzo do 2015, un proxecto estable e independente, centrado en Ribadumia, formado por xente honrada que está nisto por vocación de axudar a construír un concello mellor, non por intereses persoais.
Como os obxectivos non son personalistas, o proceso de elección da persoa que nos represente na carreira electoral vaise dar, ademais de con transparencia, de xeito calmado, sen estridencias, e convidamos a toda a veciñanza a participar deste proceso.