Lamentamos a falta de solucións ante a supresión do pediatra.

  • Falta de respecto institucional do goberno do PP, que se oculta detrás da xerencia da EOXI.
  • Incapacidade de David Castro para lograr solucións.
  • As diferencias entre os plantexamentos do alcalde de A Illa e de Ribadumia evidencian a falta de liderazgo de David Castro.
  • E mentres, seguiremos sen pediatra quizais  ata abril.

  En novembro, cando o noso centro de saúde estaba con so unha facultativa atendendo e coa atención pediátrica recortada,  deciamos que  “O Partido Popular non cede na súa liña política sanitaria, cuxo obxectivo claro é a degradación da calidade da atención sanitaria, en concreto a atención primaria”. Dous meses despois, xa sen pediatra,  tamén podemos engadir que ademais de recortarnos en servizos, o Partido Popular de Feijóo rise do noso Concello, comezando polo alcalde.

 De partida, tal como explica Oubiña “a actitude do Partido Popular, negando unha xuntanza da Consellería cos alcaldes de Ribadumia e A Illa, e escudándose detrás da xerencia da EOXI ,  é unha falta de respecto institucional”.  Ademais, dende Somos Ribadumia consideramos que habendo dous Concellos que solicitan de xeito conxunto unha xuntanza para abordar un tema desta gravidade, que dende a  EOXI se opte por celebrar xuntanzas separadas con ambos alcaldes,  é unha maneira de laminar a cuestión e evitar o exercicio de presión conxunta que se estaba buscando. Que David Castro, o primeiro convidado a unha xuntanza dese tipo non convidara a acompañalo ao alcalde isleño demostra a falta de sentido político e de liderazgo do noso alcalde.

   Indo ao resultado das xuntanzas, debemos expresar o noso malestar ante o negativo das mesmas, pois é evidente que imos seguir sen pediatra varias semanas, e iso para o caso de que a situación se normalice – referímonos xa non a ter un pediatra a tempo parcial, se non a volver ter un pediatra que atenda varios dias a semana – cousa que dubidamos.

  Pero en particular debemos amosar a nosa decepción ante a actitude de David Castro, que lonxe de amosar o descontento que debería como así fixo o seu homólogo arousán, amosouse pouco menos que encantado e mesmo falou de “compromisos acadados”. Para Oubiña David Castro vale máis para traer un recado que para levalo. Mandámolo ao Sergas en busca dun pediatra porque agora temos que ir a Cambados, e ven de volta coas dúas facultativas que xa tiñamos e con atención pediátrica en Cambados. Ou sexa, que quedamos como estamos, pero el  véndeo como un éxito, e inda nos sae coa promesa do terceiro médico, cando o Sergas nin sequera nos da un servizo de calidade coas dúas facultativas que temos.”

   Dende Somos Ribadumia consideramos que se logo dunha xuntanza por unha cuestión destas características non se logra unha solución satisfactoria, non se pode nin estar satisfeito nin alardear de falsos logros, e lamentamos que David Castro estea máis preocupado dos titulares de prensa que de buscar solucións aos problemas da veciñanza. De feito, a diferencia entre os prazos para a resolución do problema dados por ambos alcaldes fannos pensar que ou ben David Castro volveu mentir para tentar aparentar que a solución vai chegar mais pronto do que está prevista, ou ben dende a xerencia do EOXI se dedican a crear confusión para non facer público que a eliminación dos pediatras nestes dous concellos  non ten marcha atrás. “E non pode ser que David Castro chegue e declare con satisfacción que non vai haber máis recortes, porque iso significa asumir a eliminación do servizo de pediatría. Así que eu pregunto: que é o que non nos conta o noso alcalde? Xa deu por perdido o pediatra?”.

A soidade voluntaria e electoralista de David Castro.

   Dende Somos Ribadumia somos conscientes de que plantarlle cara as políticas do Partido Popular é moi difícil. Pero “David Castro debe entender que sen o apoio do resto de forzas políticas e da cidadanía, vai ser aínda mais difícil. Nese aspecto, nos levamos amosado a nosa vontade de sumar esforzos dende o primeiro día”. Porén, o noso alcalde esta encirrado en facer as cousas el so, superado polo afán de protagonismo, tanto que nin sequera se dignou a convocar á Xunta de Portavoces tal como llo solicitamos en decembro para consensuar unha posición conxunta. Dende logo temos moi claro que se a esa xuntanza coa xerencia do EOXI acudise unha representación das diferentes forzas a presión que se podería ter exercido sería outra. Tamén temos moi claro que quizais o que está pasando é que o noso alcalde non ten realmente vontade de solucionar nada, so de seguir sendo alcalde e a poder  ser sen mancharse as mans con nada, e ese non é o tipo de alcalde que precisa Ribadumia.

  Non queremos deixar pasar que en Ribadumia existe unha agrupación do Partido Popular, que son segunda forza, e que a pesar de que nos plenos sempre fala de colaboración ante calquera cuestión de interese para o conxunto do Concello, ante esta situación onde posiblemente eles teñan máis capacidade para lograr avances que outras forzas, gardan silencio. “Non como cando gobernaba o bipartito que ante un problema tamén na atención pediátrica todo eran pancartas e protestas na porta do centro de saúde e na sede do Sergas. Onde están agora?”.

  Así que unha vez máis chamamos ao equipo de goberno a cumprir coas súas obrigas, a convocar a todas as forzas do Concello e a buscar un consenso moi necesario na defensa dalgo tan básico como o dereito a unha atención primaria de calidade, a adultos e a nenos, e no noso centro de saúde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s