O Concello de Ribadumia acometeu en Sisán unha  reparación na ribeira do río Fonte Espiña.

  • A obra, e 53 metros de longo, tivo un custe de 7.000€
  • Acometeuse de urxencia ó detectar que o firme da estrada nese tramo cedera en parte e corría o risco de  irse abaixo, ou de afundir ó paso dalgún vehículo.

1486743397057

O Concello de Ribadumia ven de acometer unha obra de reparación nun tramo do regato Fonte Espiña, na parroquia de Sisán.

   A obra  levouse a cabo con carácter de urxencia, logo de que os técnicos municipais detectasen, a partir dos avisos dados por varias persoas que pasan habitualmente pola zona, que no punto afectado o muro que contiña a ribeira do río había cedido cara o centro do cauce provocando o afundimento da beiravia e parte do pavimento asfaltado da vía. Esta situación supoñía un perigo polo que se procedeu o corte da vía durante o tempo que durou a reparación do muro de contención da ribeira.

  Para a solución do problema foi preciso levantar un novo muro de perpiaño de 53 metros de longo e metro e medio de alto, rechear de formigón e asfaltar. Todo isto  tivo un custe de 7.000€.

   Dende o equipo de goberno, o concelleiro de Obras Enrique Oubiña  sinala que este tipo de actuacións, derivadas da acción natural da auga non son algo extraordinario, pero temos que resaltar  que a política de actuación actual con estas cuestións e con calquera tipo de deficiencia ou  problemática que xurda no Concello, e mesmo cos obras novas que se realicen,   é a de buscar solucións permanentes e con garantías, que inda que no momento de executar a obra teñan un custe algo superior que outras solucións temporais  que eran preferencia no goberno anterior,  eviten que o problema se repita no futuro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s