Charla informativa da plataforma en defensa da sanidade pública do Salnés.

charla sanidade pública

 

   Este venres 20 de outubro, as 20:30 da tarde, terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadumia unha charla pública organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, na cal abordaran e explicaran as consecuencias da nova lei sanitaria que o PP pretende sacar adiante e que conlevaría, entre outras cuestións, a supresión da área sanitaria do salnés, relegandonos a ser un satelite do hospital de Pontevedra e provocando unha merma moi importante da calidade na asistencia sanitaria que recibimos.

  Dende Somos Ribadumia estamos preocupados por esta cuestión, pois os nosos veciños e veciñas vanse ver afectados nalgo que é primordial no seu día a día, como é recibir unha atención sanitaria pública,  de calidade, con medios e con prazos adecuados. Por ese motivo animamos a toda a cidadanía a asistir a esta charla, onde membros da plataforma aportarán toda a información necesaria para entender o que esta acontecendo e por que é tan importante parar a aprobación  desta  lei.

En marcha un obradoiro de defensa persoal orientado a mulleres.

  O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadumia ven de informar de que o CIM de O Salnés organizará a III edición do Curso de defensa persoal, nesta ocasión terá lugar no noso municipio, a partir do luns 9 de Outubro.

 22046533_717325151811001_8558058769409958632_n Esta actividade, xa nas anteriores edicións do curso, levadas a cabo nos Concellos de Cambados e Meis, obtivo un gran éxito de asistencia, dada a importancia que ten saber defenderse en situacións de ataque.

 Nesta ocasión, será o pavillón de Barrantes o que acolla o III Curso de defensa persoal ó longo de 12 horas, repartido en varios días en horario de tarde de 19.00 a 21.00 horas.

 Un policía, especializado en defensa persoal, será o encargado de dirixir e mostrar de maneira práctica como con movementos de evasión, ataque e obxectos de uso diario como por exemplo un bolígrafo ou un paraugas, podemos defendernos nunha situación de perigo ante un agresor.

Resulta moi interesante saber os múltiples usos que se lle poden facer a obxectos cotiáns que pode levar calquera muller na rúa, e empregalos para a autodefensa.

O curso está dirixido ás mulleres en xeral e a usuarias do CIM que desexen aprender estas técnicas de defensa, dada a desventaxa que ten o colectivo da muller frente ó home neste aspecto.

Xa está aberto o prazo de inscricións, totalmente gratuíto e con prazas ilimitadas.

As persoas interesadas deben dirixirse ó CIM de O Salnés a través do teléfono 622098721  ou no  mail axente.igualdade@osalnes.com.

   Enrique Oubiña, Concelleiro de Servizos Sociais explicaba na tarde de onte que “este tipo de actividades resultan moi interesantes como parte do continuado traballo que debemos realizar dende as entidades na prevención e na loita contra a violencia de xénero. O CIM está facendo neste aspecto unha importante labor, a través da cal se organizan iniciativas como esta e outras moitas que levan a cabo, e debemos seguir nesta liña.” 

Adxudicadas obras de mellora no polígono por valor de máis de 183.000 €

  •   A oferta que maior puntuación obtivo das 15 presentadas nas obras do Polígono presenta unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€. O Concello de Cambados tamén licita as obras do Parque Infantil de Beleco por importe de 35.000€.

Enrique Oubiña  participou na mesa de contratación na súa calidade de Concelleiro de Obras .

Os Concellos de Ribadumia e Cambados  veñen de adxudicar as obras de dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Para esta obra cun importe de licitación inicial de 172.740,00€ presentáronse un total de 15 empresas, sendo, logo do proxeso de valoración,  proposta pola mesa de contratación a oferta presentada pola mercantil Marconsa, que foi a que maior puntuación obtivo das 15 ofertas presentadas.

 

   Esta oferta  que propón unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días na execución das obras e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€ que son a instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Ribadumia e Cambados, para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

  Os concello de  Ribadumia e Cambados de maneira coordinada e conxunta, decidiron unha vez máis aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos.

  Na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, que este ano cargara coa maior parte da inversión, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se vai realizar a mellora na pintura dos viais e na indicación das empresas implantadas no polígono, así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.  Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da sinalización das empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.

Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

Somos Ribadumia visita o Parlamento.

   Este próximo martes de 26 de setembro, varios dos membros da Comisión Executiva de Somos Ribadumia, entre eles o Tenente de Alcalde e Concelleiro de servizos Sociais de Ribadumia Enrique Oubiña, visitarán o Parlamento de Galicia, convidados polo grupo parlamentar de En marea.

 fb_img_1499343137962  A visita ten como obxectivo, ademais de que os representantes de Somos Ribadumia coñezan o Parlamento, é presenciar o debate sobre a PNL de En Marea sobre a necesidade de reforzar os EVO para axilizar a tramitación do recoñecemento do grao de discapacidade.

  O importante retraso nas valoracións do grao de discapacidade nos centros de pontevedra, que en xuño estaba de media próximo os tres anos ,  é un tema que preocupa moito a Somos Ribadumia, pois esta afectando moi negativamente a moitas persoas do noso concello.  Este pasado mes de Xullo a Deputada Paula Verao visitou Ribadumia, e entrevistouse coa traballadora Social do concello para coñecer en detalle a situación e as consecuencias deste enorme retraso na valoración dos graos de discapacidade, que xa o equipo de goberno de Ribadumia levara a pleno un ano antes, sen que a Xunta e Galicia dera respostas ou aportara solucións.  Logo desa visita En Marea presentou unha PNL no parlamento, que propón reforzar e aumentar o número de EVO para acadar, no presente ano, a redución das listas de agarda para a valoración do grao de discapacidade até, como máximo, tres meses.

FB_IMG_1499343133763

Estracto dunha resolución de valoración do grao de discapacidade dunha persoa veciña de Ribadumia. Na resolución pode comprovarse que a data de solicitude é de decembro do 2014, e a resolución do 9 de xuño deste 2017, dous anos e medio despois….e ademais é resolución “provisional”.

  O Partido Popular declarou naquel momento que estaba traballando para aportar solucións, a través dun suposto convenio co Sergas, pero este convenio foi moi criticado por en Marea e polos sindicatos, que criticaron o “oscurantismo” da Xunta sobre este convenio, acusando o PP de  “parchear o problema da falta de persoal e de cobertura de postos” nos Equipos de Valoración y Orientación.

A PNL presentada pro En Marea será debatida no pleno deste martes, e o grupo convidou a unha representación de Somos Ribadumia a estar presentes no Pleno.