Category: Sen clasificar
O convenio coa piscina da pousada aclara as responsabilidades Concello.
- Un convenio sen rexistro electrónico, sen data de sinatura e sen seguridade xurídica.
- Todos os custes da posta a punto, uso e mantemento a cargo do Concello.
- O goberno oculta as analíticas da auga e a causas de que a piscina pechara logo dun día de uso, así como os custes de poñer as piscina a punto e das posibles reparacións.
David Castro sempre logra superarse. Logo de ocultar durante semanas o convenio coa Pousada para o uso da piscina desta, o martes fíxolle chegar ao noso Concelleiro , Sergio Soutelo , unha suposta copia desde convenio e un oficio que supostamente pretende dar resposta aos requirimentos do noso Concelleiro pero unicamente xera máis dúbidas.

Comezando polo suposto convenio, debemos dicir suposto porque falamos dun escrito sen sinatura dixital e sen código de verificación que permita comprobar a autenticidade do documento e cando foi asinado. De feito , o propio convenio non contén ningunha data de sinatura. “Este convenio puido ser asinado onte á mañá antes de pasarme unha copia, ou incluso dende a súa sinatura puidéronse cambiar partes do texto sen que o poidamos corroborar. O alcalde pretende colarnos unha folla de verdura como documento formal, non sei se é unha tomadura de pelo ou unha completa irresponsabilidade”. A cuestión é moi grave. David Castro non é un particular, é un alcalde, e os documentos formais que asine deben ter código de verificación (csv) e sinatura dixital. Tendo en conta as características do que se nos pasa – unha foto dun escrito escaneada – debemos considerar en tanto non se demostre o contrario que foi feito a todo correr despois de que xeráramos presión mediática e do problema da semana pasada que afectou aos nenos e nenas e obrigou a pechar a piscina ao día seguinte de abrila.
Dando por válido o documento, o que conten na práctica é un completo descargo de responsabilidade da empresa hosteleira. O Concello queda obrigado a asumir os custes de poñer en marcha a piscina que levaba anos pechada e valeira, incluídas posibles reparacións, tiveran a gravidade que tiveran e o custe que tiveran. Ademais debe asumir todos os custes de mantemento, todas as responsabilidades legais e de xestión e control dos parámetros da auga e todos os custes , seguros incluídos. A cambio disto a piscina quedou a disposición do Concello de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro.

“ Así pois, o Concello tiña dispoñibilidade da piscina dende o 1 de xullo pero non foi quen de darlle uso ata o 28 de xullo. De partida, un mes perdido. Despois abriu pero unicamente para a escola de verán e dous días á semana. Ou sexa tres días de uso perdidos. Porque non se puxo en marcha o 1 de xullo? Porque non se ofreceu o servicio aos campus de veran organizados polos clubs?
O Convenio aclara moito, en concreto permítenos saber que á Pousada o negocio sáelle redondo porque o Concello foi quen pagou a reparacións e posta ao punto da piscina logo de anos pechada e valeira e ademais quedandolle para o seu uso todas as tardes, na fin de semana e unha vez pasado o 15 de setembro. Ademais resulta que como obviamente resulta difícil diferenciar os custes eléctricos e de auga do conxunto da instalación na práctica é posible que o Concello remate por pagar as factorías da luz e auga da Pousada, así que para o cadea hostaleira nin tan mal. E non é que teñamos as priori nada en contra, pero como dixemos a cuestión está en como xestiona todo isto e no custe, un custe que o goberno local oculta intencionadamente, como oculta outras cousas. De partida no oficio asinado polo señor Castro asegúrase que o seguro do Concello cubre esa instalación, pero non aportou a póliza, a pesar de o noso Concelleiro pediu copia de toda a documentación. Si temos a póliza que cubre as instalacións municipais, que se nos aportou para un pleno anterior, pero esa poliza que en xaneiro estaba sen pagar, entre as instalacións que cubre non figura a pousada. Polo tanto, non temos garantías de que o seguro cubra esa instalación.
Tamén oculta o señor Castro as analíticas da auga da piscina. O argumento é que as ten a empresa que as realizou, pero isto resulta inaceptable. Xa non é que deberan estar no Concello , e que tiñan que estar na propia instalación a disposición de usuarios e neste caso dos pais e nais, e cando o martes pasado a instalación abriu non estaban.
Toda esta situación resulta nun completo despropósito, aumentado exponencialmente pola situación vivida a semanas pasada, cando un posible exceso de cloro provocou que moitos nenos e nenas subirán irritacións, algunha segundo nos informaron con visita ao médico. David Castro non ofrece explicacións de nada, pero a piscina volveu pechar logo desta primeira xornada, e permaneceu pechada ata hoxe, veremos con que resultado.
Resulta completamente irresponsable asumir sen limites os custes de poñer en marcha esa piscina sen antes elaborar un informe de situación é unha valoración de custes. Resulta totalmente irresponsable poñer en marcha a piscina sen ter todas as garantías sanitarias e legais e resulta totalmente irresponsable abrir unha piscina sen informar a nais e pais e pechala un día despois logo dun episodio que puido rematar con todos os nenos e nenas no hospital sen tampouco dar ningún tipo de explicación.
Esiximos unha comparecencia pública de David Castro para aclarar esta situación, e que se entregue a documentación requirida. E esiximos responsabilidades políticas.

En agosto e as axudas a entidades e colectivos sen aprobar. Outra vez.
- Un ano máis o goberno acumula retraso na aprobación destas axudas.
- Entidades, clubs deportivos e comisións de festas teñen que organizar as súas contas sen saber a axuda que van percibir.
- As axudas seguen conxeladas.
Chegamos a agosto coas axudas ao entidades e clubs sen aprobar. E unha vez máis o goberno local acumula meses de retraso sen xustificación. Cabe sinalar que a convocatoria destas axudas, xa con certo retraso, publicouse o 12 de marzo, dando 60 días ás entidades e clubs para entregar as súas solicitudes. O prazo venceu o 10 de maio, polo que non existe motivo polo cal non se puideran aprobar como moi tarde no Pleno Ordinario de Xullo. Pero nin se aprobaron no Ordinario nin en ningún Extraordinario, deixando pasar as semanas e meténdonos en agosto coas axudas sen aprobar.
Para a nosa formación este é outro exemplo máis do estado de caos e abandono no que vive afundida a xestión municipal, que se suma aos problemas económicos, retrasos nos pagos das facturas que de media case chegan aos cen días e con recoñecementos extraxudiciais de créditos que só serven para confirmar que hai facturas que se acumulan durante meses e incluso anos.
Neste caso concreto o problema maior é a inseguridade para entidades e clubs. No caso dos clubs porque se ven obrigados a organizar as tempadas deportivas sen saber canta axuda van recibir do Concello , nin cando se vai cobrar. E cómpre sinalar que un cambio que se realizou no seu momento gracias a Somos Ribadumia foi o adianto do 25% do total das axudas, pensado precisamente para axudar sobre todo ás entidades deportivas a encarar o inicio das respectivas tempadas. Pero para poder realizar ese adianto é preciso que as axudas estean aprobadas. O resultado desta maneira lamentable de xestionar é que entidades e clubs con toda probabilidade un ano máis van recibir os cartos moi tarde.
Tampouco están aprobadas as axudas aos campus de verán. Neste aspecto sinalamos que o noso Concelleiro Sergio Soutelo solicitou en Pleno unha ampliación específica desas axudas toda vez que as entidades que organizan os campus de verán e que resultan de axuda para as familias na cuestión da conciliación familiar tiveron que facer fronte ás uns gatos extraordinarios derivados da falta da piscina municipal. Queremos reafirmar esta proposta por que ademais a alternativa que se buscou para a escola de verán municipal non se lle ofreceu a estas entidades, as que unha vez máis David Castro deixa tiradas.
Con independencia do anterior, un ano máis debemos lamentar que as axudas a entidades e clubs, que maiormente se dirixen a diversos colectivos – como as vítimas de violencia de xénero – e no caso dos clubs á promoción do deporte de base , se manteñan dende 2017 conxeladas mentres que os gastos en apoiar eventos deportivos puntuais, especialmente o AF7, aumentan cada ano. As nosa posición segue sendo que se hai cartos para apoiar eventos puntuais ten que haber los para apoiar as labor diaria e durante todo o ano de entidades e clubs.
Queixas pola xestión da escola de verán.

· Improvisación constante, falta de información.
· Falta de actividades adecuadas ao cada idade.
· Sobre exposición dos menores nas redes sociais.
*NOTA: Artigo enviado á prensa o 28 de xullo, antes de ter coñecemento do acontecido na piscina, tema do que xa falaremos
Nestes días dende Somos Ribadumia estamos recollendo numerosas queixas en relación á escola de verán que consideramos deben ser expostas publicamente.
A maioría das queixas xiran en torno á xestión e organización da escola de verán, e todo ten que ver cunha completa falta de planificación. Tal como expón Sergio Soutelo “ aquí o problema é que o goberno limitouse a contratar ao persoal antes de comezar a escola de verán, sen planificar previamente as actividades e unha axenda para os dous meses que dura”. Con este punto de partida, deixando o peso da organización e xestión das actividades no persoal contratado no momento, era evidente o que ía acontecer, e se a iso sumamos o único razoamento do goberno é que , e isto é literal, “as nais teñen que pensar que os nenos fixeron algo”, pois xa temos a foto completa dunha escola de verán caótica.
O resultado, tal como nos trasladan nais e pais, non é nada positivo: de partida a xuntanza previa fíxose o día antes de comezar a escola, nin horario difícil e avisando o día antes, o cla xa estou malestar por que as nais e pais non poden ter confirmación do inicio da escola e do horario sen marxe para organizarse ante calquera eventualidade ou retraso. Despois disto: continua improvisación das actividades e abuso das actividades xenéricas no canto de facer actividades adecuadas a cada grupo de idade. Ademais disto, chama moito a atención de que a pesar de que nais e pais están continuamente recibindo mensaxes de whatsapp con todo tipo de recados, non hai información previa das actividades, nin outra información de interese real. “Saturar con mensaxes non é informar as nais e pais. Informar a nais é pais sería darlle o planning de actividades antes do comezo do verán”.
A piscina como exemplo mal facer.
Un exemplo do que nos trasladan as nais e pais témolo coa cuestión da piscina. A pesar de que o goberno leva semanas preparando o uso da piscina da pousada como alternativa á piscina municipal, gardou silencio e non informou as nais e pais de que se ía por en marcha esa alternativa, arao punto de que toda a información que recibiron as nais e pais foron un par de mensaxes de whatsapp o luns dicindo que os nenos comezarían as usar a piscina da Pousada o martes. “ as formas xeraron moito malestar porque por moito que sexa positivo, a pousada levaba anos pechada, e os pais teñen moitas preguntas en canto as condicións desta instalación, algo polo que dende a nosa formación levamos semanas preguntando tamén sen resposta”. Dende Somos Ribadumia consideramos que certas actividades, esta moi en concreto, non poden comunicarse vía mensaxe. O “goberno así como monta xuntanzas co persoal da escola de verán para facerse a foto, pode convocar a nais e pais e dar a cara”.
Sobreexposición dos menores.
Outra cuestión sensible da que se queixaron numerosos pais e nais, ten que ver coa sobre exposición nas redes sociais dos nenos e nenas. Referímonos á campaña de propaganda que o goberno está realizando a conta da escola de verán e dos propios nenos e nenas, con publicacións continuas con fotos dos cativos e cativas nas redes sociais. “Unha cousa é que os pais autoricen que se fagan fotos, que non todos o fixeron, e que se publique algunha xenérica, pero é totalmente inaceptable que o goberno estea facendo campaña con fotos diarias de nenos e nenas nas redes sociais, menos acompañadas de mensaxes populistas, presenza de políticos e un electoralismo tan rancio como intolerable”.
A sobreexposición de menores que tanto gusta ao señor Castro non algo novo, pero consideramos, igual que moitas nais e pais, que se están superando todos os límites razoables e non razoables.
Dende Somos Ribadumia agardamos que o goberno do señor Castro deixe de facer oídos xordos ante as queixas das nais e pais, e corrixa as situación que se está vivindo na escola de verán.
Que pasa coa piscina da pousada?

- Constan conversas coa dirección para que esa piscina a poida usar o Concello.
- David Castro oculta o acordo e as condicións do mesmo.
- Operarios municipais levan días traballando na Pousada. Facendo que?
- Quen vai usar esa piscina, cando, con que garantías de seguridade, e a que custe?
No Pleno Extraordinario que forzamos dende a oposición para aclarar a situación da piscina municipal, o noso Concelleiro Sergio Soutelo sacou á luz a existencia de conversas coa adxudicataria da Pousada de Ribadumia para chegar a un acordo a través do cal este verán a piscina desa instalación puidera ser usada polo Concello para dar servizo aos campus de verán. Nese momento Soutelo xa deixou claro que “nos non o vemos mal, sempre dependendo do custe e das condicións, obviamente”.
Dende o goberno admitiron as conversas pero non deron datos. Por ese motivo Sergio Soutelo presentou uns escrito días despois solicitando ver o acordo, que se sobreentende estará redactado e asinado por ambas partes, e toda a documentación relacionada “incluíndo calquera acordo económico, das condicións para o uso por parte do Concello das instalacións da Pousada, sexa a piscina ou sexa calquera outra, das obrigas e dereitos de cada parte, de cuestións relativas a seguros de responsabilidade civil ou danos materiais, de contratación de persoal, e calquera outra cuestión relacionada, así como un informe onde se aclare de maneira pormenorizada o uso que vai dar o Concello a esa instalación, cando e de que maneira, e o custe que vai ter para as arcas municipais, incluíndo custes de mantemento, de seguros, de persoal ou calquera outro que puidera existir”.
Non falamos dunha cuestión menor. O uso dunha instalación particular para fins de carácter público ten que estar moi ben recollido documentalmente, en particular as condicións relativas á seguridade e ao persoal empregado. “Os seguros do Concello, para o caso de que estean pagados, non cubren instalacións privadas, e o persoal contratado polo concello – está anunciada publicamente a contratación por parte do Concello para cubrir dous postos de socorrista – non pode realizar funcións en instalacións privadas alleas ao Concello, polo que todo debe ter a pertinente cobertura legal e xurídica”.
Todo isto podería quedar en nada ou chegar a concretarse o acordo, e de feito a Soutelo non se lle achegou a documentación solicitada, aínda que tampouco se comunicou que non existira. Pero en días pasado o alcalde estivo na Pousada e esta semana operarios municipais estiveron realizando algún tipo de labor dentro das súas instalacións, algo moi irregular legalmente falando, que ademais non se está explicado publicamente, pero que nos leva a pensar que nos próximos días a piscina, cuxo servizo non está de momento dispoñible para os usuarios do hotel – aberto sen anuncio dende o 1 de xullo – podería pasar a dar algún servizo ao Concello .
De ser así, dende a nosa formación non podemos aceptar que se estea ocultando o acordo con concesionaria, nin moito menos que oculte información a veciñanza do que se vai facer, quen vai acceder a esa piscina, se unicamente os nenos da escola de verán municipal , se se van incluír aos dos campus ou se se vai abrir á veciñanza en xeral como alternativa á colapsada piscina municipal, no seu caso en que condicións de legalidade e seguridade, e cales van ser as contrapartidas do Concello por usar esa instalación. E sobre todo, cando vai acontecer isto, pois levamos máis de medio mes de xullo, e o único que sabemos é que aos nenos da escola de verán como solución o goberno local puxos a xogar cunha mangueira, uns baldes e algunha pistola de auga.
Esiximos a David Castro que compareza publicamente e explique exactamente que esta pasando, e que dea a Sergio Soutelo acceso á documentación que ten solicitada ou que a faga pública para coñecemento da veciñanza.

