Queixas pola xestión da escola de verán.

·       Improvisación constante, falta de información.

·       Falta de actividades adecuadas ao cada idade.

·       Sobre exposición dos menores nas redes sociais.

 *NOTA: Artigo enviado á prensa o 28 de xullo, antes de ter coñecemento do acontecido na piscina, tema do que xa falaremos

 Nestes días dende Somos Ribadumia estamos recollendo numerosas queixas en relación á escola de verán que consideramos  deben ser expostas publicamente.

  A maioría das  queixas xiran en torno á xestión e organización da escola de verán, e todo ten que ver cunha completa falta de planificación. Tal como expón Sergio Soutelo “ aquí o problema é que o goberno limitouse a contratar ao persoal antes de comezar a escola de verán, sen planificar previamente as actividades e unha axenda para os dous meses que dura”.  Con este punto de partida, deixando o peso da organización e xestión das actividades no persoal contratado no momento, era evidente o que ía acontecer, e se a iso sumamos  o único razoamento  do goberno é que , e isto é literal, “as nais teñen que pensar que os nenos fixeron algo”,  pois xa temos a foto completa dunha escola de verán caótica.

 O resultado, tal como nos trasladan nais e pais, non é nada positivo: de partida a xuntanza previa fíxose o día antes de comezar a escola, nin horario difícil e avisando o día antes, o cla xa estou malestar por que as nais e pais non poden ter confirmación do inicio da escola e do horario sen marxe para organizarse ante calquera eventualidade ou retraso. Despois disto: continua improvisación das actividades e  abuso das actividades xenéricas no canto de facer actividades adecuadas  a cada grupo de idade. Ademais disto, chama moito a atención de que a pesar de que nais e pais están continuamente recibindo mensaxes de whatsapp con todo tipo de recados, non hai información previa das actividades, nin outra información de  interese real.  “Saturar con mensaxes non é informar as nais e pais. Informar a nais é pais sería darlle o planning de actividades antes do comezo do verán”.

A piscina como exemplo mal facer.

Un exemplo do que nos trasladan as nais e pais témolo coa cuestión da piscina. A pesar de que o goberno leva semanas preparando o uso da piscina da pousada como alternativa á piscina municipal,   gardou silencio e non informou as nais e pais de que se ía por en marcha esa alternativa, arao punto de que  toda a información que recibiron as nais e pais foron un par de mensaxes de whatsapp o luns dicindo que os nenos comezarían as usar a piscina da Pousada o martes. “ as formas xeraron moito malestar porque por moito que sexa positivo,  a pousada levaba anos pechada, e os pais teñen moitas preguntas en canto as condicións desta instalación, algo polo que dende a nosa formación levamos semanas preguntando tamén sen resposta”.  Dende Somos Ribadumia consideramos que certas actividades, esta moi en concreto, non poden comunicarse vía mensaxe.  O “goberno así como monta xuntanzas co persoal da escola de verán para facerse a foto, pode convocar a nais e pais e dar a cara”.

Sobreexposición dos menores.

Outra cuestión sensible da que se queixaron numerosos pais e nais, ten que ver coa sobre exposición nas redes sociais dos nenos e nenas. Referímonos á  campaña de propaganda que o goberno está realizando a conta da escola de verán e dos propios nenos e nenas,  con publicacións continuas   con fotos dos cativos e cativas nas redes sociais.    “Unha cousa é que os pais autoricen que se fagan fotos, que non todos o fixeron,  e que se publique algunha xenérica, pero é totalmente inaceptable que o goberno estea facendo campaña con fotos diarias de nenos e nenas nas redes sociais, menos acompañadas de mensaxes populistas, presenza de políticos e un electoralismo  tan rancio como intolerable”.

  A sobreexposición de menores que tanto gusta ao señor Castro non  algo novo, pero consideramos, igual que moitas nais e pais, que se están superando todos os límites razoables e non razoables.

Dende Somos Ribadumia agardamos que o goberno do señor Castro deixe de facer oídos xordos  ante as queixas das nais e pais, e corrixa as situación que se está vivindo na escola de verán.

Deixar un comentario