En agosto e as axudas a entidades e colectivos sen aprobar. Outra vez.

  • Un ano máis o goberno acumula retraso na aprobación destas axudas.
  • Entidades, clubs deportivos e comisións de festas teñen que organizar as súas contas sen saber a axuda que van percibir.
  • As axudas seguen conxeladas.

  Chegamos a agosto coas axudas ao entidades e clubs sen aprobar.  E unha vez máis o goberno local  acumula meses de retraso sen xustificación.  Cabe sinalar que a convocatoria destas axudas, xa con certo retraso, publicouse o 12 de marzo, dando 60 días ás entidades e clubs para entregar as súas solicitudes. O prazo venceu o 10 de maio, polo que non existe motivo polo cal non se puideran aprobar como moi tarde no Pleno Ordinario de Xullo. Pero nin se aprobaron no Ordinario nin en ningún Extraordinario, deixando pasar as semanas e meténdonos en agosto coas axudas sen aprobar.  

  Para a nosa formación este é outro exemplo máis do estado de caos e abandono no que vive afundida a xestión municipal, que se suma aos problemas económicos, retrasos nos pagos das facturas que de media case chegan  aos cen días e con recoñecementos extraxudiciais de créditos que só serven para confirmar que hai facturas que se acumulan durante meses e incluso anos.

  Neste caso concreto o problema maior é a inseguridade para entidades e clubs. No caso dos clubs porque se ven obrigados a organizar as tempadas deportivas sen saber canta axuda van recibir do Concello , nin cando se vai cobrar. E cómpre sinalar que un cambio que se realizou no seu momento gracias a Somos Ribadumia foi o adianto do 25% do total das axudas, pensado precisamente para axudar sobre todo ás entidades deportivas a encarar o inicio das respectivas tempadas. Pero para poder realizar ese adianto é preciso que as axudas estean aprobadas. O resultado desta maneira lamentable de xestionar é que entidades e clubs con toda probabilidade un ano máis van recibir os cartos moi tarde.

 Tampouco están aprobadas as axudas aos campus de verán. Neste aspecto sinalamos que o noso Concelleiro Sergio Soutelo solicitou en Pleno unha ampliación específica desas axudas toda vez que as entidades que organizan os campus de verán e que resultan de axuda para as familias na cuestión  da conciliación familiar tiveron que facer fronte ás uns gatos extraordinarios derivados da falta da piscina municipal. Queremos reafirmar esta proposta por que ademais a alternativa que se buscou para a escola de verán municipal non se lle ofreceu a estas entidades, as que unha vez máis David Castro deixa tiradas.

Con independencia do anterior, un ano máis debemos lamentar que as axudas a entidades e clubs,  que maiormente se dirixen a diversos  colectivos – como as vítimas de violencia de xénero –  e no caso dos clubs á promoción do  deporte de base , se manteñan dende 2017  conxeladas  mentres que os gastos en apoiar eventos deportivos puntuais,  especialmente o AF7, aumentan cada ano. As nosa posición segue sendo que se hai cartos para apoiar eventos puntuais ten que haber los para apoiar as labor diaria e durante todo o ano de entidades e clubs.

Deixar un comentario