Category: Sen clasificar

Éxito organizativo da xuntanza dos nosos maiores

XUNTANZA MAIORES RIBADUMIA /Este pasado sábado tivo lugar a “XXII Xuntanza dos nosos maiores”. O evento, organizado pola concellería de Asuntos sociais, baixo a responsabilidade do concelleiro Enrique Oubiña, é unha xornada de convivio especialmente pensada para os nosos veciños de mais idade, que este ano tivo un moi bo resultado gracias a perfecta organización que dende Asuntos Sociais se levou a cabo.

Tal como explica Enrique Oubiña, ” os nosos maiores son moi importantes na vida municipal e piares fundamentais das unidades familiares, e ademais en epocas dificiles como as actuais demostran sempre ser capaces de facer grandes esforzos, algo do que os mais novos e os políticos debemos aprender, e  do mesmo xeito que dende o concello se organizan actividades para os nenos, que son o futuro  do concello e do país, debemos  organizar eventos como este para os mais maiores, que servan un pouco de agradecemento pola súa labor na sociedade”.

Para este día, o equipo de Asuntos Sociais preparou unha xornada moi completa, que incluia dende oficios relixiosos ata xogos e baile, pasando polo xantar de confraternidade, composto por platos tan tradicionais como o polbo ou a carne ó caldeiro. Unha xornada por certo  que se prolongou dende a unha tarde ata mais alo das nove da noite. O tempo atmosferico , que xogou á contra do evento, obrigou a cambiar a carballeira de Ribadumia polo centro social de barrantes, pero o estar xa previsto pola organización non supuxo maior problema, e os asistentes puderon desfrutar da xornada alleos os chaparróns que cairon. podedes ver o resultado no pequeno albúm fotografico que o concello colgou na súa páxina do facebook, picando directamente no seguinte enlace :

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.809686122485113.1073741833.100594020060997&type=3

Dende Somos Ribadumia queremos agradecer a Elena e Santi, traballadores sociais, o esforzo feito para que esta xornada resultara o éxito que resultou, con case douscentos participantes, e tamén o traballo feito polas persoas,  traballadores municipais, entidades e empresas que fixeron posible que todo saise tan ben.

Pero como explica Oubiña, “os nosos maiores non son, tal como pensan algúns políticos, unhas personiñas anódinas as que darlles empanada un par de veces ó ano e logo a papeleta co voto o día das eleccións, se non todo o contrario, son persoas cos seus problemas e os seus dereitos, e actos como o do sábado son necesarios pero insignificantes en comparación ó traballo que dende o concello se debe facer en favor deste colectivo”. Conscientes disto, dende asuntos sociais, co apoio do resto de equipo de goberno, estase a  traballar na mellora dos servizos que se lle ofrecen ós maiores, melloras que pouco a pouco se iran introducindo, e que buscarán facilitar a vida a este colectivo, cun especial fincape na defensa dos seus dereitos e  da súa dignidade como persoas.

axudas autonómicas a rehabilitacion de fachadas e cubertas

imagesA Xunta de Galicia e a través  do Instituto galego de Vivenda e Solo ven de convocar unhas subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago. Estas axudas, que teñen caracter anual, dende o 2010 solo foron convocadas no 2013, e resultan moi interesantes. Tedes toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150812/AnuncioC3Q2-060815-0001_gl.pdf

E podedes informarvos mellor e entregar a vosa solicitude nas oficinas municipais.

A consellería de sanidade ignora os problemas de Ribadumia

   A Consellería de Sanidade denegou a petición do Concello de Ribadumia de suplir o descanso vacacional dun dos dous facultativos do Centro de Saúde municipal

enrique oubiña

Enrique Oubiña, concelleiro de sanidade

O concello de Ribadumia, a traves da concelleria de Sanidade que é  responsabilidade de Enrique Oubiña, e da alcaldía,  enviou onte  un escrito a Sanidade remitindo as queixas por parte do equipo de goberno ante a despreocupación da Consellería no asunto que conleva que o Centro de Saúde de Ribadumia xa leva máis dunha semana con un só médico para todo o municipio O pasado 6 de xullo o equipo de goberno presentou unha solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co fin de evitar que o Centro de Saúde de Ribadumia contase, debido as vacacións dunha das docentes , con tan só un médico para todo o municipio durante medio mes de xullo (do 16 ó 31 de Xullo). Esta solicitude presentouse unha vez se tivo coñecemento no Concello de que  Consellería non tiña previsto designar a outro médico substituto para cubrir ese período vacacional. Finalmente, a contestación da Consellería, que tardou mais de dúas semanas en chegar e que cando chegou xa pasara unha semana dende que a facultativa marchara  de vacacións, foi negativa co argumento de que deixar o Centro de Saúde de Ribadumia co 50% dos facultativos non supoñía ningún problema, e que o servizo quedaba perfectamente cuberto. IMG_20150708_095220 Ante esta resposta, o equipo de goberno considera que este xeito despreocupado de actuar da Consellería, que Enrique Oubiña considera “unha tomadura de pelo non so o Concello, se non tamen as nosas veciñas e veciños, que ante un problema se encontran por parte da consellería do PP cunha  solución  consistente en non facer nada” ,  supón unha gran irresponsabilidade, pois a realidade é que se reduciu a atención sanitaria ó 50%, deixando o centro de saude cun so médico para atender a todos os veciños e veciñas, e isto está causando unha asistencia inadecuada, tempos de espera moi longos e unha carga de traballo excesiva para o outro facultativo. Por este motivo, dende o equipo de goberno remitiuse novamente un escrito á Consellería de Sanidade para insistir en que, nas vindeiras ocasións, se informe ó Concello desta situación e se prevea con antelación as substitucións para os novos períodos vacacionais que se concedan co fin de garantir que os veciños teñan uns servizos sanitarios básicos.

O novo equipo de goberno afonda no concepto de transparencia municipal

Onte o goberno municipal fixo pública, por primeira vez neste concello, unha acta plenaria, a do primeiro pleno (logo do de investidura) desta lexislatura.

Podedes accedera esa acta picando no seguinte enlace:

https://es.scribd.com/doc/272248931/ACTA-DE-PLENO-22-06-2015

Este parece un pequeno paso, pero o salto que supon en cuestións de transparencia é abismal, e supón un antes e un despois no funcionamento do noso concello,  e unha mostra moi clara de que o tripartito se tomou moi en serio mellorar a comunicación cos  veciños e a transparencia do seu traballo.

Ata o de agora a única información que transcendia dos plenos era a que os partidos transmitian por diferentes eidos, a prensa, boletíns ou a traves das redes sociais, e sempre eran fraccionadas. A partires de agora os veciños terán un acceso moito mais sinxelo as actas dos plenos, e leer o que nelas se recolla, con toda a información dos temas que se traten, das mocións presentadas polos partidos, e tamén  os posicionamentos dos partidos e concelleiros ante os distintos temas.

Hai que felicitar ó novo goberno municipal, que non solo cumpre con aquelo que propuxo no seu momento, se non que nin siquera agardou a por en marcha a nova web municipal (a actual é moi inoperativa), traballo que levará unhas semanas, se non que antes diso habilitou un espazo na nube que permite os nosos veciños acceder a este tipo de información.

Ademais disto, dende o inicio da nova lexislatura estamos vendo unha maior presenza nas redes sociais do concello, transmitindo e compartindo todo tipo de informacións municipais, felicitando a clubes, entidades e persoas do noso concello  nos  seus éxitos, informando dos prazos para solicitudes de axudas…toda unha labor que lle da próximidade ó concello cos nosos veciños, ademais de facilitar a transmision da información .