Éxito organizativo da xuntanza dos nosos maiores
Este pasado sábado tivo lugar a “XXII Xuntanza dos nosos maiores”. O evento, organizado pola concellería de Asuntos sociais, baixo a responsabilidade do concelleiro Enrique Oubiña, é unha xornada de convivio especialmente pensada para os nosos veciños de mais idade, que este ano tivo un moi bo resultado gracias a perfecta organización que dende Asuntos Sociais se levou a cabo.
Tal como explica Enrique Oubiña, ” os nosos maiores son moi importantes na vida municipal e piares fundamentais das unidades familiares, e ademais en epocas dificiles como as actuais demostran sempre ser capaces de facer grandes esforzos, algo do que os mais novos e os políticos debemos aprender, e do mesmo xeito que dende o concello se organizan actividades para os nenos, que son o futuro do concello e do país, debemos organizar eventos como este para os mais maiores, que servan un pouco de agradecemento pola súa labor na sociedade”.
Para este día, o equipo de Asuntos Sociais preparou unha xornada moi completa, que incluia dende oficios relixiosos ata xogos e baile, pasando polo xantar de confraternidade, composto por platos tan tradicionais como o polbo ou a carne ó caldeiro. Unha xornada por certo que se prolongou dende a unha tarde ata mais alo das nove da noite. O tempo atmosferico , que xogou á contra do evento, obrigou a cambiar a carballeira de Ribadumia polo centro social de barrantes, pero o estar xa previsto pola organización non supuxo maior problema, e os asistentes puderon desfrutar da xornada alleos os chaparróns que cairon. podedes ver o resultado no pequeno albúm fotografico que o concello colgou na súa páxina do facebook, picando directamente no seguinte enlace :
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.809686122485113.1073741833.100594020060997&type=3
Dende Somos Ribadumia queremos agradecer a Elena e Santi, traballadores sociais, o esforzo feito para que esta xornada resultara o éxito que resultou, con case douscentos participantes, e tamén o traballo feito polas persoas, traballadores municipais, entidades e empresas que fixeron posible que todo saise tan ben.
Pero como explica Oubiña, “os nosos maiores non son, tal como pensan algúns políticos, unhas personiñas anódinas as que darlles empanada un par de veces ó ano e logo a papeleta co voto o día das eleccións, se non todo o contrario, son persoas cos seus problemas e os seus dereitos, e actos como o do sábado son necesarios pero insignificantes en comparación ó traballo que dende o concello se debe facer en favor deste colectivo”. Conscientes disto, dende asuntos sociais, co apoio do resto de equipo de goberno, estase a traballar na mellora dos servizos que se lle ofrecen ós maiores, melloras que pouco a pouco se iran introducindo, e que buscarán facilitar a vida a este colectivo, cun especial fincape na defensa dos seus dereitos e da súa dignidade como persoas.