O novo equipo de goberno afonda no concepto de transparencia municipal
Onte o goberno municipal fixo pública, por primeira vez neste concello, unha acta plenaria, a do primeiro pleno (logo do de investidura) desta lexislatura.
Podedes accedera esa acta picando no seguinte enlace:
https://es.scribd.com/doc/272248931/ACTA-DE-PLENO-22-06-2015
Este parece un pequeno paso, pero o salto que supon en cuestións de transparencia é abismal, e supón un antes e un despois no funcionamento do noso concello, e unha mostra moi clara de que o tripartito se tomou moi en serio mellorar a comunicación cos veciños e a transparencia do seu traballo.
Ata o de agora a única información que transcendia dos plenos era a que os partidos transmitian por diferentes eidos, a prensa, boletíns ou a traves das redes sociais, e sempre eran fraccionadas. A partires de agora os veciños terán un acceso moito mais sinxelo as actas dos plenos, e leer o que nelas se recolla, con toda a información dos temas que se traten, das mocións presentadas polos partidos, e tamén os posicionamentos dos partidos e concelleiros ante os distintos temas.
Hai que felicitar ó novo goberno municipal, que non solo cumpre con aquelo que propuxo no seu momento, se non que nin siquera agardou a por en marcha a nova web municipal (a actual é moi inoperativa), traballo que levará unhas semanas, se non que antes diso habilitou un espazo na nube que permite os nosos veciños acceder a este tipo de información.
Ademais disto, dende o inicio da nova lexislatura estamos vendo unha maior presenza nas redes sociais do concello, transmitindo e compartindo todo tipo de informacións municipais, felicitando a clubes, entidades e persoas do noso concello nos seus éxitos, informando dos prazos para solicitudes de axudas…toda unha labor que lle da próximidade ó concello cos nosos veciños, ademais de facilitar a transmision da información .