Category: Sen clasificar

Enrique Oubiña anuncia que pagará o seu convite ó xantar a pesar de estar exento.

cropped-dsc04855-3Enrique Oubiña ven de anunciar na súa paxina persoal que pagará o seu convite ó xantar do  tinto, como calquera outro veciño.  No seu artigo, ó que podedes acceder  aqui  explica  os seus motivos, que non nos corresponde valorar neste espazo, pois é unha cuestión persoal.

  En todo caso, sendo moi respectuosos coas decisións persoais de cada quen, dende Somos Ribadumia valoramos moi positivamente que o noso portavoz, por decisión propia tome a iniciativa e renuncie a privilexios como este,  mais ainda cando, obviando o seu cargo político,  como membro da Comisión Organizadora estaría exento de pagar o convite. Esa renuncia, que parece un detalle nímio, é un feito fundamental para a nosa plataforma, recollido ademais no noso código ético,  que di literalmene no seu primeiro punto: 1. NON AOS PRIVILEXIOS: Os Concelleiros de SOMOS RIBADUMIA rexeitarán calqueira agasallo, privilexio ou trato de favor, que se lle poida ofrecer en razón do seu cargo.

Exemplos como o de Enrique Oubiña indican que efectivamente algo está mudando no concello de Ribadumia, e nalgúns dos nosos representantes políticos.

 Dende Somos Ribadumia aproveitamos para convidar a todos os veciños e veciñas a acudir a XLIV Festa do viño tinto do Salnés, e a disfrutar de toda a axenda que dende a Comisión Organizativa  prepararon con toda a intención de facer destes días algo moi especial,  e que estamos seguros de que vai ser un éxito de asistencia e participación.

O Concello de Ribadumia amplía puntualmente o convenio con BATA e reforza os equipos de traballo

  • O  Concello de Ribadumia realizou unha ampliación do convenio con BATA e novas contratacións de persoal para levar a cabo obras de mellora e limpeza do Concello.

   O Concello  levou a cabo unha ampliación do convenio firmado meses  atrás con Baión Asociación Tratamento Autismo (BATA). Esta ampliación, cuxa posibilidade xa figuraba no convenio asinado meses atras, supuxo un importante reforzo das cuadrillas de traballo que eses días acondicionan o noso concello de cara o verán. Polo que respecta a BATA , o aumento do convenio supuxo pasar de tres traballadores a cinco e durante varios días, e tamén se aumentou a súa xornada pasando das cinco horas a oito.

Tal como explica  Enrique Oubiña, “cando asinamos o convenio con BATA para este ano, xa  contemplabamos como melloría  a posibilidade de reforzar traballos diversos contando con esta entidade, unha formula sinxela que nos permite en momentos puntuais poder contar con este colectivo social no que tamen hai veciños do noso concello, e o mesmo tempo sacar adiante un traballo necesario.”

13329543_957860207667703_5641537360313810895_o

O concelleiro de parques e xardíns Pepe Lede  e o concelleiro de obras e urbanismo  Enrique Oubiña están estes días controlando  as labouras de acondicionamento das zonas públicas do concello para que estean nas mellores condicións posibles.

  Ó aumento do  grupo  de BATA sumáronse as novas contratacións realizadas na presente semana para reforzar as cuadrillas das que dispón o concello , e todos eles están nestes días e vindeiros a realizar tarefas de arranxo de mobiliario, limpeza do paseo  fluvial do Umia e da Ruta da Pedra e da Auga, de zonas verdes e axardinadas, beirarrúas, etc.

O Concello de Ribadumia quere manter a súa boa imaxe para que os veciños , veciñas e visitantes poidan disfrutar do noso concello e das súas zonas mais interesantes, pero tal como explica o concelleiro de Obras ” aproveitamos a escusa de que nestes días temos a festa do viño para facer un esforzo extra na posta a punto de todo o concello, pero en realidade xa levamos semanas de traballo intenso, co obxectivo é facilitar os traballos de mantemento  ó longo do verán e outono, e asi mellorar a xestión dos nosos recursos. Ademais estase traballando nunha mellor xestión medioambiental, co obxectivo de que cando veña o inverno e as riadas os paseos fluviais e zonas verdes non sufran tanto deterioro “.

O Concello de Ribadumia reivindica o Sergas melloras nos servizos sanitarios

IMG_20150708_095220

  • A falta de facultativos supón para os veciños unha lista de espera en atención primaria de máis de 15 días.

   A lista de espera para unha consulta de atención primaria no centro de saude de Ribadumia incrementouse ata supor casi quince días. O motivo principal nestes intres céntrase en que un dos dous facultativos que prestan servizo no Centro de Saúde deste Concello, por motivos persoais, só presta consulta durante tres horas diarias, de 8:00 a 11:00, non sendo substituído no resto de horario de consulta. Co que dende as 11 horas da mañá queda un só facultativo para cubrir as consultas, urxencias, e posibles saídas do centro por emerxencia. Situación que se agrava cando non está o pediatra, xa que a maiores ten que cubrir tódalas urxencias de pediatría que se presenten . A isto hai que sumarlle a circunstancia de que os facultativos que levan a cabo a súa labor en Ribadumia, excenden  o seu cupo de pacientes, atendendo actualmente a 1800 e 1500 persoas respectivamente, moi por riba 1200 pacientes establecidos, que son os que atenden os facultativos de concellos veciños e similares en numero de habitantes, como Meis e a Illa,  que contan ademais con 3 medicos cada un.

Para poder dar resposta os veciños e a unha mellora da situación no Centro de Saúde, o equipo de goberno ven e solicitar ó Sergas unha reunión urxente na que afrontar estas situacións e outras posibles melloras .

O concello sumouse á campaña “quere o teu mercado”.

DSC_0544 Esta maña, o alcalde e a concelleira de cultura e educación fixeron entrega dos agasallos ós nenos participantes na I Convocatoria de receitas, que estaba dirixido a alumnos de infantil, primaria e secundaria e que buscaba que os nenos presentaran receitas elaboradas con produtos da praza.

 DSC_0346Este certame,  organizado polo Concello de Ribadumia que se suma a entrega de mandís e bolsas o pasado mercores coa presenza de Enrique Oubiña, inclúese na campaña lanzada pola Dirección Xeral do Comercio co gallo do Día Internacional dos Mercados, que se conmemora hoxe día 28 de maio.

 Para Enrique Oubiña, “as prazas de abastos e os mercados son dinamizadores moi importantes da economía local. É unha pena que pola praza de abastos de Barrantes solo se preocupara en oito anos o anterior bipartito da Xunta de Galicia, pero o  equipo e goberno actual está traballando para que, antes de rematar a lexislatura , neste aspecto poidamos ver melloras importantes”.

   Dende o equipo de goberno felicitan os nenos e nenas participantes, e agradecen as praceiras a súa colaboración nesta campaña, que busca por de relevancia os mercados e prazas de abastos.