Category: Sen clasificar
O expediente da Pousada encamiña a súa solución.
- David Regades visitou onte Ribadumia para tratar avanzar na solución na cuestion da pousada, do polígono de Santa Eulalia e na recuperación da xestión dos recibos municipais.
- A inversión para regularizar a Pousada e rematar o polígono de Santa Eulalia rondará os 500.000€.
- As negociacións coa Deputación tamén permitirán a remunicipalización da xestión dos recibos, actualmente en mans da ORAL.
O Concello de Ribadumia informou da visita do deputado David Regades para manter unha reunión co equipo de Goberno sobre os convenios vivos entre Deputación e Concello.
Entre os temas de interese a tratar estivo a legalización da Pousada e concesión da correspondente licencia municipal. tamén as obras de urbanización da zona de Santa Eulalia e o impulso final para o remate da Pousada, todo isto co compromiso da Deputación de pechar as obras no 2018 cunha inversión de preto de medio millón de euros. O concelleiro de Obras e urbanismo, enrique Oubiña, explicaba esta mañá que “mentres a oposición se dedicaba á crítica sen razón, e a poñer paus nas rodas, nos traballamos para poder solucionar un problema complexo, pois todo o relativo a pousada e o polígono de Santa Eulalia era un castelo no aire a piques de caer, que puido ter graves prexuicios para o noso concello. Estas cousas levan tempo, pero finalmente conseguimos, este equipo de goberno e a deputación, encauzar o problema e dar coa solución, que por certo , gracias a penosa xestión do goberno anterior, vai requerir dunha inversión de case medio millon de euros, dos que se vai facer cargo esa mesma deputación que o PP dí que non nos apoia en nada. A pousada abrirá pronto, pero sobre todo abrirá con todas as garantias legais, e de paso conseguiremos completar a urbanización do polígono de Santa Baia.”
Outro dos temas que centraron a reunión foi a ORAL, onde a Deputación puxo sobre a mesa a plena predisposición para acceder a revogación inmediata dos convenios de colaboración existentes co Concello, para que este poida levar a cabo a recaudación directa de impostos, que supora un aforro de uns 70.000€ ó ano , e permitirá unha xestión mellor e máis próxima, que redundará en beneficio dos veciños de Ribadumia. Este será un dos puntos a tratar no próximo pleno da Deputación. A este respecto Enrique Oubiña expresaba a súa “esperanza de Salomé Peña, que se erixiu tantas veces e por conta propia na nosa representante local no pleno da deputación, sepa por unha vez estar á altura das circunstancias, e defender os intereses do noso concello”.
Esta previsto que o Concello comece co servizo de recadación para o exercicio fiscal 2018, e o seguinte paso será polo tanto a reunión dos técnicos da Oral e do Concello para proceder o traspaso da xestión.
LAMENTAMOS A ACTITUDE OBSTRUCIONISTA DO PARTIDO POPULAR DE RIBADUMIA.

A semana pasada tivo lugar un pleno ordinario no cal o equipo de goberno do que Somos Ribadumia forma parte plantexou varias propostas de acordo relativas a cuestións que consideramos de importancia.
Dúas foron as cuestións principais que se trataron no pleno. Por unha banda, unha moción relativa á praga da vespa velutina, ante a cal a Xunta de Galicia, ademais de negar o evidente, mira para ouro lado mentres Galicia vive un drama medioambiental que ademais de por en perigo as colmeas de moitos apicultores con todo o que iso pode acarrexar en cuestións de substentabilidade do sector ou en temas como a polinización de froiteiras, por non entrar en fonduras, mantén un estado de alarma social ante o medo a un ataque desta especie. Neste sentido Enrique Oubiña mostrouse sorprendido no pleno por “como pode ser que con 350 niños retirados neste ano pasado, e ante a evidencia de que esas cifras van aumentar, o PP de Ribadumia pretende que se faga cargo do tema un corpo de voluntarios con dous traxes e unha pértiga, e cosidere que a Xunta xa está facendo abondo. É vergonzoso e indignante.”
Por outra banda plantexouse un problema derivado da deixadez e falta de medios de Augas de Galicia, que ó non antender as súas responsabilidades no mantemento dos cauces fluviais, está sendo responsable de moitos dos problemas que cada inverno xorden coa chegada das enchentas, a maioría dos cales, polo menos no que respecta a Ribadumia, resolve o goberno local, dispoñendo de medios económicos, de maquinaria e persoal municipais, aínda que non lle corresponda. Para Oubiña “faise evidente que ó PP local e a Salomé Peña os problemas dos veciños de Ribadumia danlle igual, e que teñamos que gastar miles de euros porque a Xunta non quere saber nada do tema tamén. “
Unha terceira cuestión foi o apoio a Cambados na súa loita para que a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas se traslade a Cambados, algo que ademais de supor un exercició de lóxica administrativa, redundaría en beneficio de toda a xente da nosa comarca ligada ó sector do viño. Sorprendentemente o PP local tampouco estivo de acordo con esta proposta.
A actitude do Partido Popular durante o pleno foi totalmente contraria os intereses dos nosos veciños e veciñas, cunha posición completamente partidista, sen nen sequera negar os problemas propostos, ou argumentar dun xeito razoable, pero posicinándose en contra de calquera acordo que supuxera pedirlle responsabilidade ó goberno popular da Xunta de Galicia.
Non contentos coa súa actitude no pleno, tiveron a desfachatez de saír na prensa acusando ó goberno de “vago”, algo que a Enrique Oubiña lle pareceu “unha falta de respecto, na súa liña de buscar broncas e titulares de prensa onde non os hai para ocultar a súa incapacidade política , pero que ademais define a quen a emite, que, por certo, na lexislatura anterior solo foi capaz de levar unha única moción a pleno municipal, mentres que o goberno actual leva como mínimo unha proposta de acordo en cada pleno.”
Dende Somos Ribadumia lamentamos estas actitudes por parte do Partido Popular, que antepon os intereses do seu partido as cuestións que afectan a moitos dos nosos veciños e veciñas, e pedímoslle ó PP local e a Salomé Peña, en primeiro lugar, respecto polas forzas que gobernan Ribadumia e, en segundo, que recapacite sobre a súa actitude nos plenos, un órgano democrático establecido para buscar acordos en beneficio da maioría dos veciños , non para atender a intereses particulares ou partidistas, nin para ter pataletas infantís.
A prevención do acoso escolar, unha prioridade.
Este pasado xoves asinouse un convenio de colaboración entre o Concello e o CPI Xulia Becerra Malvar, co obxectivo de desenvolver unha serie de actividades de prevención do acoso escolar.
A orixe desta iniciativa está nunha serie de xuntanzas que o departamento de Servizos Sociais, con Enrique Oubiña á cabeza, ven mantendo coa directiva do CPI dende o inicio do mandato, co obxectivo de establecer pautas de colaboración en diferentes eidos. A prevención do acoso escolar, un problema que ten en todo o estado, e especialmente en Galicia se atendemos ós datos oficiais, unha importante presencia, foi dende o primeiro momento un obxectivo a cumplir.
Nese sentido, as diferentes xuntanzas levadas a cabo ó longo destes últimos meses, deron como resultado informes do departamento de Servizos Sociais do Concello e da Dirección do centro educativo que transmiten que resultaría de sumo interese, e moi positivo para unha mellor formación dos nenos e nenas en valores de igualdade, realizar actividades orientadas a previr e combater actitudes que poidan evolucionar e acabar desenvorcando en casos de acoso escolar. Chegouse tamén á conclusión de que o ámbito máis adecuado para este tipo de actividades e o propio centro educativo, e que darán un resultado máis positivo se se desenvolven no centro e dentro do horario lectivo.
Polo que , logo de falalo con calma e de que a directiva do Colexio entrase en contacto con empresas especializadas e plantexara unha proposta moi interesante, chegouse a un acordo, que especifica o seguinte:
Primeiro.- O CPI será o encargado xestionar coa empresa que considere un programa de actividades a realizar ó longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2017-2018, nos cursos de primaria e secundaria, dentro do horario lectivo do centro. Dito programa quedará recollido nunha memoria explicativa, que incluirá as actividades a realizar, actividades que deberán estar orientadas exclusivamente á prevención do acoso escolar e á educación en valores de igualdade. A memoria tamén incluirá o número de horas dedicadas, o alcance entre o alumnado, e o orzamento.
Segundo.- Que as actividades realizadas no segundo trimestre do curso terán a consideración de “experiencia piloto”. Ó remate dese segundo trimestre a dirección Colexio deberá presentar un informe valorando a efectividade ou non das actividades realizadas e a conveniencia de manter o programa no terceiro trimestre ou de buscar outro tipo de actividades, ou outra empresa se a contratada non cumprira cos requisitos requiridos.
Terceiro.- O Concello farase cargo do 50% do custe das actividades, ata un máximo de 600€+IVE por trimestre. O outro 50% do custe das actividades, e calquera cantidade que excedera os 1.200€+IVE de custe total, correran a cargo do CPI Xulia Becerra Malvar.
Cuarto.- A empresa que xestione o programa de actividades presentará, ó remate de cada trimestre escolar, no Concello de Ribadumia a factura correspondente cos valores establecidos do terceiro punto deste acordo, e no CPI a factura correspondente según os mesmo valores.
A sinatura do convenio tivo lugar onte pola maña no Concello, nun acto público que contou coa presencia do alcalde, do Concelleiro de Servizos Sociais e do director do CPI, e ó remate da mesmo, Enrique Oubiña mostrou “o noso agradecemento a Tote, director do CPI, que está mostrando unha gran sensibilidade coas problematicas actuais as que se enfrontan os nenos e nenas do noso Concello, máis alo do ambito estrictamente educativo, e que mostra unha total disposición a colaborar en todo tipo de actividades cos pequechos, como foi a mostra “cartas de amor” , que complementada con accións de visibilización, afondaron na pevención do maltrato de xénero, ou como agora con esta nova serie de actividades que no que queda de curso traballarán na prevención do acoso escolar.”
Enrique Oubiña quixo tamén incidir en que “estamos facendo un importante traballo en moitas áreas que non son moi visibles, ou cando menos non tanto como pode selo unha obra desas grandes que tanto lles gustaba inaugurar ó PP, pero que son primordiais, como en cuestións como estas que presentamos hoxe, fundamentais para o futuro dos que agora son máis pequechos, ou outras que teñen que ver co apoio a outros sectores desfavorecidos. E é moi importante que poñamos de relevancia ese traballo, que conleva a aportación de recursos municipais, pero tamén o esforzo de moitas persoas, moitas veces anonimas ou inxustamente valoradas.”
O equipo de goberno leva a pleno medidas de apoio as novas empresas.
Esta tarde terá lugar un pleno de caracter extraordinario que incluirá un punto cunha proposta para crear bonificacións en impostos como IBI, IAE, ICIO, así como nas taxa por licencia de apertura de actividade, e durante o primeiro ano nos recibos da auga, lixo e saneamento. Todas estas propostas están dirixidas as novas empresas, e plantexan bonificacións de ata o 95% en todos os apartados .
Tal como explicaba Enrique Oubiña na tarde de onte, “estas propostas, son un paso importante no apoio a instalación de novas empresas no noso concello. Con elas, conseguimos que o proceso de poñer a funcionar unha empresa sexa máis económico, dandolle un pequeno balon de osíxeno as empresas nos primeiros meses, que é cando máis axuda precisan, especialmente as máis pequenas.”
Tamén expresaba Enrique Oubiña que “nun concello como Ribadumia, é sumamente importante a creación de empresas, por varios motivos. O primeiro é que incide directamente nas cifras de paro, unha lacra contra a que debemos por todas as ferramentas dispoñibles. Por outra banda temos unha cuestión social, derivada da falta de tecido empresarial e da alta porcentaxe de paro. Eu que son fillo de emigrante e sei o que é vivir nunha familia partida pola emigración, vexo moi preocupado como a xuventude se vai a fora en busca de oportunidades, con todo o que iso significa. Neste sentido estas medidas que propoñemos poden axudar a que as empresas opten por asentarse en Ribadumia, creen postos de traballo aquí e axuden a evitar esa migración na xuventude.
Tampouco podemos esquecer que en Ribadumia falecen máis persoas das que nacen, ó que hai que sumar o proceso migratorio ocasionado pola falta de oportunidades laborais. Todo isto no futuro próximo pode ter consecuencias negativas no económico, especialmente se baixamos dos 5.000 habitantes. Isto último provocaría unha merma importante nos ingresos do Concello, complicando a xestión e o mantemento dos servizos que actualmente temos. E todos somos conscientes de que se se crean máis empresas no concello, haberá mais postos de traballo e será máis probable que a poboación asentada no Concello aumente.”
O apoio á creación de empresas era un punto no pacto de goberno, pero ademais para Somos Ribadumia é unha cuestión primordial, e congratulamonos de que o equipo e goberno poña en marcha medidas deste tipo, sen dúbida beneficiosas para o noso concello.
