Lamentamos o uso partidista e inútil que o BNG pretende facer da obra do atranco.

  • O BNG enontrou Cabanelas catro anos tarde, pero por que hai eleccións municipais á vista.
  • Onde estaban o BNG e os colectivos ecoloxistas cando o proxecto  estaba en tramitación na Xunta?
  • Esiximos respecto pola nosa veciñanza.
  • David Castro rise da veciñanza e debe explicar que está facendo, por que apoia as realización desta obra  e como pode ser que   se realizase sen licenza municipal.

 Dende Somos Ribadumia queremos dar a benvida ao noso concello ao BNG, e en concreto parabenizalos por ter encontrado o río Umia e o atranco de Cabanelas a pesar de que a Deputada que falou deste tema é cambadesa e da parroquia de Oubiña e a pesar de ter ese partido  unha concelleira en Ribadumia.

  Por desgraza, chegan catro anos tarde, e chegan tarde varias veces. E o feito de que un partido que ten representación parlamentaria autonómica  cunha deputada Cambadesa,  e teña  representación municipal en Cambados e Ribadumia,  apareza agora con moito ruído e ningunha solución  a opoñerse a unha represa que ademais de estar xa feita resulta que todos os procesos administrativos e todos os prazos legais de  oposición que podián realizarse  venceron fai xa máis dun ano, resulta ofensivo. Ofensivo para a nosa veciñanza por tomala de parva e ofensivo para a nosa formación que leva anos denunciando en solitario  e publicamente este atentado ambiental.

  Unha crítica esta que debemos facer extensiva ao Colectivo Ecoloxista do Salnés e á Plataforma Pola Defensa da Ría da Arousa, ambas entidades que fan unha gran labor pero que demostran unha dependencia do bloque demasiado evidente, como demostra o feito de que apareceran en escea dous días despois de que o fixera o BNG.

  Queremos recordarlle ao BNG , visto que  no Parlamento ou non se enteran de nada ou lles da igual este asunto,  e aos propios colectivos ecoloxistas que  o proxecto para a realización desta obra púxose en exposición pública en abril do ano 2022. Era entón cando o BNG e os colectivos ecoloxistas deberían ter actuado. Dende entón, o proxecto para a represa de Cabanelas foi cumprindo todos os tramites administrativos e legais sen que o partido nacionalista e os colectivos ecoloxistas levantaran a voz nin presentaran alegacións de ningún tipo.

Pero o grave desta situación é que non foi por que o asunto pasara desapercibido. Dende a nosa formación levamos anos denunciando que esta obra se ía facer, e dende logo nós non temos os recursos do BNG para analizar este tipo de tramitacións. Pero aquí temos novamente que lamentar as actitudes sectarias da formación nacionalista, que preferiu calar  e non facer nada antes que apoiar unha loita que asumiron como de Somos Ribadumia, cando non é nosa, é da veciñanza de Ribadumia,  da do resto de concellos limítrofes e da sociedade en xeral.

   Dende a nosa formación temos moi claro que ao BNG non lle importa nin o río Umia nin as consecuencias desta obra, unicamente lle preocupa que en maio hai eleccións municipais.

   Non apareceron cando a obra iniciou o trámite, non apareceron durante todos os procesos que tivo que pasar para a súa aprobación. Neste proceso, que durou tres anos, non presentaron unha soa alegación, non presentaron unha iniciativa parlamentaria, non solicitaron un só papel no Concello, non presentaron mocións nos Concellos  nin fixeron nada.

E  non só chegan tarde na parte administrativa.  A obra foi autorizada fai un ano, a nosa formación denunciouno publicamente e saíu nos medios de prensa. O BNG e os colectivos ecoloxistas gardaron silencio.

  Fai dous meses que se iniciou as obra, ademais con problemas na canle do río pola turbidez creada co aterramento que expulsou a veciñanza e turistas da zona de baño de Cabanelas. Fixémolo público, falouse o tema en Pleno municipal, saíu nos medios de prensa. O BNG e os colectivos ecoloxistas gardaron silencio.

E agora que a obra está rematada e o dano está feito, aparecen a esixirlle ao goberno da Xunta  a retirada da represa. Temos claro que todo isto non pasa de ser postureo electoralista. Pero en todo caso temos preguntas: vai o BNG pedirlle á Xunta que retire unha obra feita dentro da lei? Iso sería prevaricar,  e non sería legal. Pensa o BNG que saíndo agora coa represa xa feita se vai desfacer unicamente por que eles protesten?  Esta é a idea dos procesos democráticos e legais que ten o BNG? Convocar concentracións na rúa e non facer nada nas administracións parécelle os BNG a fórmula correcta, e se é así por que alegaron e alegan  contra outros ataques mediambientais e non contra este?  O BNG actúa igual  en todos ou concellos ou unicamente se esforza naqueles onde vén poden tocar goberno?

 Dende Somos Ribadumia pedimos algo de seriedade e respecto cara a nosa veciñanza. Estamos en contra desta obra como xa temos dito moitas veces, por que resulta lesiva para o medio natural, pero tamén para as persoas propietarias de fincas na zona de afección e para as empresas que realizan actividades no río, e polo tanto aplaudimos calquera iniciativa que axude a darlle volta á situación. Pero o que non podemos aceptar son os paripés para quedar ben e xuntar catro votos.  Pedimos a quen veña agora a sumar, medidas efectivas, non postureo. De postureo imos servidos..

O cómplice necesario: David Castro.

  Máis aló da actitude doutros, dende a nosa formación  temos claro quen podería ter parado esta obra e quen a permitiu co seu silencio cómplice, e ese é o alcalde de Ribadumia.

 En declaracións á prensa, o señor Casro dixo que a obra “lle parecía esa esaxerada”. Soutelo réplica “pero como lle vai parecer esaxerada se ten o proxecto  Concello e sabía perfectamente o que se ía facer?”  Esa obra coincide co proxecto presentado no Concello. E ademais o propio David Castro  é máis que coñecedor porque enriba de toda as documentación él mesmo mantivo reunións coa empresa que promove esta actuación.

O señor Castro rise da veciñanza querendo facerse o inocente, pero xa non cola a imaxe de neno bo. Queremos que explique porque non presentou alegacións ao proxecto e  por que non levou ao Pleno a nosa moción presentada xa fai máis dun ano e que  que propoñía loitar para evitar o que hoxe xa está feito.

   Pero sobre todo, queremos que o señor alcalde aclare porque motivo esta obra non foi paralizada por carecer de licenza municipal, algo que ademais o alcalde non pode negar por que existe un informe técnico que o corrobora  e por que Sergio Soutelo presentou un escrito solicitando que se actuase e se paralizada as obra ata ter todos os permisos.  E queremos que aclare que falou coa empresa promotora e clarifique os acordos chegados con esa entidade.

Pola nosa banda, estamos analizando toda a documentación e estudaremos as vías legais dispoñibles, pero centrados na falta de licenza obra municipal, no seu encaixe no PXOM e nas posibles responsabilidades do goberno  de Ribadumia ao mirar para outro lado mentres unha empresa acometía un atentado mediambiental dentro  dos límites do noso concello.

Deixar un comentario