Unha familia reclama explicacións polo acontecido no tanatorio e David Castro remata fuxindo do salón de Plenos
https://vm.tiktok.com/ZN8Ytyrqd/
· Sergio Soutelo deu voz as preguntas dunha familia que se queixa da mala atención no tanatorio.
· David Castro evitou dar explicacións e rematou fuxindo da familia afectada e do salón de Plenos.
· A familia confirmou que a situación dunha nai cubrindo a unha filla leva tempo producíndose e que o goberno estaba perfectamente enterado.
· Espectaculo bochornoso do entorno proximo de Miguel Castro, con ataques e amezadas a membros de Somos Ribadumia, buscando algo que non van encontrar.
O lamentable e bochornoso espectaculo vivido este xoves no Pleno foi outro exemplo de que o que temos en Ribadumia é un goberno máis proximo a extrema dereita que ao centro político. Dende desprezos a unha familia, a ataques as compañeiras e compañeiros do noso partido. E no medio disto, a constatación duns feitos que o goberno asegura estar investigando, pero dos que dúas semanas despois non sabe ou non quere dar resposta algunha.
Na parte final do Pleno, durante o rogos e preguntas, o noso Concelleiro Sergio Soutelo anunciou que ía dar voz a unha familia moi disgustada coa xestión do tanatorio municipal, cunha serie de preguntas relacionadas con esa cuestión, trasladadas por esa familia que ademais estaba presente no Pleno. O que aconteceu a continuación foi un completo desproposito.
Compre remarcar neste punto que a familia afectada fixo uso do tanatorio os días 21 e 22 de agosto, unha familia de Ribadumia que se puxo en contacto con nós logo de que saltara a nova de que a persoa que as atendeu non era unha traballadora do Concello, senón a nai da persoa que tiña que desenvolver ese traballo, confirmando este dato. Compre tamén remarcar que esa familia do que se queixa é da atención recibida, sen valorar se a persoa tiña contrato en vigor ou non, e dos problemas que tiveron durante o tempo que estiveron velando á súa familiar falecida.
Soutelo realizou unha serie de preguntas, dirixidas a aclarar aspectos do funcionamento do tantatorio e tamén que o goberno confirmara o que xa é publico e notorio e está sobradamente contrastado, que a persoa que tiña que estar no tanatorio eses dous días, mandou a súa nai facer as súas funcións. Tanto David Castro como a voceira do PP, Vanesa Jorge, limitáronse, a parte de a embarrar a conversa, a evitar dar resposta a boa parte das preguntas, argumentando que, dúas semanas despois do acontecido, aínda están investigando. De feito chegaron a decir que a familia referida formaba parte desa suposta investigación, aínda que polo que fora nestas dúas semanas non se puxeran en contacto con ela, e iso a pesar de ser as persoas que máis de primeira man poden corroborar quen as atendeu no tanatorio.
Pero para nós a situación converteuse nun completo desproposito cando nun momento determinado David Castro deu por rematado o Pleno sen deixar a Soutelo rematar as súas preguntas e impedindo tamen falar á familia que pideu a palabra naquel momento.
A partir dese intre o que pasou foi que o alcalde fuxiu do Salón de Plenos, isto case literal, negándose a falar coa familia que requería falar con el. Si o fixeron despois o Concelleiro de Urbanismo e a voceira popular. Pero o que debemos lamentar é a actitude e as formas, en particular de Miguel Castro e do seu entorno máis próximo, tamén presente no Pleno, como sempre para armar gresca, convertendo a queixa dunha familia que unicamente pedia explicacións nunha tangana con berros, ameazas e ataques cruzados a persoas do noso partido simplemente por estar grabando o pleno, un Pleno que se emitiu na canle de youtube do Concello. Dende Somos Ribadumia xa estamos acostumados a este tipo de comportamentos e non nos afectan demasiado, pero resulta un espectáculo lamentable que o partido popular se dedique ao hooliganismo ao máis puro estilo da extrema dereita en vez de atender as reclamacións veciñais.
En todo caso, a familia asegura que foron atendidas pola nai da persoa que debería estar alí, e que ademais esa persoa tivo un comportamento pouco profesional. Ademais confirmaron que a situación non foi algo puntual e que xa se producira antes e que o goberno e en concreto o alcalde estaba máis que ao tanto por que poden confirmar cando menos noutra ocasión a presenza desa persoa no tanatorio e que parte do goberno e o propio alcalde estiveron nesa ocasión presentes e falando con ela.
Para nós, a situación no tanatorio, como xa denunciamos no seu momento é moi grave polo feito de que unha persoa allea e sen contrato estea realizando as funcións de xestionar este espazo tan sensible. Pero dende logo o que xa resulta de todo inadmisible é que aínda por enriba as persoas usuarias do servizo non reciban a atención que precisan neses momentos ou que sexan atendidas por unha persoa sen a debida compostura e saber estar. Tal como expòn Soutelo, „que un alcalde, en vez de estar coa familia, preocuparse e atender aos seus requerimentos, garde silencio durante semanas e despois se dea á fuga con total cobardía cando os ten diante parécenos, a parte de motivo de dimisión, moi definitorio do tipo de alcalde que temos“.
Dende Somos Ribadumia esiximos a David Castro que se deixe de “investigacións“ que non estamos na mesa do parlamento, e que de maneira inmediata clarifique que estivo pasando no tanatorio nos últimos meses, e que se asuman responsabilidades legais se son precisas, pero sobre todo políticas. E recordamos que a xestión do persoal non pertence a ningún ente etereo, corresponde ao alcalde. O alcalde pode non ser responsable de que esta situación se producira se a traballadora actuou pola súa conta e a costas do Concello, pero si completamente responsable de permitir que a situación se mantivera no tempo tendo coñecemento dela.
E dende logo lamentamos o espectaculo bochornoso das persoas próximas ao Concelleiro Miguel Castro e del mesmo, atacando primeiro a esa familia e despois a persoas do noso partido sen vir a conto e intentando xerar unha situación de violencia na que non íamos caer, como non imos aceptar ameazas de ningunha persoa, por moito que levante a voz. Pedimos a David Castro que manteña unha conversa moi calma coa súa man dereita e agora parece ser que aspirante a sucesor, e que lle aclare que os Plenos non son campos de fútbol nin locais de copas a altas horas. A violencia, en calquera formato, non pode formar parte da vida en xeral, e da politica en particular.
