Oito meses despois de inaugurarse, os parques infantís de Barrantes adoecen de abandono e falta de mantemento .

·       O goberno non ten capacidade para xestionar correctamente os parques infantís.

·       Esiximos que se actue con dilixencia e se manteñan os parques en condicións.

Os dous parques infantís do centro de Barrantes foron renovados por completo a finais do pasado ano, cun investimento que rondou os 170.000€.  Dende a nosa formación xa advertimos o pasado marzo, logo de que os parques levaran un tempo funcionando,  de que nin a obra quedara todo o ben que debería nin os elementos de xogo correspondían aos usuarios habituais. Agora vemos as consecuencias desa mala planificación e xestión  por parte do goberno, que unida á falta de mantemento e á incapacidade para resolver as deficiencias que van aparecendo, deron como resultado que ambos parques, oito meses despois, parece que leven varios  anos colocados, e que volvamos a ter unha situación similar a que tivemos os anos anteriores, cos parques nun estado mellorable ou, en verbas do noso concelleiro Sergio Soutelo “170.000 € gastados para que meses despois todo siga igual de mal”.

  Damos por feito que dende o goberno van falar de accións vandálicas para xustificar o mal estado dos parques e de varios elementos de xogo, algún dos cales tivo que  ser retirado como un balancín e outros como a tirolina que presentan deficiencias  que supoñen un perigo para os nenos, pero dende a nosa formación a parte de que – sen desbotalo – non cremos que neste caso se deba falar de actos vandálicos, máis ben  de xogos que non son acordes as idades dos nenos e nenas que xogan neles, non aceptamos a fórmula de  sinalar culpables sen  aportar solucións. “Se hai un mal uso ou algunha gamberrada, débese denunciar, pero conal uso ou sen ela no momento en que algo está mal  o primeiro paso debe ser arranxar o que se rompa de maneira inmediata, primeiro para garantir  a seguridade nos nenos e nenas, e despois por que as instalacións públicas deben estar en perfectas condicións de uso”.

Polo tanto, esiximos do goberno local que actúe, que repare os desperfectos e substitua os elementos danados, e que garanta o bo estado dos parques infantís e a seguridade nos mesmos todo o ano, non só cando o goberno pasa a facer a foto.

Deixar un comentario