Un Recoñecemento Extraxudicial de Créditos destapa unha débeda co servizo do SAF de 171.000 €

- David Castro non ten ao dia os pagos co Servizo de Axuda do Fogar.
- A Concesión do SAF fóra de prazos legais, con subas ilegais pactadas… e os recibos sen pagar.
- O servizo máis importante en perigo pola incompetencia do goberno.
- David Castro en 2025 gastou do que non tiña case 400.000€.
- Entre os pufos a recoñecer varios cunha empresa vinculada a unha Concelleira.
- A documentación advirte irregularidades e pide NON facer unha análise fonda da orixe das débedas. Haberá gato encerrado? Por que oculta se documentación o señor Castro?
Este xoves o goberno levará a Pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por valor de case 400.000€ (380.273,05€).
Hai moito que dicir deste Recoñecemento Extraxudicial de Créditos, pero o primeiro é amosar as nosa preocupación pola débeda arrastrada ao longo de todo o ano 2025 coa empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar. Debemos ter en conta que o Orzamento dese ano – 2025- aprobouse en novembro, polo que o goberno debería ter incluído unha partida suficiente para facer fronte ao total do custe para ese ano. Non foi así, ata o punto de que rematou o ano debendo máis de 171.000 €. Unha cifra importante, e que supón elevar os 425.000€ orzamentados ata case os 600.000€. Para o noso voceiro “é totalmente inadmisible que un orzamento levado a Pleno en novembro de quedará corto na partida do SAF nunha cantidade deste calibre. Isto demostra as magnitudes do desastre na xestión dos cartos da veciñanza que fai o señor Castro, con moita responsabilidade tamén na Concelleira de Contas, que por incrible que pareza, aínda non presentou a súa dimisión”.
A situación do SAF en Ribadumia en todo caso é moi preocupante. Ao mal vicio de David Castro de non pagar o servizo hai que sumar as súa incapacidade para sacar a concurso unha nova concesións, estando a actual vencida en todos os prazos dende fai máis dun ano. Cónstanos que David Castro modificou os prezos que está pagando por este servizo para evitar que as empresas abandonase o servizo, pero esa modificación resulta de todo ilegal, ao non concorrer un concurso público como corresponde, e tampouco soluciona moito se despois o alcalde non paga os recibos.
Dende Somos Ribadumia estamos moi preocupados por que xa recibimos queixas por mermas puntuais no servizo, e por que non parece que o señor Castro, moi interesado en China e pouco en Ribadumia, teña apuro por resolver nada, polo que unha vez máis volvemos pedir que se saque as concurso a xestión do servizo ou que o asuma o propio Concello, aínda que a nosa proposta é mancomunar o servizo.
Irregularidades no proceso.
Volvendo sobre o propio Recoñecento Extraxudicial de Crédito, debemos dicir que ademais do importante da cifra , case 400.000€ en facturas sen pagar do ano 2025, algo incomprensible cando se dán as circunstancias de que o Orzamento dese ano se levou a Pleno en novembro, cos números case pechados e tamén rematando o ano un Expediente de Recoñecemento de Créditos e unha Modificación de Creditos onde estes gastos tiñan perfecta cabida, concorren unha serie de irregularidades e de actos máis que sospeitosos.

De partida a documentación aportada inclúe numerosos erros. Dende referencias claramente intencionadas a unha Modificación de Crédito décaida no ano 2024 a facturas computadas a decembro de 2026 , pasando por numerosos erros de redacción nos textos. De todo , chama moitisimo a atención a referencia tanto non informe de Intervención como do Informe do abogado a que parte das facturas proceden dunha modificación de créditos decaida no 2024 . Obviamente isto non podía se certo toda vez que todas as facturas se corresponden con ano 2025. E chama ainda máis a atención que nese infome e no de intervención que se diga que no ano 2025 non houbo Expedientes de Modificación de Créditos cando houbo un de case 1 Millón de euros.
Tamén chama a atención que no goberno, cunha Concelleira de contas liberada que presume de saber de números mais que o resto, e con outros sete concelleiros e concelleiras, incluido o agregado de Xuntos, ninguén vise eses erros. “Tiven eu que dirixirme á secretaría para pedir aclaracions, e foi entón cando aparentemente advertiron os erros. Uns erros difíciles de aceptar como fortuítos, pero que de ser así deberían conlevar como minimo o fin da relación co bufete de abogados por incompetente e un expediente a Intervención polo mesmo”.

Por otra banda, a pesar de que os informes técnicos falan de que a documentación aportada no expediente acredita os traballos realizados, coas facturas e con todos os documentos necesarios, o certo é que no expediente unicamente figura unha lista e de cargos, coa información ademais cortada. As facturas, e a documentación que xustifica a certa realización dos traballos foi requerida por Soutelo, pero o goberno ocultaa intencionadamente. Ese Feito, sumado a que nos propios informes se fala de que hai irregularidades e de feito pídese e prestamente non facer unha revisión de oficio dos gastos para evitar danos a terceiros, lévanos a pensar de qué non esta todo tan comprobado como se afirma. E o feito de que haxa varias facturas da empresa na que traballa unha das Concelleiras, precisamente a mesma concelleira que ata 2023 figuraba como apoderada desa mesma empresa, ou outras facturas presentadas en decembro de 2025 pero que falan de servizos dados en decembro de 2024, non axudan ao disipar desconfianzas.

Por último, remarcar que David Castro está usando un mecanismo extraordinario para pagar facturas do día a día “ a min persoalmente, e penso que a calquera, caeríame a cara de vergoña de cun orzamento de máis de 5 Millóns , ter o pincho da gala do deporte, ou unha reparación dun coche ou as facturas da luz sen pagar”.
Dende Somos Ribadumia entendemos que quen faga un traballo para o Concello debe cobralo. Pero tamén que quen goberna debe ser moi responsable coa cartos públicos. Esiximos , primeiro transparencia, e que David Castro demostre que cada euro dese Recoñecemenro Extraxudicial de Credito está perfectamente acreditado, e despois dimisións inmediatas ante o que é un desastre económico sen precedentes no noso Concello.
