En marcha o maior atentado medioambiental no río Umia dende a construción do encoro de A Baxe.

- David Castro, logo de comprometerse publicamente a evitar esa obra, convertese en complice da mesma.
- A represa vai afectar a unha superficie superior aos 1.200 m² e condena á praia fluvial de Cabanelas.
- David Castro leva mais de un ano evitando tratar esta cuestión en Pleno e negándose a levar unha moción de Somos Ribadumia para facer fronte a esta barbaridade.
- Pedimos por rexistro o expediente desa obra para asegurarnos que cumpre co PXOM.
- Sen piscina, e agora sen río.
Era previsible que pasara toda vez que a Xunta é a primeira cómplice nesta barbaridade medioambiental, ao conceder as autorizacións pertinentes a pesar dos prexuizos que esta obra vai traer. Pero non deixa de ser chamativo, agora que as obras estan iniciadas, o silencio cómplice de David Castro, que leva anos ocultando o seu cambio de criterio, logo de compromenterse publicamente no 2016 a evitar que esta obra se levara a cabo, ademais argumentando que o proxecto non cumpre o PXOM de Ribadumia.

Dende Somos Ribadumia xa advertimos que esta obra unicamente se podía parar dende o Concello, e de que David Castro había cambiado o seu criterio, abandonado os intereses da veciñanza de Ribadumia para aliñarse cos intereses particulares da empresa que xestiona a captación da auga para a Toxa, favorecendo por pasiva, como é típico nel, que este atentado aconteza.

En todo caso, dende a nosa posición imos analizar moi detidamente o proxecto desta obra. Sergio Soutelo ven de pedir todo o expediente e as pertinentes e obrigatorias autorizacións municipais, para corroborar que se cumpre toda a legalidade, ou no seu caso tomar as medidas pertinentes.
Sen piscina, e agora tamén sen río.
Polo de pronto, a situación en Ribadumia é a seguinte: estamos sen piscina municipal pola incompetencia do goberno local. E agora quedamos case que sen a zona de baño de Cabanelas, pois coas obras que se están realizando os lodos creados complican bastante o baño na zona de esparcemento augas abaixo, e tamén o entreno dos nenos e nenas do club de piragüismo polos perigos derivados da obra, que aínda que ten marcada a zona de afección, os movementos de terra que se están producindo comprometen a seguridade no río.
E non só se ve afectada a veciñanza. varias empresas turísticas que desenvolven parte da súa actividade no tramo final do Umia, dende Caldas ata a desenvocadura, tamén están prexudicadas , e teñen que ver con impotencia como en vez de coidar o río e manter a canle en condicións , a Xunta unicamente sabe autorizar actuacións barbaras as condena ao sacarlle todo o atractivo ao río.
