Enrique Oubiña sobre servizos sociais: “por moito que David David Castro minta, a realidade pásalle por enriba”.

- O 4 de maio Enrique Oubiña denunciou a situación de 12 persoas ás que David Castro lles estaba negando o SAF. O 5 de maio pola mañá, deu de alta a 4 desas 12 persoas de golpe. Un pouco forzado de máis para ser casualidade.
- David Castro fala do nicho do traballador social, de menos de 5 metros cadrados e sen ventás dende un despacho de 25 metros cadrados, dúas ventás e aire acondicionado, pero non di nada das condicións laborais do educador familiar e da traballadora social.
- David Castro nega os datos de Somos Ribadumia, pero non aporta os datos que segundo el serían os reais. Só palabrería.
Dende Somos Ribadumia debemos lamentar ás cínicas e demagóxicas declaracións de David Castro, que dende un despacho de máis de 25 metros cadrados, dúas ventás e aire acondicionado, di que o despacho do educador familiar, de menos de 5 metros cadrados, e sen ventás nin apenas ventilación, é un espazo adecuado.
David Castro non conta según que cousas. Por exemplo que desprazou ao educador familiar, que tiña o seu despacho co seu arquivo e documentación, aproveitando unha baixa deste, e que o colocou nun nicho que só se usaba de maneira puntual, debido ás súas características, que non son ás adecuadas para ter un despacho permanente, e menos para atender a familias completas, ou persoas con cadeiras de rodas, pois o espazo é moi reducido. De feito cando vai unha nai cun carriño, por exemplo, o educador familiar ten que atendela coa porta aberta, anulando o dereito a intimidade desa persoa. Para Oubiña “isto é o grave da situación, que ás persoas que van a servizos sociais non teñan intimidade”. Tampouco conta que agora o educador familiar non ten acceso directo a todos os seus expedientes, que quedaron no despacho que agora ocupa outra persoa con funcións distintas, nin que para poder acceder aos expedientes o educador familiar ten pouco menos que pedir permiso.
Sobre ás declaracións de David Castro relativas á lei de protección de datos, recordarlle que el mesmo declarou no debate realizado entre os candidatos que tiña un rexistro de persoas usuarias, algo que o propio Oubiña lle recriminou. “É para o caso, a segunda traballadora social, á que David Castro entregou todas as competencias que lle sacou á traballadora decana, foi designada á dedo inicialmente, é escollida despois nun proceso selectivo realizado por un tribunal reducido de persoas que incluía á que agora ocupa o número 3 da lista electoral de David Castro, que ninguén dubida da súa profesionalidade e eu ademais estou seguro que o proceso foi limpo e profesional, pero claro…. E hoxe mesmo calquera persoa que vaia por servizos sociais comprobará como outra persoa da lista de David Castro está facendo labores administrativas nese departamento, e recibindo ás persoas que van por alí, tomando nota de a que van… Tinto, e nunha botella cunha etiqueta que pon “viño”. Igual David Castro debería medir máis o que di, e o que fai”.
Para o caso da situación do SAF, compre remarcar a cadea de feitos. Enrique Oubiña fixo público no pleno do 4 de maio a situación de 12 persoas ás que David Castro tiña bloqueado o acceso ao SAF. O día seguinte pola mañá de maneira milagrosa resolvéronse catro desas situacións, e apareceron, segundo declaracións do propio alcalde outras que ao final renunciaron ao servizo, seguramente porque xa non era necesario. Moita casualidade nos parece iso, máis ben que David Castro deu orde de corrixir a situación logo de que lle explotara na cara. En calquera caso demóstrase que existían eses casos, e que David Castro, unha vez máis, actúa á salto de mata e aos ditados de Enrique Oubiña, que leva toda a lexislatura marcándolle o paso.
O que David Castro non fixo, máis aló de acusar a Enrique Oubiña de mentir, é aportar datos que poidan desmentilo. “Non os publicou porque os nosos datos como en todas as ocasións anteriores son correctos. David Castro ten un problema moi grande se pensa que os seus contos lle van á durar sempre. Á xestión demostrase con feitos, e os seus feitos no departamento de servizos sociais están moi á vista, así que volvelos insistir, David Castro debe César á Sofía Núñez, que se agarra á Concellería con uñas e dentes, e el mesmo debe asumir responsabilidades políticas como máximo responsable de todo o que está acontecendo”.