Lamentamos á polémica cun colectivo local polo concurso de fotografía da Festa do Tinto.

- Parécenos unha completa falta de sensibilidade, de educación e de respecto por un colectivo non haberse comunicado con esa asociación que durante anos organizou actividades encadradas na festa.
- David Castro segue pasando por enriba das entidades sociais, e creando polémicas polas súas formas.
- E xa postos, lamentamos á falta de ambición e de novidades no 50 aniversario da nosa festa máis emblemática, e propoñemos que pase a estar xestionada por un Patronato ou Fundación.
Dende Somos Ribadumia debemos lamentar a polémica creada ao redor dun concurso de fotografía. Non imos entrar na cuestión, que a propia asociación afectada explicou moi ben. Dende a nosa posición, consideramos que David Castro evitaría está situación, a poucas semanas da festa, con diálogo e falando as cousas, en vez de andar a pisar o traballo de outros sen miramentos.
Vaia por diante todo o noso apoio a ese colectivo, como a todos os demais. Os desprezos de David Castro cos colectivos que non están dirixidos por xente da súa contorna non son novos. Nesta lexislatura en varias ocasións tivemos que por de relevancia desplantes a varias entidades deportivas e culturais, tal como recolle a hemeroteca e o rexistro do Concello. Pero aínda non fai moitos días que a Asociación Herminio Barreiro, que se cansou de determinadas cuestións e decidiu paralizar temporalmente a súa actividade quedando así Ribadumia sen asociacións de carácter cultural, lamentábase nas redes sociais de levar dende setembro de 2021 agardando a ser recibidos por David Castro.
Dende o noso punto de vista resulta moi triste que David Castro teña estas actitudes partidistas. Os colectivos, todos eles, deben ser respectados e apoiados, e un alcalde non debería ter esas actitudes de desprezo, ir ao choque con eles ou manterlles conxeladas as axudas para empurralos a desaparecer, que é o que leva facendo catro anos.
Sobre a festa.
Aínda que preferiamos non valorar a L Festa do Viño Tinto do Salnés é das variedades autóctonas ata logo de que tivera lugar, non podemos deixar de por de relevancia a nula novidade, coa salvedade dun concurso de tapas e o concurso de fotografía envolto en polémica, que nin novidade é. A andaina posta en marcha no seu día por Enrique Oubiña sendo concelleiro de política social, xunto aos concertos de grupos locais e as actuacións na carpa, tamén impulsadas polo noso partido, foron case ás únicas novidades en oito anos. E neste 50 aniversario agardabamos, sobre todo despois do anuncio feito por David Castro na pasada edición prometendo unha festa para o recordo, algo máis de chicha, algún concerto de nivel, algunha actividade con certa relevancia (un concurso fotográfico cun único premio de 100€ tampouco é un algo que poida crear espectativa, por poñer un exemplo), pero o máximo ao que chegou este goberno foi a un grupo “tributo” a Joaquín Sabina, que aínda sigue vivo e para o caso ten un caxé que se podería valorar.
Que David Castro declarase que non quería organizar unha festa de máis calado para que “ despois a disfruten outros “( a festa terá lugar na semana seguinte ás eleccións) tampouco nos parece moi correcto. Se non conta gañar ás eleccións pois que marche xa, pero ata que pasen ás eleccións e se elixa un novo alcalde, o cargo, se non dimite, teno el, e debe actuar en consecuencia.
Cómpre recordar que aínda que a festa está sustentada por un grupo de persoas voluntarias, a responsabilidade e a xestión económica é a todos os efectos é do Concello. Tamén o financiamento se fai en gran medida con fondos públicos. A este respecto temos claras as nosas propostas: a Festa ten que pasar a estar xestionada por un Patronato ou unha Fundación, que agrupe a Concello é ao sector vitivinícola, pero tamén hostaleiros é comerciantes, é debe ser profesionalizada, non pode ser que a festa máis importante do Concello, que move máis de 100.000€ de fondos públicos, estea a espensas da boa vontade ou mesmo da saúde ou cuestións particulares dun grupo de voluntarios, que poden cansarse ou causar baixa deixando a festa no aire, e iso sen falar cuestións de seguridade xurídica. E dende logo, se chegamos ao Concello, resarciremos a pobreza desta edición na seguinte.