David Castro pon en perigo un convenio de 704.000 € non facer correctamente o trámite administrativo.
- O convenio aprobouse en pleno, pero o Concello non puxo os fondos correspondentes a disposición da Deputación para por en marcha a licitación.
- A modificación de crédito necesaria aprobada en marzo, nula de pleno dereito por erros na tramitación, e sen aprobarse definitivamente por non publicala no Boletín da Provincia. Como se non existira.
- O Concello tiña que ter cumprido a súa parte do convenio o 31 de marzo. Na práctica, o convenio esta incumprido e a Deputación pode suspendelo.
No pleno do pasado xoves houbo varios momentos nos cales david Castro non sabía onde agocharse, sobre todo agora que se quedou sen concelleira de contas e non ten quen o protexa.
Entre as cuestión que o noso voceiro Enrique Oubiña puxo enriba da mesa dese pleno está a situación irregular do convenio asinado coa Deputación para realizar unha obra na rúa Condesa, valorada en máis de 704.000 € , dos cales o Concello debe aportar 211.000 €.
O que pasa é o seguinte: o convenio asinado no pleno do 2 de marzo establece que o Concello debe poñer a disposición da Deputación os fondos que lle corresponden antes de rematar o primeiro trimestre, ou sexa antes do 31 de marzo. Tal como explica Oubiña “a propia secretaría municipal confirmou que no momento de celebrar o pleno, dous meses despois, eses fondos non se puxeron a disposición da Deputación, mantendo así bloqueado o desenvolvemento do proxecto e a licitación da obra”. O que non dixo a secretaria, e David Castro non foi capaz de aclarar, é por que motivo, habéndose aprobado no mesmo pleno do 2 de marzo unha modificación de crédito para facer fronte a ese convenio, os fondos non saíron do Concello.
E aquí entramos na segunda parte deste esperpéntico exemplo da xestión de David Castro. Resulta que a modificación de crédito é nula de pleno dereito ao ser aprobada de maneira irregular e sen cumprir o procedemento regrado.
“As modificacións de crédito deben ir acompañadas dun informe de alcaldía, outro de secretaría e outro de intervención. Eses informes deben poñerse no expediente da modificación de crédito e estar a disposición dos concelleiros e concelleiras para a súa consulta antes das comisións informativas e do pleno. Resulta que os informes de secretaría e intervención non están no expediente. A min pasoume secretaría unha copia dúas horas antes dese pleno, e logo de solicitalas eu expresamente, pero iso non suple a obriga de telos a disposición nosa en tempo e forma. Ao non facelo así, ese acordo resulta nulo de pleno dereito, porque ademais eses informes, o pasado xoves, cando se celebrou este último pleno, e dous meses despois de aprobarse a modificación de crédito da que falamos, seguían sen figurar no expediente”.
Polo tanto, tal como Oubiña lle deixou moi claro a David Castro no pleno “ se hoxe a Deputación reclamara ao Concello os cartos para iniciar a licitación, o Concello non tería dispoñibilidade de fondos para poder facer fronte ao pago, pois nin temos un orzamentos no que figure o investimento, nin a modificación de crédito feita ten o trámite completado, e ademais non é valida”.
En resumo, David Castro, logo de perder 1,3 Millóns de euros en financiamentos da Deputación do Plan Ágora e do ReacPon, volve perder outros 704.000 € por inepto. E Ribadumia segue perdendo posibilidades de acceder a fondos doutras administracións. Xa va máis de 8 Millons de euros perdidos. Nunca tantos cartos hou para os concellos e nunca un alcalde tantos cartos perdeu.
Outras obras en perigo.
A modificación de crédito aprobada en falso en marzo non so dispoñía fondos para o convenio coa Deputación, tamén para outras dúas actuacións, unha correspondente coa aportación do Concello a un plan do GDR, con máis de 47.000€ para unha pista pump track, e outros 4.000€ para aportar a un convenio co IDEA para unha instalación fotovoltaica.
Ambos investimentos quedaron no aire, ao non poder o Concello usar os fondos inicialmente dispostos. E os prazos están correndo. Se o goberno local non corrixe pronto a situación, esas obras perderanse. Está é a xestión de David Castro.