O retorno do pediatra, unha boa noticia, pero só a medias.

  • A recuperación do servizo de pediatra permitirá ter ese servizo dous días a semana.
  • A medida non é permanente, pois entran dentro dun plan de un ano de duración, nin a praza se estabiliza, polo que tememos que sexa un parche puntual.
  • Un logro froito do  das mobilizacións sociais e do traballo continuado da nosa formación.

  Na tarde de onte comunicáronnos que  Ribadumia e a Illa van recuperar o servizo compartido de pediatría. Unha boa nova froito de moitos meses de traballo e das mobilizacións sociais que dende fai meses manteñen á comarca do Salnés en pé de guerra contra o SERGAS por mor dos continuados recortes e da ausencia de pediatras.

 Polo tanto en primeiro lugar queremos amosar a nosa satisfacción por está nova, que sen lugar a dúbidas vai en beneficio da nosa veciñanza.

   Por outra banda, do mesmo xeito que consideramos positiva a recuperación deste servizo, debemos ser cautos en canto á que sexa unha solución permanente. O pediatra vai dar servizo dentro dun plan do SERGAS, denominado Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023, posto en marcha polo goberno central  ao cal se sumou o SERGAS,  máis co obxectivo de mitigar a mala imaxe das súas liñas políticas,  que pola intención de recuperar os servizos recortados. Neste aspecto hai que remarcar que a praza do pediatra con este plan non se estabiliza, e que polo tanto non hai absolutamente ningunha garantía de que este servizo vaia a permanecer no tempo, e o mesmo co resto de persoal que se vai sumar, que non deixa de ser  complemento necesario á terceira médica que iniciou fai unhas semanas o seu servizo. Novamente, temos un horizonte electoral, co fito intermedio das leccións municipais de maio, que son as eleccións estatais en novembro, logo das cales temos a sospeita que o servizo volvera ao punto anterior, ou sexa que perderemos tanto o pediatra como o reforzo de persoal que entra a través deste Plan.

    Pola nosa banda, tal como explica o noso voceiro “xa tivemos constancia de que outros están aplaudindo coas orellas porque onte pola maña fixeron unha foto co xerente do SERGAS cando foron a recoller o recado. Tampouco nos parece raro, pois xa en xaneiro do 2021 David Castro amosábase moi satisfeito porque logo dunha xuntanza co xerente do SERGAS tiña a seguridade de que o pediatra volvería en febreiro dese ano. Logo resultou que David Castro o único que fixera fora o mesmo que agora, coller un recado e tentar vender un logro que senón fora pola súa posición de alcalde nunca podería vender porque traballar, nada ou menos. Política de foto, mentres outros facemos política en serio”.

  Afortunadamente a ninguén se lle escapa a recuperación do pediatra é froito en parte do traballo da nosa formación pero, sobre todo, das mobilizacións sociais. Agora sobraran pais para o logro, pero xa contamos con iso, como contamos con que imos ser nós os que sigamos loitando, con fotos e sen elas, para lograr que a nosa veciñanza teña un servizo de pediatría estable e suficiente, e por ter en xeral unha atención primaria digna e de calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s