David Castro garda silencio cómplice ante as actitudes violentas do seu compañeiro Miguel Castro.

  • Máis dunha semana despois dos lamentables feitos, David Castro segue sen dar unha resposta nin tomar medidas.
  • Amparar comportamentos violentos é totalmente inaceptable en democracia.
  • David Castro debe asumir as súas responsabilidades.

  Unha semana despois de que Miguel Castro, concelleiro do goberno de David Castro, man dereita do presidente de IR, Feliciano (Siano) Barral, e membro destacado dese partido, ameazara publicamente con usar a violencia física contra o noso voceiro Enrique Oubiña, os Independientes gardan un silencio moi cómplice, dando por boas as actuacións de Miguel Castro.

  E gardan silencio no público e no privado. Ademais da falta de declaracións e actuacións públicas, hai que dicir que dende ese partido ninguén se dirixiu nin á nosa formación nin ao noso voceiro, nin para dar ningún tipo de explicación ou algunha xustificación, nin moito menos para desculparse por uns feitos totalmente lamentables e para nos inasumibles.

   Pero o silencio non é admisible. Non pode ser que pasen feitos como estes e David Castro agoche a cabeza como un avestruz. Esiximos de David Castro que asuma dunha vez as responsabilidades que lle corresponden e cese a Miguel Castro, visto que el mesmo non asume as consecuencias dos seus feitos.  E se David Castro non é capaz de plantarlle cara aos seus compañeiros e poñer orde no partido do que el é cabeza visible, que el mesmo dimita dos  seus cargos. Porque non pode aceptarse que un cargo público manteña actitudes violentas en ningún caso, e moito menos que as manteña contra outro cargo público. E dende logo, un alcalde non pode permitir que un concelleiro do seu goberno pretenda asoballar a outro veciño ou veciña, sexa quen sexa. E un alcalde que actúe como está agora mesmo actuando  David Castro, estase poñendo fora do funcionamento democrático, e debe dimitir.

  Dende Somos Ribadumia, en nome da nosa agrupación e en nome do noso voceiro, aproveitamos para agradecer as mostras de apoio recibidas dende o primeiro momento por voceiros, concelleiros e representantes doutras forzas políticas locais e de outros concellos e administracións, así como de numerosa veciñanza que entende, igual que nós, que a situación  de división e de enfrontamento entre veciños á que nos queren levar os Independientes por Ribadumia e David  Castro, é un completo despropósito.

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s