O 3º médico será unha realidade en poucos días.

  • A facultativa que virá para Ribadumia xa obtivo a praza.
  • Satisfacción por ter logrado este avance na atención primaria tan importante para Ribadumia.
  • Quedan problemas por solucionar, como a falta de pediatra, polo que  seguimos traballando pola atención primaria que a nosa veciñanza merece.

  Nesta semana o SERGAS informou de que, seguindo o proceso establecido, os facultativos e facultativas que habían logrado unha praza en atención primaria na área Pontevedra-Salnés estaban xa designados. Entre as 18 altas está a terceira médica, que comezará en poucos días a exercer no centro de saúde, dando así cumprimento a unha moi vella demanda da nosa veciñanza, fancedoo ademais como nós propoñiamos en rolda de tarde, complementando o horario de atención evitando a saturación do centro de saúde e tamén favorecendo a conciliación familiar.

  Neste aspecto dende Somos Ribadumia non podemos estar máis satisfeitos. A loita polo terceiro médico, ven de fai moitos anos. Durante moito tempo foi saíndo nos plenos municipais de xeito recorrente, sen que os gobernos populares fixeran nada efectivo, e tivemos que agardar a que Enrique Oubiña asumira as responsabilidades dunha concellería especifica de saúde, creada por iniciativa de Somos Ribadumia no ano 2015, a que se producira algún movemento e avance  de carácter formal, tanto nesa demanda como en outras.

  O primeiro logro foi a cesión do centro de saúde ao SERGAS, que no ano 2017 permitiu que a veciñanza se aforrara os custes de mantemento dese centro, que rondaban os 10.000 € anuais.   Agora, logo dunha loita de varios anos, e de moito traballo nos despachos, tanto na lexislatura pasada como na actual, onde traballamos dende unha oposición en positivo, vemos como esta vella demanda da nosa veciñanza se fai realidade.

   Con todo, e a pesar deste avance, nos últimos anos tamén tivemos retrocesos, como a perda do servizo de pediatría, que seguimos loitando por recuperar, ou os problemas para cubrir as baixas, sobre todo no verán, contra os que Somos Ribadumia demostramos ser a única forza que realizou un traballo efectivo, cando menos máis efectivo que o goberno de David Castro, que os únicos logros que pode reclamar son o de conseguir o número de telefono do anterior xerente da Area Sanitaria e tirar ao lixo unha recollida de sinaturas.

Enrique Oubiña, Ricardo Fontán e Lorena Rodriguez xunto á doutora Margarita Vidal e varias veciñas e veciños durante unha das concentracións realizadas en fronte ao centro de saúde.

  E como tivemos retrocesos que aínda non logramos recuperar, dende Somos Ribadumia seguiremos loitando na defensa dos dereitos da nosa veciñanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s