Comezan a chegar ás cartas de pago polas facturas de auga e saneamento duplicadas.

  • Primeiro foron cartas de aviso. Agora xa son cartas se providencia de constrinximento, co 10% de recargo.
  • David Castro deixa á veciñanza abandonada ante unha situación creada polo seu goberno.
  • A falta de axilidade do goberno  local leva á veciñanza a ter que recorrer as facturas a título particular.

 Dixemos no seu momento que se o goberno local non andaba áxil a revisar as remesas de facturas que se lle enviou a Augas de a Galicia como impagadas,  os veciños ían ter que facer fronte aos pagos duplicados ou a recorrer as facturas pola súa conta, e xustamente é o que esta pasando.

  A Atriga, seguindo o proceso establecido, comezou a remitir a todas as persoas as que lles había chegado fai unhas semanas a carta advertindo da existencia dunha débeda por recibos de canon de auga e saneamento impagados, as correspondentes cartas de pago, co 10% de recargo sobre os recibos debidos e coa ameaza do 20% a quen non pague dentro dos prazos.

  Isto está acontecendo porque un mes despois de coñecerse o problema, o goberno de David Castro aínda non solventou  a situación. David Castro, facendo gala da súa desidia habitual, deixa correr o tempo e non dotou os recursos necesarios para que dun xeito áxil e rápido se puideran revisar os preto de 4.000 recibos  que segundo datos ofrecidos polo Concello se enviaron de maneira errónea a Augas de Galicia. E como é normal, nin a Axencia Tributaria Galega nin Augas se Galicia van paralizar o proceso de cobro mentres o goberno, que é quen ten a responsabilidade de corrixir o erro,  corrobore que están pagados ou non pagados.

  E aínda que dende a Xunta aseguran que ninguén vai pagar os recibos se xa os pagou no seu momento, a realidade é que a día de hoxe boa parte da nosa veciñanza figura como deudora con Augas de Galicia, e só teñen tres alternativas, non pagar agardando que a situación se aclare  arriscándose a unha cantidade maior de recargo e ao cobro vía embargo, pagar e agardar que a administración remate por devolver os cartos, ou presentar recurso ante as facturas xustificando o seu pago anterior.

  Dende Somos Ribadumia lamentamos o silencio e inoperancia de David Castro, que se limita a deixar á veciñanza ao pairo. É totalmente inaceptable que a veciñanza teña que facer fronte economicamente a un problema creado polo Concello, ou no seu caso dedicar tempo e molestias a presentar un recurso, e é máis inaceptable que no canto de reforzar a oficina tributaria municipal para poder solucionar o problema canto antes, dende o goberno se dedique a deixar pasar, remitindo á veciñanza a Augas se Galicia ou a Atriga, evitando responsabilizarse da situación.  E dende logo, non podemos aceptar que a determinada veciñanza que vai ao Concello a preguntar por esta cuestión, se lle inste a poñer unha reclamación por rexistro, reclamacións que non están sendo respostadas.

Pedimos ao goberno local que deixe de mirar para outro lado ante os problemas da veciñanza. E pedimos que se asuman responsabilidades políticas pola xestión da facturación, non porque se cometera un erro, senón por intentar tapalo ocultandolle o problema á cidadanía, e por non reaccionar en tempo e forma poñendo as solucións pertinentes enriba da mesa e os recursos para levalas a cabo antes de que a veciñanza teña que facer fronte a esas reclamacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s