David  Castro desenténdese da veciñanza ante a problemática dos recibos de auga.

  • O goberno emitiu un comunicado desentendéndose do problema, sen confirmar se as facturas emitidas son correctas ou erróneas.
  • Declara estar ao tanto, pero non toma ningunha medida para solucionar a problemática.
  • David Castro abandona á veciñanza unha vez máis.
  • Pedimos a David Castro que actúe e colabore con Augas de Galicia, axilizando á revisión das facturas.

  A actitude de David Castro, desentendéndose do problema parécenos totalmente inaceptable, pois,  como explica Enrique Oubiña “ tal como el mesmo declarou o Concello foi quen cobrou á veciñanza os cargos correspondentes, entremediando así con Augas de Galicia, polo que o primeiro que o señor que ostenta a alcaldía de Ribadumia debe facer é aclarar se os veciños teñen eses recibos pendentes de pago ou non, e en caso de que estea todo correctamente pagado, actuar ante Augas de Galicia para corrixir a situación. Unha situación da que á vista dos datos que o propio goberno trasladou, David está moi ao tanto, aínda que ata o de agora non moveu un dedo”.

 Dende Somos Ribadumia vémonos na obriga de mostrar o noso desacordo coas formas e coa actitude tomada polo goberno local e por David Castro ante a situación que está vivindo a nosa veciñanza, recibindo reclamacións por diferentes períodos de consumo de auga e de saneamento dos últimos anos, cando se supón que esas taxas xa foron pagadas.

Datos confusos.

 O goberno declarou estar ao tanto da problemática e ter falado  con Augas de Galicia, pero en Somos Ribadumia preguntámonos de que falaron e cando foi iso. De partida “ é evidente que David Castro pretendía manter silenciada a situación, e que se fixo algo foi gracias a que dende Somos Ribadumia, unha vez máis, fixemos pública a situación. Pero ademais de actuar tarde, tampouco parece  que fixera moito máis que mandar un mail, e xa me parece moito, pois nin sequera os datos aportados están ben”.

  Os datos que se fixeron públicos foron estes: 3.830 recibos reclamados. Pero o goberno explicou , nun exercicio matemático difícil de comprender , que deses 3.830 hai 1.623 reclamacións de menos de dez euros, 3.600 entre 10 e 100 euros e hai 230 recibos con débedas de máis de 100 euros -incluídas 20 por enriba do 600€- . Con estes datos a nós saennos 5.453 recibos en reclamación, 1.623 máis dos que di o goberno local ou no seu caso Augas de Galicia, que tampouco está claro.

  Pero é que ademais dende  o goberno informan que “unicamente” serían 1.800 os recibos cuxa reclamación estaría xustificada. Se iso fora así, o primeiro que hai que preguntar é porque motivo o goberno non actúa para aclarar con Augas se Galicia a situación dos recibos correctamente pagados, e evitar que sexan os propios veciños os que teñan que reclamar, pois o propio goberno sabe e pode demostrar moi facilmente os pagos efectuados nos últimos anos.

   O segundo que debería aclarar David Castro é como como pode haber tal cantidade de recibos pendentes de pago e dende fai tanto tempo tendo mecanismos de cobro corrente e de xestión de impagos,, e que fixo o goberno local todo este tempo para cobrar eses recibos. “ E hai que ter en conta que se os canons da Xunta están sen cobrar, a parte do Concello tamén, e dende o ano 2015”.

 Desprezos á veciñanza.

Se toda a situación non fora bastante confusa, aínda tivemos que aguantar que o goberno local pretendera restarlle gravidade ao asunto dicindo que a maioría das reclamacións son por cantidades pequenas e que só unha pequena parte supera os 600€. “Pedímoslle a David Castro que teña menos soberbia e máis respecto. Sexan 600€ ou sexan 50 céntimos de euro, son cargos que lle están chegando á nosa veciñanza, aos que poderán facer fronte  ou igual non, que non todo o mundo cobra un segundo salario de 1.500€ como cobra el. E ademais, falamos de cargos supostamente erroneos emitidos por unha administración pública. Sexa responsabilidade de Augas ou do Concello,  a nosa veciñanza o que debe recibir é unha desculpa, non un desprezo clasista”.

   Pola nosa banda, visto o panorama, onte mesmo comunicámonos con Augas de Galicia, co obxectivo de que nos aclarasen os motivos polos cales se están emitindo eses cargos. O que nos comunicaron foi que asumen que tivo que haber algún tipo de erro, e que estaban á espera de que o Concello cotexara os supostos recibos impagados. “Así que o que toca é pedirlle ao señor Castro que asuma as súas responsabilidades e axilice esa revisión, pois aínda que dende Augas teñen o compromiso de paralizar os cobros unha vez comprobadas as facturas, mentres iso con pase, o proceso de cobro á través de facenda sigue o seu curso e os días pasan”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s